PDM Activities
Sumario
Introdución
- Como xa comentamos antes, podemos identificar unha 'Activity' con cada unha das pantallas que conforman unha aplicación.
- Isto non é totalmente certo, xa que podemos ter aplicacións que non teñan interface gráfica, coma os servizos, programas que se executan en segundo plano e que responden a un determinado tipo de evento.
- Neste punto imos explicar os diferentes métodos polos que pasa unha Activity cando se crea, ponse en segundo plano ou se destrúe.
- Indicaremos en cada un deles cales serían as principais funcións que poderíamos programar.
- Tamén explicaremos como se define unha activity a nivel de proxecto.
Creando Activities
- Cada vez que se crea unha activity, aparece unha nova entrada no arquivo AndroidManifiest.xml.
- Vexamos un exemplo, e crearemos unha nova activity no asistente:
- Como vimos no asistente, á hora de crear unha activity aparecen dúas opcións que non marcamos:
- Launcher Acivity: Fai que dita activity poida ser lanzada ou executada de forma independente. Isto quere dicir que o resto de activities que non teñen marcada esta opción van necesitar ser invocadas dende outra activity. Ao crear unha activity e marcar esta opción, levará consigo dúas consecuencias:
- A outra opción é a de Backwards Compatibility: Esta opción está colocada para facer uso das bibliotecas de compatibilidade de Android, xa vistas nesta wiki anteriormente.
- Ao marcar esta opción teremos dúas consecuencias:
- Indicar que nas opcións de configuración de execución do proxecto, podemos indicar, podemos indicar cal é a activity por defecto a lanzar (se non se especifica será a primeira que sexa de tipo launcher) e o emulador por defecto que vai lanzar:
- Crea un novo paquete de nome 'tiposactivities' e move as activities creadas anteriormente a ese paquete.
- Deixa a lo menos unha activity no paquete inicial, xa que se non a nivel gráfico o Android Studio o fai desaparecer.
- Nota: Lembra, como sucede en Java, cada paquete se traduce nun cartafol a nivel de S.O.
Ciclo de vida das Activities
- Máis información neste enlace.
- Cando se lanza unha activity esta pasa por unha serie de estados e eses estados chaman a unha serie de métodos.
Nota: O estado Resumed: ven ser o estado de running.
- Estes son os diferentes métodos e o que se debería facer en cada un deles:
- Método onCreate:
- Definir / instanciar variables – clases
- Definir a interface do usuario.
- Unha vez chamado o método onCreate chama os métodos onStart e onResume de forma consecutiva.
- Método onDestroy: Chamado cando remata a aplicación e se libera da memoria do dispositivo. Tamén pode ser provocado polo S.O. para liberar espazo de memoria. Normalmente non se fai nada neste método, xa que a liberación de recursos se fai nos métodos onPause e onStop, pero se a aplicación usa background Threads ou outro recurso que poida consumir memoria, debe ser destruído neste evento.
- Nota: Só hai un caso no que non pasa polos métodos de onPause e onStop, é cando destruímos a aplicación chamando o método finish() dende onCreate.
- Método onPause: Cando unha aplicación, ocupa parte da pantalla, pero deixa visible parte de aplicación en execución, esta pasa a un estado de PAUSE (por exemplo unha caixa de diálogo aberta por unha aplicación). En caso contrario, se queda totalmente tapada pasa a o estado de STOP.
- Ó volver do estado de Pause, se chama o método onResume.
- Normalmente cando se chama o proc. onPause, é que a aplicación vai deixar de se usada por o usuario. Neste caso se aproveita este estado para facer:
- Parar animacións ou outras actividades que consuman CPU.
- Gardar a información que o usuario espera atopar se volve a cargar a aplicación (redacción dun correo sen rematar,…).
- Liberar recursos do sistema, como transferencias, sensores (GPS), ou calquera recurso que poida afectar á batería (como a cámara).
- Normalmente cando se chama o proc. onPause, é que a aplicación vai deixar de se usada por o usuario. Neste caso se aproveita este estado para facer:
- Non se debe sobrecargar este método con ‘traballo’ pesado de liberación, xa que podemos enlentecer o paso ó seguinte estado. Para iso temos o método onStop.
- Método onResume: Úsase este método para volver a crear aqueles recursos que liberamos no método onPause.
- Hai que ter en conta que entramos neste método cando vimos de inicializar a aplicación e cando paramos a aplicación, polo que pode ser necesario verificar se xa estaban creados os recursos antes de volver a crealos.
- Vexamos un suposto exemplo no que facemos uso da cámara. Como vemos comprobamos se o obxecto que vai facer uso da cámara está xa inicializado.
1 @Override
2 protected void onResume(){
3 super.onResume();
4
5 if (mCamara==null){
6 inicializarCamara();
7 }
8 }
- Método onStop.
- Existen uns poucos casos no que isto sucede:
- Usuario abre outra aplicación ou vai as aplicación recentes e escolle outra. Ata que non volva á nosa aplicación, esta pasa a un estado de stop e se queda en segundo plano.
- Usuario provoca a aparición doutra activity. A primeira activity é parada e comeza a segunda. Se o usuario preme o botón de ‘Volver’ a primeira actividade é reiniciada.
- Usuario recibe unha chamada de teléfono.
- Temos por tanto os métodos onStop e onRestart para dar soporte a estes eventos.
- No método onStop é onde debemos facer as operación que máis leven de liberación de recursos coma poidan ser gardar datos nunha base de datos.
- Nota: O sistema garda o estado das View, polo que os contidos de caixas de texto e outros recursos gráficos se manteñen ó reiniciar a aplicación. Soamente se perden se o S.O. necesita espazo en memoria e quita a aplicación do Stack, destruíndo todo. Nese caso se o usuario volve, os elementos gráficos estarían inicializados.
- Método onRestart e método onStart:
- Cando o sistema chama o método reiniciar tamén chama despois o método onStart (cada vez que aplicación se pon visible).
- Debido a isto, se debe de inicializar os compoñentes que foron liberados no método onStop e tamén se debe aproveitar ese mesmo código cando se crea por primeira vez a aplicación.
- Por exemplo, no método onStart se poden poñer as condicións necesarias para que poida funcionar a aplicación (coma por exemplo recursos que necesitemos, coma GPS, unha cámara,....).
- No método onRestart se poden recuperar cursores de acceso a datos que foran pechados previamente no método onStop. Máis información neste enlace.
Recreando unha Activity
- Existen varias casos que poden provocar a eliminación da nosa aplicación en segundo plano, coma son que non se usa en bastante tempo (e permaneza en background) ou que o sistema necesite memoria e teña que liberar recursos coma son os procesos en background.
- Nestes casos, se o usuario quere volver á nosa aplicación, o sistema operativo garda anteriormente o ‘estado’ en que quedou a nosa aplicación, no que se coñece coma ‘instance state’ ou estado de instancia. Dito estado está gardado nun obxecto da clase Bundle que garda pares de clave-valor.
- Por iso cando volvemos os elementos gráficos están tal como os deixamos (caixas de texto con datos, elementos de lista escollidos,...)
- Soamente se se destrúe a aplicación (por necesidades de memoria, por exemplo) estes datos se perden.
- Nota: cando un usuario move a pantalla e a reorienta noutra dirección, a aplicación se destrúe e se volve a crear.
- Seguramente a aplicación ten outra información aparte do estado das View´s que é necesario recuperar, como as variables usadas para gardar o progreso do usuario ou calquera outra información que nos como programadores queiramos gardar.
- Para iso existe o método onSaveInstanceState que chama o sistema cando a aplicación pasa a segundo plano ou se destrúe.
- A este método lle pasa o obxecto da clase Bundle onde está gardada toda a información (view´s) da aplicación, polo que o programador pode engadir máis información para ser recuperada posteriormente se o sistema volta a chamar a aplicación, xa que lle volve a pasar o mesmo obxecto da clase Bundle.
- O obxecto da clase Bundle funciona en base a pares CLAVE-VALOR. A clave e o identificar do valor que se vai pasar. Ven ser como o nome dunha variable en programación.
- Así teremos:
- método putXXXXX(CLAVE,VALOR) sendo XXXXX un tipo de dato, por exemplo, putInt(), para engadir datos ao obxecto Bundle.
- método getXXXXX(CLAVE)' sendo XXXXX un tipo de dato, por exemplo, getInt(), par recuperar o valor dun elemento clave gardado.
- Por exemplo, se quero gardar unha cadea nunha 'clave' de nome 'LOGIN', poñería:
- obxectoBundle.putString("LOGIN","CADEA A GARDAR");
- Se quere recuperar dito valor, no mesmo obxecto bundle:
- String login = obxectoBundle.getString("LOGIN");
- Loxicamente o nome da clave ten que ser a mesma cando gardamos o dato e cando o introducimos.
- Cando a aplicación se re-inicializa (isto é, cando se rota o dispositivo ou volvemos a aplicación unha vez que o S.O. liberou a súa memoria por necesidade) se chama ao método onRestoreInstanceState, onde se recuperan os datos gardados.
- Nota: Antes de chegar o estado Resumed pasa polo estado Started.
- Exemplo:
1 @Override
2 public void onSaveInstanceState(Bundle datosgardados){
3
4 datosgardados.putInt(“POSICION”,reproductor.getPosicionActualCancion());
5 datosgardados.putString(“CANCION”,reproductor.cancionactual);
6
7 // SEMPRE O CODIGO POSTO POR NOS ANTES DA CHAMADA A SUPER.
8 super.onSaveInstanceState(datosgardados);
9 }
- Para restaurar o sistema usaremos o método onRestoreInstanceState.
1 @Override
2 public void onRestoreInstanceState(Bundle datosgardados){
3
4 super.onRestoreInstanceState(datosgardados);
5
6 // CODIGO POSTO POR NOS PARA RECUPERAR OS DATOS, SEMPRE DESPOIS
7 // DA CHAMADA A SUPER
8 reproductor.cancionactual=datosgardados.getString(C_DATOCANCION_PECHAR);
9 reproductor.posicioncancion=datosgardados.getInt(C_DATOPOSCANCION_PECHAR);
10
11 }
- Nota: É importante chamar os métodos super.XXXXX na orde indicada no exemplo anterior.
- Imos ver un exemplo práctico disto.
- Crea un novo paquete de nome gardandoestado.
- Dentro do paquete crea unha nova clase de tipo Launcher Activity de nome UD2_01_gardando_estado.
- Cambia o contido do arquivo do Layout XML por este:
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
4 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
5 android:layout_width="match_parent"
6 android:layout_height="match_parent"
7 tools:context=".gardandoestado.UD2_01_gardando_estado">
8
9
10 <EditText
11 android:id="@+id/editText"
12 android:layout_width="wrap_content"
13 android:layout_height="wrap_content"
14 android:layout_marginBottom="8dp"
15 android:layout_marginEnd="8dp"
16 android:layout_marginStart="8dp"
17 android:layout_marginTop="8dp"
18 android:ems="10"
19 android:inputType="textPersonName"
20 android:text="Name"
21 app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
22 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
23 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
24 app:layout_constraintTop_toTopOf="parent"
25 app:layout_constraintVertical_bias="0.073" />
26
27 <Button
28 android:id="@+id/button1"
29 android:layout_width="wrap_content"
30 android:layout_height="wrap_content"
31 android:layout_marginEnd="8dp"
32 android:layout_marginStart="8dp"
33 android:layout_marginTop="84dp"
34 android:text="Dar Valor"
35 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
36 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
37 app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/editText" />
38
39 <Button
40 android:id="@+id/button2"
41 android:layout_width="wrap_content"
42 android:layout_height="wrap_content"
43 android:layout_marginEnd="8dp"
44 android:layout_marginStart="8dp"
45 android:layout_marginTop="48dp"
46 android:text="Ver valor"
47 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
48 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
49 app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/button1" />
50
51 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
- Cambio o contido da activity por este:
1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.gardandoestado;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.os.Bundle;
5 import android.view.View;
6 import android.widget.Button;
7 import android.widget.Toast;
8
9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10
11
12 public class UD2_01_gardando_estado extends Activity {
13
14 private int valor = 0;
15
16 @Override
17 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
18 super.onCreate(savedInstanceState);
19 setContentView(R.layout.activity_ud2_01_gardando_estado);
20
21 Button btnBoton1 = findViewById(R.id.button1);
22 btnBoton1.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
23 @Override
24 public void onClick(View v) {
25 valor = 5;
26 Toast.makeText(getApplicationContext(), "Valor: " + valor, Toast.LENGTH_LONG).show();
27 }
28 });
29
30 Button btnBoton2 = findViewById(R.id.button2);
31 btnBoton2.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
32 @Override
33 public void onClick(View v) {
34 Toast.makeText(getApplicationContext(), "Valor: " + String.valueOf(valor), Toast.LENGTH_LONG).show();
35 }
36 });
37
38
39 }
40 }
- Se executamos esta aplicación podemos comprobar como cando se inicia o valor da variable vale 0.
- Modificaremos o contido da caixa de texto e premeremos no botón.
- Nese intre a nivel de programación a variable vale 5.
- Se marchamos da aplicación e volvemos, podemos comprobar como o contido da caixa de texto permanece e se prememos sobre o botón 'Ver Valor' tamén gardou o dato.
- Neste caso non teríamos que gardar o estado de nada para que a aplicación continuase (noutro caso, por exemplo, nun reprodutor de música poderíamos gardar a posición da canción que está sendo reproducida).
- Pero que pasa se o S.O. necesita memoria e elimina dita aplicación do Stack ?
- Tamén pasa o mesmo cando rotamos o dispositivos. A activity se 'recrea' novamente.
- Os datos perdéronse.
- Imos modificar o código para que se garden os datos introducidos:
1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.gardandoestado;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.os.Bundle;
5 import android.view.View;
6 import android.widget.Button;
7 import android.widget.Toast;
8
9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10
11
12 public class UD2_01_gardando_estado extends Activity {
13
14 private int valor = 0;
15
16 @Override
17 public void onSaveInstanceState(Bundle datosgardados){
18
19 datosgardados.putInt("VALOR",valor);
20
21 // SEMPRE O CODIGO POSTO POR NOS ANTES DA CHAMADA A SUPER.
22 super.onSaveInstanceState(datosgardados);
23 }
24
25 @Override
26 public void onRestoreInstanceState(Bundle datosgardados){
27 super.onRestoreInstanceState(datosgardados);
28
29 // CODIGO POSTO POR NOS PARA RECUPERAR OS DATOS, SEMPRE DESPOIS
30 // DA CHAMADA A SUPER
31 valor = datosgardados.getInt("VALOR");
32
33 }
34
35
36 @Override
37 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
38 super.onCreate(savedInstanceState);
39 setContentView(R.layout.activity_ud2_01_gardando_estado);
40
41 Button btnBoton1 = findViewById(R.id.button1);
42 btnBoton1.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
43 @Override
44 public void onClick(View v) {
45 valor = 5;
46 Toast.makeText(getApplicationContext(), "Valor: " + valor, Toast.LENGTH_LONG).show();
47 }
48 });
49
50 Button btnBoton2 = findViewById(R.id.button2);
51 btnBoton2.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
52 @Override
53 public void onClick(View v) {
54 Toast.makeText(getApplicationContext(), "Valor: " + String.valueOf(valor), Toast.LENGTH_LONG).show();
55 }
56 });
57
58
59 }
60 }
- Podemos comprobar como agora ao rotar a pantalla os datos permanecen.
- Neste caso o view é gardado polo propio android, xa que todos os view´s cun id posto gardan o seu estado.
- De todas formas pode ser necesario gardar o estado dalgún view, xa que pode ser inicializado no método onStart.
- Por exemplo, cargar unha ListBox cun conxunto de datos da base de datos, que o usuario elixa un deses datos.
- Se nese momento a actividade se recrea, ao iniciarse, se volverían a cargar os datos da ListBox, pero a elección do usuario se perdería.
Intent en Activities
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).