LIBGDX Execución dos proxectos

De MediaWiki
Revisión del 23:58 3 dic 2015 de Wiki (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UNIDADE 1: Execución dos proxectos importados.'Ola mundo'


Introdución

Isto viría a ser o clásico 'Ola Mundo' de calquera linguaxe de programación.

O que se vai presentar será unha pantalla de benvida do framework no que aparece un gráfico, nas diferentes plataformas.

Importación

  • Unha vez temos os proxectos xerados é necesario importalos có Android Sutdio:
  • Importación do proxecto
  • Eleximos a opción de importación de proxectos.

  • Imos o cartafol onde xeramos o proxecto e escollemos arquivo build.gradle e prememos Ok.

  • Unha vez feito, escollendo a vista de 'Proyect' de AndroidStudio teremos os seguintes cartafoles.


  • Como vemos aparece un cartafol por cada tipo de proxecto (HTML, Ios, Android, DESKTOP) e un cartafol para o proxecto COMUN (CORE)
    LIBGDX instalacion 81 c.jpg
    Imaxe obtida de https://github.com/libgdx/libgdx/wiki/Project-Setup-Gradle


    Resolvendo erros

    • Cando importamos o proxecto có AndroidStudio pode ser que vos dea diferentes erros, como por exemplo o que se amosa na pantalla seguinte:
    LIBGDX instalacion 82.jpg
    • Este e outros erros poden deberse a que Gradle, cando atopa dependencias que non ten, conéctase a Internet para descargalas. Pode suceder que teñades o Android Studio configurado para que estea en OFFLINE e non poida descargalas.
    • Para arranxalo podedes seguir estes pasos:
  • Resolvendo erros en Android Studio
  • Escollemos en File a opción Settings.

  • Desmarcamos a opción Offline Work e prememos OK.

  • Escollemos a opción Make Proyect da opción de menú Build.

  • Se aínda así seguen a dar erros, probade a pechar o proxecto e volvelo a abrir.

    Execución dos proxectos

    • Para poder executar as diferentes versións dos proxectos é necesario ter configurado a variable de entorno ANDROID_HOME para que apunte a onde se atopa o SDK instalado.
    WINDOWS:
    1 set ANDROID_HOME=C:/Path/To/Your/Android/Sdk
    
    LINUX:
    1 export ANDROID_HOME=/Path/To/Your/Android/Sdk
    
    Como alternativa podemos modificar (ou crear se non está creado) o arquivo: local.properties
    que se atopa no raíz do proxecto importado e poñer a seguinte liña: sdk.dir=/Path/To/Your/Android/Sdk
    Por exemplo, en Windows tería esta valor se estades a seguir o manual:
    1 sdk.dir=C\:/SDK
    
    Nota: O carácter '\' e un carácter de escape.




    • Imos ver agora como executar os diferentes proxectos.


    Execución Desktop

    Graficamente

    • É necesario crear unha configuración de execución no IDE Android Studio. Para iso:


    Dende consola

    • Para iso debemos abrir un terminal (en Linux) ou consola (en Windows) e situándonos no cartafol onde se xerou o proxecto.
    • Tamén podemos abrir a consola dende o propio Android Studio:
  • Abrindo unha consola dende Android Studio
  • Prememos na opción de menú Terminal.

  • Abrirá unha ventá nova na que podemos escribir como se estivésemos nun terminal.


    • Executamos a orde:
    WINDOWS:
    1 gradlew desktop:run
    
    LINUX:
    1 ./gradlew desktop:run
    

    Resultado

    LIBGDX instalacion 86 e.jpg





    TAREFA UNIDADE 1, PARTE 2: Esta parte está asociada á realización dunha tarefa.



    Éxecución HTML

    • Para iso debemos abrir un terminal (en Linux) ou consola (en Windows) e situándonos no cartafol onde se xerou o proxecto.
    • Tamén podemos abrir a consola dende o propio Android Studio:
  • Abrindo unha consola dende Android Studio
  • Prememos na opción de menú Terminal.

  • Abrirá unha ventá nova na que podemos escribir como se estivésemos nun terminal.


    • Executamos a orde:
    WINDOWS:
    1 gradlew html:superDev
    
    LINUX:
    1 ./gradlew html:superDev
    


    Resultado

    LIBGDX instalacion 87 e.jpg

    Execución nun dispositivo móbil

    No Emulador

    Como comentamos anteriormente executar os xogos no emulador non pode ser debido a lentitude do mesmo. O ideal é ter un dispositivo móbil 'real' que permita probar os xogos.

    De todas formas, para probar que funciona, podemos ver como se visualiza a pantalla de presentación do framework no emulador.

    O primeiro será crear un dispositivo virtual (AVD) coa versión Android 4.3 API 18 e CPU Intel Atom (x86) segundo os pasos deste enlace (só fai falla facer os pasos de creación do Android Virtual Device).

    IMPORTANTE: Lembrade deixar marcada a opción 'Use host GPU' cando creades o AVD para facer uso do OPEN GL.


    • Nota: Máis información sobre as versión de Android neste enlace.
    • A partires de Marzo do 2014 o framework Libgdx deixa de dar soporte a OPEN GL ES 1.0/1.1 e a versións de Android inferiores á 2.2 (API 8).
    Resultado
    LIBGDX instalacion 88 b.jpg

    Nun dispositivo real



    Distribución e debugger

    • Máis información de como xerar a versión para IOS e como distribuír as diferentes versións en:

    Nunha máquina virtual con Android

    Deberedes de instalar unha máquina virtual en Virtual Box que teña soporte para OPEN GL 2.0.

    Unha opción pode ser a de AndroVM






    -- Ángel D. Fernández González -- (2015).



    -- Ángel D. Fernández González -- (2015).