Dispositivos Virtuais de Android: AVD

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Só poderemos escoller aquelas versións do S.O. que descargáramos previamente co SDK Manager, escollendo o SDK plataform e algunha das imaxes (INTEL, ARM) do máquina en cuestión. Lembrar que non é necesario instalar todas as opcións da API como xa explicamos neste enlace.


Creando novos dispositivos virtuais

Podemos acceder a través do AVD Manager:


PDM AndroidStudio avd1.jpg


Ou do executable android:


  • Dende o AVD Manager do Android Studio aparece a seguinte pantalla cos dispositivos virtuais creados:


PDM AndroidStudio avd2.jpg


Podemos crear un calquera a partires dos máis coñecidos premendo o botón Create Virtual Device:


PDM AndroidStudio avd3.jpg


  • Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que para poder crear un dispositivo cunha API determinada teremos que ter descargada previamente a imaxe do S.O. dende o SDK Manager.


En calquera momento podemos lanzar o dispositivo, eliminalo ou editalo para cambiar as súas características.


PDM AndroidStudio avd5.jpg


PDM AndroidStudio avd4.jpg


Se prememos no botón Show Advanced Settings podemos cambiar parámetros como o tamaño da tarxeta, se o dispositivo ten ou non cámara (emulada ou real),...


Crear un AVD

  • A continuación vaise crear un AVD:
    • Co seu dispositivo asociado
    • CPU
    • Versión de Android
    • Memoria
    • Tarxeta de memoria, etc.

NOTA: As seguintes imaxes, como xa indicamos, están baseadas na versión API 16.


  • Imos ver en máis detalle a pantalla anterior:
PDM AndroidStudio avd11.jpg
  • Scale: Podemos indicar a escala na pantalla que vai ter o dispositivo cando se inicie. Así podemos indicar que un punto no dispositivo sexan X pixeles na pantalla.
  • Orientation: Orientación inicial do dispositivo cando arranque. Se pode cambiar unha vez iniciado.
  • Use Host GPU: Utiliza o hardware da tarxeta gráfica. Fai uso das librerías OPEN GL ES.
  • Store a snapshot: Non se pode utilizar á vez coa opción anterior. Indicar se se desexa que cando se apague o dispositivo faga unha instantánea (Snapshot), para que, cando se inicie, arranque dende a instantánea moito máis rápido. Pero esta opción consume moito máis espazo en disco. (Pódese ver o tamaño do dispositivo en home/.android/avd/dispositivo).
  • Enable device frame: Crea un marco ao arredor do dispositivo virtual como se foxe un real.


  • Opcións avanzadas na creación dun AVD:
Premendo no botón Show Advanced Options:
PDM AndroidStudio avd11.jpg
  • Camera: Podemos emular unha cámara frontal / traseira ou utilizar unha cámara real que teñamos conectada ao computador.
  • Network: Podemos emular a velocidade e tempo de resposta da 'rede' á que está conectado o emulador. Se pode cambiar despois.
  • Memoria e almacenamento:
  • RAM: Memoria física do AVD.
  • VM Heap: Memoria utilizada pola máquina virtual de Java (Java Virtual Machine). Utilizada en parte polas aplicacións para gardar as variables instanciadas. Con 32MB debería chegar.
  • Internal storage: Tamaño da memoria interna do dispositivo. Esta memoria non é unha SD Card externa.
  • Memoria externa:
  • Studio-managed: Tamaño da memoria externa.
  • External File: Se queremos compartir unha memoria entre diferentes AVD teremos que escoller esta opción. Máis información neste enlace.
Ao facelo pedirá a ruta a un arquivo de extensión img previamente creado.
Para crear unha tarxeta SD Externa debemos utilizar a ferramenta de liña de comandos mksdcard que se atopa no cartafol do SDK/tools (en Linux /opt/sdk/tools).
Por exemplo, en Linux, situados no cartafol anterior dende un terminal: ./mksdcard -l tarxetaSD 1024M /home/angel/mySdCardFile.img
  • Enable Device Frame: Marco 'físico' que rodea o AVD para simular un marco real.
  • Custom Skin: Indica o 'aspecto' que vai ter o S.O. Android e as súas aplicacións, a resolución da pantalla, o deseño que van ter as pantalla por defecto, a aparencia dos botóns,...Son deseños cunhas características predefinidas.










-- Ángel D. Fernández González -- (2016).