Entrada/Saída

De MediaWiki
Revisión del 11:06 10 feb 2017 de RobertoRR (discusión | contribuciones) (Página creada con «Nos paquetes da API de Java java.io e java.nio, almacénase un amplo conxunto de ferramentas para a manipulación da entrada e saída de datos do programa. Entre estas ferr...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nos paquetes da API de Java java.io e java.nio, almacénase un amplo conxunto de ferramentas para a manipulación da entrada e saída de datos do programa. Entre estas ferramentas estarán as que permiten tanto a manipulación do contido de ficheiros como as que facilitan as comunicacións nunha rede. Comezaremos coas clases incluídas en java.io, que seran subclases de InputStream, OutputStream, Reader e Writer. Utilizaremos tamén a clase File ara manipular información sobre ficheiros e faremos compresión e serialización de datos. No caso do paquete java.nio, a "n" que aparece no seu nome fai referencia a que foi introducido posteriormente a java.io e por tanto era "new I/O" no momento da súa introdución.