Diferencia entre revisiones de «Instalación Android Studio»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 490: Línea 490:
 
[[Imagen:PDM_AndroidStudio_coñecendoIde8f.jpg | 500px | center]]
 
[[Imagen:PDM_AndroidStudio_coñecendoIde8f.jpg | 500px | center]]
  
 +
 +
 +
<br />
 +
===Configurando Gradle Offline===
 +
 +
* Cada vez que creamos un novo proxecto, Android Studio conéctase a Internet para baixarse a versión do programa Gradle.
 +
 +
: Podemos configurar Android Studio para que fago uso dunha versión 'local' previamente baixada.
 +
 +
<gallery caption="Configurando Gradle de forma Off-line en Android Studio" widths="350" heights="300px" perrow="2">
 +
Image:PDM_gradle_offline_1.jpg| Como comentamos anteriormente, verificamos cal é a versión de Gradle a baixa e imos ao enlace indicado no punto anterior e <u>descargamos a versión '''bin'''</u>.
 +
Image:PDM_gradle_offline_2.jpg| Eliximos un cartafol onde descomprimir o arquivo baixado.
 +
Image:PDM_gradle_offline_3.jpg| No menú '''File''' de Android Studio escollemos a opción '''Settings'''. Na pantalla de settings, na parte esquerda imos a sección 'Build,Execution,...' e dentro desta a 'Gradle'.
 +
Image:PDM_gradle_offline_4.jpg| Marcaremos as opcións indicadas na imaxe escollendo o cartafol onde descomprimimos o arquivo baixado e premeremos o botón '''Apply'''. A partires de agora, Android Studio fará uso do Gradle local e xa non terá que descargalo de Internet.
 +
</gallery>
  
  

Revisión del 13:49 15 sep 2018


Introdución

Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:

  • O JDK.
  • O SDK.
  • O Android Studio.

Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.


  • Compoñentes a instalar:
Logo oracle.jpg O Oracle JDK 7 (Java Development Kit)
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android (xa ven có Android Studio)
Androidstudioicon.png O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android.


Nota: Pódese utilizar un VirtualBox e facer a instalación nunha máquina virtual, aínda que dependerá da potencia do equipo e a memoria que teñades, que vos dea un bo desempeño. Se o facedes desta forma deixade a lo menos 20GBs de espazo en disco, xa que instalado un dispostivo virtual e as opcións por defecto xunto có S.O. (eu o fixen nun Linux Mint 17.3) vos colle xa 12GBs. De todos xeitos, eu recomendo facelo no equipo real para que vos funcione 'decentemente'.

Instalación Oracle JDK

  • Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE.
O JDK versión 7 ou superior é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior.
Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.
  • Vaise instalar a versión 8.
Escolleremos a plataforma correspondente.



Windows

  • Unha vez instalado debemos engadir a variable de contorno PATH da forma:

Linux



Unha vez instalada podemos comprobar a versión escribindo: javac version


  • Se temos varias versións instaladas do JDK (por exemplo a OpenJDK) podemos escoller unha o outra coa orde:
1   sudo update-alternatives --config java


  • Para establecer automaticamente as variables de contorna podemos executar (neste caso para a versión 7):
1   sudo apt-get install oracle-java7-set-default




Android Studio


  • Comprobamos que cumprimos os requisitos mínimos de hardware (podedes consultar os últimos neste enlace. Deberedes situarvos ao final da páxina).
  • Windows:
   Microsoft® Windows® 7/8/10 (32- or 64-bit)
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2 GB de espazo en disco,4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores)
   1280 x 800 é a resolución mínima recomendada.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Mac OS X:
   Mac® OS X® 10.10 (Yosemite) or higher, up to 10.13 (macOS High Sierra)
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2GB de espazo en disco.4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores, 
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Linux:
   GNOME or KDE desktop
   GNU C Library (glibc) 2.19 o posterior
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2GB de espazo en disco.4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores, 
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Oracle® Java Development Kit (JDK) 7


Probado nun Ubuntu® 14.04, Trusty Tahr de 64 bits.


  • O proceso de instalación é bastante parecido en todos os S.O., sendo Windows máis sinxelo de instalar:



Windows

  • En Windows o proceso de instalación do programa é o seguinte:



Linux

  • En Linux e Mac OS X debemos descomprimir o arquivo baixado.
1   sudo unzip android-studio-ide-141.2422023-linux.zip -d .
O parámetro -d indica en que cartafol se vai descomprimir o arquivo.


  • Para executalo debemos situarnos no cartafol descomprimido, acceder ao cartafol /bin e dentro deste executar o arquivo:
1   ./studio.sh


  • Se queremos que estea dispoñible para todos os usuarios, debemos movelo a /opt:
1   sudo mv android-studio /opt/
Despois debemos facer un acceso directo no escritorio. Creamos un arquivo coa orde: sudo nano android.desktop e escribimos o seguinte:
1 [Desktop Entry]
2  Name=Android Studio
3  Comment=Integerated Development Environment for Android
4  Exec=/opt/android-studio/bin/studio.sh
5  Icon=/opt/android-studio/bin/studio.png
6  Terminal=false
7  Type=Application
8  Categories=Development;IDE


Despois executamos a orde:
1   desktop-file-install android.desktop
E xa podemos escribir o texto Android nos programas instalado e aparecerá a icona para lanzalo:
PDM AndroidStudio instalacion19.JPG




Executando por primeira vez o IDE

  • Cando se executa por primeira vez teremos que indicar nun dos pasos explicados despois, onde vai a descargarse o Android SDK.
O Android SDK é o conxunto de librerías e utilidades que van permitirnos facer:
  • Debugger
  • Crear Dispositivos Virtuais de Android (AVD). Son emuladores dun S.O. Android.
  • Documentación e códigos de exemplo.
  • Incorpora a ferramenta ADB (Android Debug Bridge) que permite conectarnos cun dispositivo ou emulador Android.
O veremos máis adiante en profundidade.
Durante o asistente vai preguntar onde queremos descargar o Android SDK. Inicialmente o descarga no perfil do usuario conectado, pero isto ten como desvantaxe que outro usuario non tería acceso e tería que descargar o seu propio SDK.
Para evitalo imos crear un cartafol:
  • WINDOWS:
O podemos facer no raíz do disco, nun cartafol C:\SDK creado previamente.
  • LINUX:
Creamos un cartafol en /opt:
1 sudo mkdir /opt/sdk
2 sudo chmod 777 /opt/sdk


  • A primeira vez que se executa aparece un asistente para a creación dun novo proxecto Android.

Creando o primeiro proxecto Android

  • Cando abrimos por primeira vez o IDE do Android Studio ofrece a posibilidade de crear un novo proxecto Android:
PDM AndroidStudio crearProxecto1.jpg
Neste asistente podemos:
  • Crear un novo proxecto Android.
  • Abrir un proxecto existente.
  • Traballar con versións que sexan sincronizadas con Gint, ou outras ferramentas coma Subversion ou Mercurial.
  • Depurar unha aplicación.
  • Importar proxectos dende outros IDE´s coma Eclipse.
  • Importar códigos de exemplo de aplicacións Android.
  • Na parte baixa temos as opcións de:
  • Configure: Opcións de configuración. Indicar onde se atopa o Android SDK, procurar actualizacións, configurar múltiples opcións do IDE, Importar ou Exportar a configuración,...
  • Get Help. Documentación.


Cabe sinalar que estas opcións tamén as temos dende o propio IDE se pechamos o asistente de inicio:


PDM AndroidStudio crearProxecto2.jpg


Unha vez premido a opción de 'Novo proxecto Android' empeza un asistente:


Coñecendo o IDE

  • Ao iniciar o Android Studio por primeira vez pode ser que vos apareza un erro de que é necesario instalar unha certa versión das build-tools.
Para solucionalo teredes que premer no enlace do propio erro:





  • Dentro do Android Studio podemos ter diferentes 'vistas' do proxecto.
O lóxico é que traballemos sobre a vista Android:


PDM AndroidStudio coñecendoIde1.jpg




Android SDK

O Android SDK xa ven có Android Studio e polo tanto non é necesario instalalo separadamente como sucedía có Eclipse.

Para ver onde está instalado iremos escolleremos esta opción da barra de ferramentas superior:


PDM AndroidStudio coñecendoIde3.jpg


Nota: Tamén podemos a settings do SDK:

  • Dende o menú File => Settings e seleccionando a sección System Settings => Android SDK.
  • Premendo a combinación de teclas Ctrol+Alt+S e seleccionando a sección System Settings => Android SDK.



Aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde4.jpg


Se movemos o SDK de sitio teremos que actualizar a ruta nesta pantalla.


  • A pantalla anterior conforma o que se denomina SDK Manager. É un programa que nos vai permitir descargar as diferentes API´s xunto coas imaxes necesarias para crear máquina virtuais desas API´s de Android.
Anteriormente podíamos executar dito programa de forma autónoma indo a ruta de instalación do SDK Manager e dentro desta tools/bin/sdkmanager.
Agora xa non é posible e debemos ir a través do Android Studio, no menú 'File' => 'Settings' => SDK ou na icona indicada anteriormente:
PDM AndroidStudio coñecendoIde3.jpg


Na ruta indicada aínda temos un arquivo de nome sdkmanager.bat que serve como comando en liña para xestionar os paquetes pero por consola en vez de facelo graficamente dende o IDE.
Máis información neste enlace.



SDK Plataform

Ó lanzar o SDK Manager aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde5.JPG

Se escollemos a opción Show Package Detail podemos ver que elementos dentro do Android Api están instalados.

Cada API ven a ser unha nova versión do S.O. Android.

  • Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que compoñentes deben ser descargados de cada API.

Para desenvolver unha aplicación para unha determinada API teremos que instalar a versión correspondente. O mínimo que debemos baixar é o Android SDK Plataform. Normalmente tamén se baixan os códigos fontes de API se queremos consultar a definición e implementación das funcións da API.

Todos os System Image van servir para crear un dispositivo virtual (un emulador dun dispositivo android) no que estea instalado a versión do Android seleccionada. A diferenza entre eles se refire a arquitectura do propio dispositivo (ARM-Intel), o tipo de dispositivo (móbil, televisión,...), arquitectura (32 bits -64 bits) Deberemos escoller a imaxe que mellor se adapte ao noso equipo. O ideal é que fose un Intelx64 bits. Antigamente non existía imaxes para intel e se tiña que utilizar un ARM, necesitando facer unha 'tradución' ao conxunto de instrucións ARM, dando como resultado un rendemento moi pobre no emulador.


A maiores podedes atopar imaxes que teñen as mesmas características pero que no seu nome aparece a palabra Google Api. Estas imaxes incorporan diferentes librerías para traballar con servizos proporcionados por Google, como Google Maps. Polo tanto se non imos desenvolver aplicacións para traballar con mapas, non temos que descargar a imaxe de Google Api.




SDK Tools
PDM AndroidStudio coñecendoIde6.jpg
  • Entre as ferramentas que temos nesta lapela temos:
  • Android Sdk Tools que son un conxunto de programas que necesita o Android Studio para desenvolver aplicacións Android.
Entre os programas temos:
  • Build tools
  • Debugging tools
  • Image tools
  • Otros.
Se aparece algunha actualización deberíamos instalala.
  • Plataform tools: Necesario para poder comunicarse cos dispositivos Android e para dar soporte as novas características que poidan incorporarse coas novas versións do S.O. Android. Entre as súas ferramentas está o programa ADB para poder conectarnos a dispositivos Android e poder realizar diferentes operacións sobre eles, como transferencia de arquivos.
  • Google USB Driver para que cando conectemos un dispositivo físico o recoñeza e podamos instalar aplicacións sobre él (non funciona con todos, pode ser necesario instalar drivers específicos do fabricante)
  • Intel x86 Emulator Accelerator, usado para que os dispositivos virtuais corran moito máis rápido (só funciona en Windows e procesadores Intel).



SDK Update Sites
PDM AndroidStudio coñecendoIde6b.jpg
  • Indica os sitios Web de Internet aos que se comunica o Android Studio para buscar actualizacións.




Actualizacións Android Studio

Para cambiar o 'canal' que utiliza Android Studio para buscar actualizacións debemos ir á opción do menú: File => Settings => Appearence & Behavior => System Settings => Updates.

Máis información neste enlace.


Ao facer a actualzación do Android Studio pode ser que nos indique a necesidade de descargar a nova versión nun zip. Se é o caso non imos poder actualizar e os pasos a seguir son os seguintes:


  • Ao actualizar o Android Studio pode suceder que nos dea un aviso da necesidade de actualizar o Plugin Gradle.

Actualizacións Plugin Gradle

  • Para 'construír' as aplicacións, Android Studio fai uso dun plugin (un plugin o podemos identificar como un programa que complementa ou da novas funcionalidades a outro) denominado plugin gradle.
Este plugin a súa vez fai uso de Gradle que é un programa baseado en Maven que permite crear aplicación resolvendo os problemas de dependencias que poida ter.
Os dúos (tanto o plugin como gradle) poden ser utilizados e actualizados independentemente do IDE Android Studio.


  • Notas:
  • Máis información sobre o proceso de compilación das aplicación Android neste enlace.
  • Utilizar as últimas versións do plugin dannos novas funcionalidades. No momento de escribir estas liñas, o uso da versión 3.1.4 do plugin xunto coa versión 4.4 do gradle, permite a modificación do código fonte dunha aplicación sobre unha aplicación en execución (instant-run).


  • IMPORTANTE: Cada versión do plugin gradle está asociada a unha versión do gradle.
Podemos consultar neste enlace a última versión do plugin e gradle.
PDM AndroidStudio coñecendoIde8a.jpg


Ademais, para que funcione correctamente xunto có Android Studio, tamén estarán asociados a un build-tools determinado (na mesma páxina anterior):
PDM AndroidStudio coñecendoIde8c.jpg
PDM AndroidStudio coñecendoIde8d.jpg



  • Para consultar as versión de Gradle dispoñibles podemos visitar este enlace.
Para cambiar a versión do Gradle temos que editar o arquivo gradle-wrapper.properties
PDM AndroidStudio coñecendoIde8.jpg
Tamén podemos cambialo a través da ventá Proyect Structure:
PDM AndroidStudio coñecendoIde8b.jpg


  • Para cambiar a versión do Plugin Gradle temos que editar o arquivo Build.gradle do Proyect
PDM AndroidStudio coñecendoIde9.jpg
Tamén podemos cambialo a través da ventá Proyect Structure:
PDM AndroidStudio coñecendoIde8e.jpg


Se realizamos calquera cambio, teremos que sincronizar o proxecto, iso o fai automaticamente ou teremos un enlace para premer que poña Sync Proyect.
PDM AndroidStudio coñecendoIde8f.jpg



Configurando Gradle Offline

  • Cada vez que creamos un novo proxecto, Android Studio conéctase a Internet para baixarse a versión do programa Gradle.
Podemos configurar Android Studio para que fago uso dunha versión 'local' previamente baixada.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Alvarez. -- (2018).