Diferencia entre revisiones de «Dispositivos Virtuais de Android: AVD»
Línea 222: | Línea 222: | ||
Image:PDM_AndroidStudio_avd_4.jpg| Se nos informa que é necesario entrar con dito usuario para que crea o seu almacenamento persoal. | Image:PDM_AndroidStudio_avd_4.jpg| Se nos informa que é necesario entrar con dito usuario para que crea o seu almacenamento persoal. | ||
Image:PDM_AndroidStudio_avd_5.jpg| Agora no cartafol '''/storage/emulated/''' aparecen dous números, un por cada usuario. | Image:PDM_AndroidStudio_avd_5.jpg| Agora no cartafol '''/storage/emulated/''' aparecen dous números, un por cada usuario. | ||
+ | </gallery> | ||
− | |||
Revisión del 07:34 9 sep 2018
Sumario
Introdución
- Android proporciona un emulador que permite executar e probar aplicacións sen ter que usar un dispositivo real.
- Para iso ofrece a posibilidade de crear Dispositivos Virtuais de Android (AVD - Android Virtual Devices).
- Nos seguintes enlaces disponse de máis información.
- Xestor AVD: http://developer.android.com/tools/help/avd-manager.html
- Xestión AVDs dende a liña de comandos: http://developer.android.com/tools/devices/managing-avds-cmdline.html
- Emulador Android: http://developer.android.com/tools/help/emulator.html
- Usando o emulador: http://developer.android.com/tools/devices/emulator.html
- No presente caso dá igual traballar con calquera SO, por tanto realizaranse as capturas en Ubuntu e se hai diferencias significativas nos outros SOs, estas serán indicadas.
- Só poderemos escoller aquelas versións do S.O. que descargáramos previamente co SDK Manager, escollendo o SDK plataform e algunha das imaxes (INTEL, ARM) do máquina en cuestión. Lembrar que non é necesario instalar todas as opcións da API como xa explicamos neste enlace.
Creando novos dispositivos virtuais
Podemos acceder a través do AVD (Android Virtual Device) Manager:
Temos unha ferramenta por liña de comandos que nos permite facer as mesmas operacións. Atópase no cartafol de instalación do SDK\tools\bin\avdmanager.bat
- Podemos consultar os diferentes parámetro que pode levar este comando neste enlace.
- Dende o AVD Manager do Android Studio aparece a seguinte pantalla cos dispositivos virtuais creados:
Podemos crear un calquera a partires dos máis coñecidos premendo o botón Create Virtual Device:
- Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que para poder crear un dispositivo cunha API determinada teremos que ter descargada previamente a imaxe do S.O. dende o SDK Manager.
En calquera momento podemos lanzar o dispositivo, eliminalo ou editalo para cambiar as súas características.
Se prememos no botón Show Advanced Settings podemos cambiar parámetros como o tamaño da tarxeta, se o dispositivo ten ou non cámara (emulada ou real),...
Crear un AVD
- Máis información neste enlace.
- A continuación vaise crear un AVD:
- Co seu dispositivo asociado
- CPU
- Versión de Android
- Memoria
- Tarxeta de memoria, etc.
NOTA: As seguintes imaxes, como xa indicamos, están baseadas na última versión da API.
Nesta pantalla podemos ou crear un dispositivo novo a partires dun 'base' xa creado, podemos crear un novo dispositivo coas características hardware que queiramos (pantalla, memoria, gps, cámaras, sensores...) premendo New Hardware Profile, crear un novo dispositivo en base as características dun dos creados, seleccionando un deles e premendo o botón de Clone Device. Nos imos facer un novo AVD baseado no Nexus S de 4 polgadas. O seleccionaremos e premeremos o botón Next.
Nesta pantalla seleccionamos a imaxe (versión) do S.O. Android. As opcións variarán dependendo das imaxes que descargaramos previamente có SDK Manager. Podemos descargar unha imaxe nova das recomendadas ou podemos ir as lapelas de x86 (neste caso o equipo ten un procesador Intel) ou 'Other Images' e escoller outra diferente. Nos escolleremos a última versión da API.
- Imos ver en máis detalle a pantalla anterior:
- Scale: Podemos indicar a escala na pantalla que vai ter o dispositivo cando se inicie. Así podemos indicar que un punto no dispositivo sexan X pixeles na pantalla.
- Orientation: Orientación inicial do dispositivo cando arranque. Se pode cambiar unha vez iniciado.
- Use Host GPU: Utiliza o hardware da tarxeta gráfica. Fai uso das librerías OPEN GL ES.
- Enable device frame: Crea un marco ao arredor do dispositivo virtual como se foxe un real.
- Opcións avanzadas na creación dun AVD:
- Premendo no botón Show Advanced Options:
- Camera: Podemos emular unha cámara frontal / traseira ou utilizar unha cámara real que teñamos conectada ao computador.
- Podemos escoller entre:
- None: Non ten cámara.
- Emulated: Emula unha cámara.
- Virtual Scene (soamente na back). Serve para emular cámaras web con aplicacións de realidade aumentada. Máis información neste enlace e un exemplo neste vídeo.
- WebcamX: Cámara real conectada ao computador. X normalmente será o número 0.
- Network: Podemos emular a velocidade e tempo de resposta da 'rede' á que está conectado o emulador. Se pode cambiar despois.
- Memoria e almacenamento:
- RAM: Memoria física do AVD.
- VM Heap: Memoria utilizada pola máquina virtual de Java (Java Virtual Machine). Utilizada en parte polas aplicacións para gardar as variables instanciadas. Con 32MB debería chegar.
- Internal storage: Tamaño da memoria interna do dispositivo. Esta memoria non é unha SD Card externa.
- Memoria externa:
- Studio-managed: Tamaño da memoria externa.
- External File: Se queremos compartir unha memoria entre diferentes AVD teremos que escoller esta opción. Máis información neste enlace.
- Ao facelo pedirá a ruta a un arquivo de extensión img previamente creado.
- Para crear unha tarxeta SD Externa debemos utilizar a ferramenta de liña de comandos mksdcard que se atopa no cartafol do SDK/tools (en Linux /opt/sdk/tools).
- Por exemplo, en Linux, situados no cartafol anterior dende un terminal: ./mksdcard -l tarxetaSD 1024M /home/angel/mySdCardFile.img
- Enable Device Frame: Marco 'físico' que rodea o AVD para simular un marco real.
- Custom Skin: Indica o 'aspecto' que vai ter o S.O. Android e as súas aplicacións, a resolución da pantalla, o deseño que van ter as pantalla por defecto, a aparencia dos botóns,...Son deseños cunhas características predefinidas.
Correndo-Editando dispositivos virtuais
- Para executar un AVD debemos premer o botón Play dende o 'AVD Manager':
- Unha vez en funcionamento aparece o dispositivo móbil na pantalla:
- Na parte dereita aparecen diferentes opcións coma:
- Apagar o dispositivo.
- Modificar o volume.
- Rotar a pantalla.
- Facer unha captura de pantalla do dispositivo.
- Facer zoom de una parte da pantalla do dispositivo.
- Ir atrás.
- Ir a casa (home).
- Overview: Acceder ao settings e aplicacións en execución.
- Nos puntos suspensivos accedemos a outra serie de opcións:
- Podemos emular:
- Unha chamada de teléfono.
- Envío dunha mensaxe.
- Mandar coordenadas GPS ao sensor, como se estivéramos movéndonos.
- Emular que modificamos o acelerómetro, rotar o teléfono,...
- Na sección de snapshoot nos permite tomar 'instantáneas' do estado do dispositivo. Ven ser como tomar unha foto do todo o dispositivo (aplicacións instaladas,datos da SD,....) de tal forma que se modificamos algo e queremos volver ao estado anterior, podemos facer uso do snapshoot.
- Para editar un dispositivo virtual temos que premer o botón de Edit no AVD Manager:
- Na parte da dereita temos unha frecha que desprega unha serie de opcións:
- Duplicate: crea un novo AVD igual ao actual.
- Wipe Data: Borra os datos do emulador e volve ao estado inicial.
- Cold Boot Now: Cando se pecha o emulador se garda o seu estado para que cando se volva a executar, o tempo de carga sexa moito máis baixo. Se se quere cargar o emulador dende o inicio, debemos escoller esta opción.
- Show on Disk: Amosa onde se atopa fisicamente os arquivos que conforman o emulador. Son dous, un .ini e outro .img
- Delete: Borra o emulador.
- Stop: Para o emulador.
SD CARD
- Máis información neste enlace.
- Como vimos anteriormente, cando creamos un dispositivo virtual, este vai ter unha tarxeta 'interna' onde se instalan as aplicacións (a partires da versión 6.0 xa poden instalarse na tarxeta externa) e unha SD CARD que pode ser:
- Studio Managed
- Un arquivo externo.
- A diferencia entre Studio Manager e arquivo externo, e que coa opción de arquivo externo imos poder 'levar' a tarxeta a diferentes emuladores, de tal forma que todos eles poidan compartir os datos gardados na tarxeta.
- Para poder traballar coa tarxeta podemos facer uso del Device File Manager que se atopa no menú View de Android Studio:
- Unha vez accedido teremos a seguinte pantalla:
- Dende aquí podemos:
- Subir arquivos dende a máquina real ao emulador.
- Borrar arquivos / cartafoles
- Gardar arquivos dende a máquina real ao emulador.
- Deberedes premer o botón dereito do rato sobre o cartafol/arquivo para realizar a operación.
- Se vos fixades, ao situarvos sobre a sdcard có rato e esperar un intre, aparecerá unha información e veredes que realmente non é un cartafol se non un enlace directo a outro cartafol diferente.
- Se seguides as 'rutas' chagaredes ao cartafol /storage/amulated/0' no que realmente está gardada a información da SDCARD.
- O número 0 é utilizado por Android para distinguir entre diferentes usuarios, xa que podemos ter máis dun usuario no dispositivo Android, cada un deles coa súa información. Neste caso o segundo usuario tería como lugar de almacenamento outro número.
- Nota: Soamente están permitidos múltiples usuarios en Lollipop (Android 5.0) e superior, así como en tablets con KitKat (Android 4.4.) e superior. Podedes seguir este enlace para aprender a crear novos usuarios an Android.
- O cartafol obb ven de opaque binary blob é utilizado cando descargamos certas aplicacións cun arquivo grande dentro do cal están os arquivos necesarios para a instalación da aplicación.
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).