Diferencia entre revisiones de «LIBGDX Instalación do framework LIBGDX»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 1: Línea 1:
 
<span style="font-size:150%;">UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX</span>
 
<span style="font-size:150%;">UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX</span>
  
 
==Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014232232==
 
  
 
==Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014==
 
==Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014==

Revisión del 01:02 4 dic 2015

UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX


Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014

Actualización: A partires de Abril do 2014 déixase de dar soporte a utilidade gdx-setup-ui e se pasa a unha nova ferramenta (a forma de xerar os proxectos é parecida á anterior) baseada en Gradle.
Nos imos utilizar esta versión.

LIBGDX instalacion 66.jpg

Gradle é unha ferramenta para automatizar a construción dos nosos proxectos, por exemplo as tarefas de compilación, testing, empaquetado e o despregue dos mesmos. Unha vantaxe que imos ter se utilizamos esta ferramenta é que as librerías do framework xa non van estar dentro dos proxectos de eclipse. Para que compile cunha nova versión do framework chegaría con cambiar o nome de dita versión no arquivo build.gradle e xa compilaría o proxecto coa nova versión. Tedes máis información sobre o uso do arquivo build.gradle neste enlace.

A instalación de Gradle nos diferentes IDE's a tedes neste enlace.

Descarga da nova ferramenta gráfica gdx-setup.jar baseada en Gradle

Unha vez instalado o plugin de Gradle debemos descargar a nova ferramenta gráfica de xeración de proxectos dende http://libgdx.badlogicgames.com/nightlies/dist/gdx-setup.jar

  • En LINUX:

Unha vez descargado debemos modificar os permisos de dito arquivo e asinarlle o permiso de execución. Para isto o podemos facer:

  • Graficamente premendo co botón dereito sobre o arquivo, escoller a opción de propiedades e premer sobre a lapela Permisos. Unha vez nela marcar a opción Permitir ejecutar archivo como un programa.

LIBGDX instalacion 63.jpg

  • Dende un terminal de Linux. Debemos situarnos co comando cd no cartafol onde estea a ferramenta e executar a orde chmod 755 gdx-setup.jar.


  • En WINDOWS:

Tamén podemos executala de forma gráfica, premendo co botón dereito do rato na aplicación jar, escoller a opción 'Abrir con' e dentro desta escoller a opción 'JAVA(TM)...Binary' como amosa a seguinte pantalla:


Se non vos aparece esta opción deberedes de escoller a opción Elegir programa e facer o seguinte:

NOTA: En WINDOWS 7, e debido a que é necesario que se execute como administrador, é necesario facelo dende a consola, executando a orde anteriormente indicada. En caso de querer facelo graficamente, teríamos que:

  • Executar a aplicación graficamente
  • Ir ó administrador de tarefas de Windows e localizar o proceso javaw.
  • Seleccionalo e ir as propiedades. Dentro das mesmas escoller a opción Compatibilidad e marcar o checkbox Ejecutar este programa como administrador.
  • Pechar a aplicación e volver a abrila graficamente.

Xeración dos proxectos

Unha vez executada aparecerá a seguinta pantalla:

LIBGDX instalacion 66.jpg

Os datos a cubrir son:

  • Name: nome que van levar os proxectos que se xeran. Así no caso do exemplo se xerará: Xogo2D-android, Xogo2D-desktop, Xogo2D-gwt, Xogo2D-ios e Xogo2D-core.
  • Package: cada xogo debe estar desenvolto non nome de paquete único.
  • Game Class: nome da clase que vai ser chamada por cada un dos proxectos xerados. Ven ser a clase común a todos eles.
  • Destination: cartafol onde se van xerar os proxectos.
  • Android SDK: cartafol onde está o SDK. No voso caso estará en /opt/android-sdk-linux se optaches pola opción de instalar os compoñentes separados ou ben no cartafol onde está descomprimido o Adt-bundle, e dentro deste estará o cartafol sdk.

Nota: O aspecto da pantalla pode variar xa que están sacando versións case cada mes. Agora mesmo (Outubro 2014) aparecen máis extensións das que veñen na imaxe. Non tedes que escoller ningunha.


Nota: A partires de Abril do 2014 box2d pasa a ser unha extensión. Polo de agora non marcaremos ningunha delas.


  • Nos non imos traballar con IOS. Quen o necesite ten que:



TAREFA UNIDADE 1, PARTE 1: Esta parte está asociada á realización dunha tarefa.




Unha vez cubertos prememos o botón de Generate.

Pode suceder que recibades unha mensaxe informando de que é necesario actualizar o Android Build-tools.


Unha vez feito xa podemos xerar os proxectos LIBGDX:



Lembrar que xa comentamos o que ía xerar a ferramenta neste enlace.





-- Ángel D. Fernández González -- (2015).