Módulos e Profesores nun centro de formación de ciclos de Informática. XML Schema, XPath e XQuery
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Sumario
Enunciado
Tras a análise da asignación de Módulos e Profesores nun centro de formación de ciclos de Informática, atopamos que a información que precisamos é a seguinte:
| Cod_Módulo | Título | Num_Horas | Num_Sesiones | Grupo | Tutoría |
|---|---|---|---|---|---|
| MP0372 | Xestión de Bases de Datos | 187 | 7 | 1º DAW | No |
| MP0373-1 | Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión | 133 | 5 | 1º DAW | SI |
| MP0373-2 | Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión | 133 | 5 | 1º ASIR | Si |
| ... | ... | ... | ... | ... | ... |
| Cod_Profesor | Nombre | Apellidos | Fecha Incorporación |
|---|---|---|---|
| 11111111A | Manuel | Rodríguez Pérez | 12-09-2010 |
| 22222222B | Paula | Martos Méijorme | 17-09-2016 |
| 33333333C | Rebeca | Smith | 16-09-2020 |
| ... | ... | ... | ... |
E tendo en conta que a relación entre ambas táboas é a seguinte:
Apartado A. XML Schema
Defina o esquema XML Schema dun documento chamado asignacións, tendo en conta que :
- O documento chamado asignacións deberá ter a capacidade de almacenar toda a información contida nas táboas, polo que será imprescindible empregar os valores das cabeceiras para a definición das etiquetas. O documento deberá explorar as capacidades de aniñamento que posúe XML para establecer as relacións.
- Os códigos funcionarán como chaves e terán a categoría de atributo.
- Debe seleccionar os tipos o mais axustados posible á información contida nas táboas.
- Os profesores poderán non ter asignado ningún módulo.
- Os profesores poderán ter un ou dos apelidos.
- O número de sesións semanais é como mínimo 2 e como máximo 9.
- Debe definir o tipocodigo tendo en conta que o formato do cod_profesor sempre se corresponde con 8 díxitos e unha letra maiúscula.
- Debe definir o tipogrupo que permitirá manter por separado o curso, 1º o 2º, e o ciclo, DAW o ASIR.
Apartado B. XPath
Indique a expresión XPath que lle permita obter o número de sesións asignadas a un determinado profesor, coñecendo o seu cod_profesor.
Apartado C. XQuery
Indique a expresión XQuery que lle permita obter un listado dos titores e o seu curso de titoría. A solución deberá ter o formato da seguinte imaxe: