Diferencia entre revisiones de «PDM Avanzado Datos Persistentes Preferencias»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 853: Línea 853:
 
}
 
}
 
</syntaxhighlight>
 
</syntaxhighlight>
 +
 +
 +
 +
 +
<br />
  
 
===Definindo categorías dentro das Pantallas de Preferencias===
 
===Definindo categorías dentro das Pantallas de Preferencias===

Revisión del 17:08 28 nov 2019

Introdución

As preferencias permiten gardar tipos de datos simples (cadeas, enteiros,...) en forma de pares clave-valor, exemplo "idade-43"

Estes vanse gardar nun obxecto pertencente á clase SharedPreferences.


Para saber se un axuste é necesario gardalo coma unha preferencia, podemos empregar un pequeno Test feito por Google:

PDM Preferencias 1.jpg

Preferencias

Acceso ás preferencias

Para obter un obxecto SharedPreferences temos dúas opcións:

  • getPreferences(): usado cando só necesitamos un único arquivo de preferencias e polo tanto non necesitamos indicar o nome. Neste caso créase un arquivo de preferencias por Activity e non pode ser accedido dende activities diferentes.
  • getSharedPreferences(): usado cando temos varios arquivos de preferencias. Necesitamos indicar o nome do arquivo.

Un exemplo:

      SharedPreferences sharedPref = getPreferences(MODE_PRIVATE);
      SharedPreferences sharedP = getSharedPreferences("datos", MODE_PRIVATE);

Como vemos, nas dúas formas temos que indicarlle o 'modo' en como se van utilizar as preferencias:

  • MODE_PRIVATE: modo predeterminado que indica que o arquivo só o pode usar a aplicación que o creou.
  • MODE_WORLD_READABLE: arquivo lido por todas as aplicacións.
  • MODE_WORLD_WRITEABLE: arquivo actualizable por todas as aplicacións.
  • MODE_MULTI_PROCESS: múltiples procesos poden cambiar os datos do arquivo de preferencias compartidas. Non se sole utilizar.

Nota: Máis información en http://developer.android.com/reference/android/content/Context.html


Qué diferenza hai entre getPreferences() e getSharedPreferences() ?

  • Con getPreferences() abrimos un arquivo de preferencias propio de cada activity. É dicir, só terá acceso a activity que o creou.
  • Con getSharedPreferences() abrimos un arquivo de preferencias indicando un nome. Calquera activity que abra dito arquivo (indicando o nome) vai poder acceder aos datos gardados.


Polo tanto:

  • Utilizaremos getPreferences() cando queiramos gardar datos locais a unha activity.
  • Utilizaremos getSharedPreferences() cando queiramos compartir datos entre diferentes activities.


O lugar físico onde se garda o/os arquivos de preferencia atópase en: /data/data/nome_paquete/Shared_prefs/. Pódese comprobar utilizando o Device File Explorer có emulador.

Gardando novos datos

Para poder modificar / crear valores nun SharedPreferences necesitamos acceder ao seu Editor da forma:

  • Obtemos o SharedPreferences (cunha das formas anteriores).
	SharedPreferences sharedpref = getPreferences(MODE_PRIVATE);
  • Accedemos ao seu editor:
	SharedPreferences.Editor editor = sharedpref.edit();
  • Engadimos ou modificamos as preferencias que necesitemos.
Para isto necesitamos chamar ó método putXXXXX dependendo do tipo de dato.
Por exemplo:
	editor.putFloat("NOME_PARAMETRO",VALOR_A_MODIFICAR);
  • E MOI IMPORTANTE, chamamos ao commit() para que garde as modificacións….
         editor.commit()

Recuperando datos

  • Obtemos o SharedPreferences (cunha das formas anteriores).
	SharedPreferences sharedpref = getPreferences(MODE_PRIVATE);
  • Chamamos o seu método getXXXXX có tipo de datos correspondente…
	Float tamaño = sharedpref.getFloat("NOME_PARAMETRO", VALOR_POR_DEFECTO);
O valor por defecto será o que gardemos na variable tamaño en caso de que non exista ese parámetro no arquivo de preferencias compartidas.

Caso Práctico 1

O obxectivo desta práctica e ver como gardar datos de forma global e local utilizando SharedPreferences.

A práctica consistirá en dúas Activities.

  • A primeira activity (Activity principal) terá este aspecto:
PDM Avanzada DatosPersistentes 3.jpg
Esta activity está composta por dúas caixas de texto editables.
  • A primeira ten un dato que se vai gardar localmente utilizando getPreferences().
  • A segunda ten un dato que se vai gardar globalmente utilizando getSharedPreferences().
A función dos botóns será:
  • Botón 'Gardar Datos': Garda os datos das dúas caixas de texto.
  • Botón 'Cargar Datos': Carga os datos dende os SharedPreferences.
  • Botón 'Lanzar Activity': Lanza unha segunda activity na que se vai amosar o dato da caixa gardado no getSharedPreferences().


A segunda activity terá este aspecto:

PDM Avanzada DatosPersistentes 4.jpg
Esta activity está composta por unha caixa de texto editable e un botón.
  • Caixa de texto: Carga o dato gardado no getSharedPreferences().
  • Botón 'Actualizar': Garda o dato da caixa de texto e pecha a activity.


Creamos a Activity Principal

Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Persistencia como un subpaquete do teu paquete principal.
Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Preferencias como un subpaquete do paquete anterior.



  • Dentro do paquete Preferencias crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias de tipo Launcher.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.



Código do layout xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Persistencia.Preferencias.UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias"
 8     android:id="@+id/relativeLayout">
 9 
10     <EditText
11         android:id="@+id/UD6_01_A1_etDatoGardarLocal"
12         android:layout_width="0dp"
13         android:layout_height="wrap_content"
14         android:hint="Dato a gardar localmente"
15         android:inputType="text"
16         android:textSize="15sp"
17         app:layout_constraintLeft_toLeftOf="parent"
18         app:layout_constraintRight_toRightOf="parent"
19         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent">
20 
21         <requestFocus />
22     </EditText>
23 
24     <Button
25         android:id="@+id/UD6_01_A1_btnGardarDatos"
26         android:layout_width="200dp"
27         android:layout_height="wrap_content"
28         android:layout_marginBottom="8dp"
29         android:layout_marginEnd="8dp"
30         android:layout_marginStart="8dp"
31         android:text="GARDAR DATOS"
32         app:layout_constraintBottom_toTopOf="@+id/UD6_01_A1_btnCargarDatos"
33         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
34         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent" />
35 
36     <Button
37         android:id="@+id/UD6_01_A1_btnCargarDatos"
38         android:layout_width="200dp"
39         android:layout_height="wrap_content"
40         android:layout_marginBottom="8dp"
41         android:layout_marginEnd="8dp"
42         android:layout_marginStart="8dp"
43         android:text="CARGAR DATOS"
44         app:layout_constraintBottom_toTopOf="@+id/UD6_01_A1_btnLanzarActivitySegunda"
45         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
46         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent" />
47 
48     <Button
49         android:id="@+id/UD6_01_A1_btnLanzarActivitySegunda"
50         android:layout_width="200dp"
51         android:layout_height="wrap_content"
52         android:layout_marginBottom="8dp"
53         android:layout_marginEnd="8dp"
54         android:layout_marginStart="8dp"
55         android:text="LANZAR ACTIVITY"
56         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
57         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
58         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent" />
59 
60     <EditText
61         android:id="@+id/UD6_01_A1_etDatoGardarGlobal"
62         android:layout_width="0dp"
63         android:layout_height="wrap_content"
64         android:layout_marginEnd="8dp"
65         android:layout_marginStart="8dp"
66         android:layout_marginTop="8dp"
67         android:ems="10"
68         android:hint="Dato a gardar globalmente"
69         android:textSize="15sp"
70         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
71         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
72         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/UD6_01_A1_etDatoGardarLocal" />
73 
74 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



Código da clase UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias
Obxectivo: Gardar datos de acceso local e global utilizando SharedPreferences.

Nota: O código vos dará un erro xa que fai referencia a unha segunda activity que aínda non está creada. O faremos a continuación.

  1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Persistencia.Preferencias;
  2 
  3 import android.support.v7.app.AppCompatActivity;
  4 import android.content.Intent;
  5 import android.content.SharedPreferences;
  6 import android.os.Bundle;
  7 import android.view.View;
  8 import android.widget.Button;
  9 import android.widget.EditText;
 10 import android.widget.Toast;
 11 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 12 
 13 public class UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias extends AppCompatActivity{
 14     public static final String NOME_ARQUIVO_PREFERENCIAS="DATOS_GARDAR";
 15     public static final String NOME_PARAM_DATO="DATO";
 16 
 17     private SharedPreferences datosPrivados;
 18     private SharedPreferences datosGlobales;
 19 
 20     private void xestionarEventos(){
 21 
 22         Button btnCargarDatos = (Button)findViewById(R.id.UD6_01_A1_btnCargarDatos);
 23         btnCargarDatos.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
 24 
 25             @Override
 26             public void onClick(View arg0) {
 27                 // TODO Auto-generated method stub
 28 
 29                 EditText textoLocal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarLocal);
 30                 textoLocal.setText(datosPrivados.getString(NOME_PARAM_DATO, "Non hai valor gardado localmente"));
 31 
 32                 EditText textoGlobal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarGlobal);
 33                 textoGlobal.setText(datosGlobales.getString(NOME_PARAM_DATO, "Non hai valor gardado globalmente"));
 34 
 35             }
 36         });
 37 
 38 
 39         Button btnGardar = (Button)findViewById(R.id.UD6_01_A1_btnGardarDatos);
 40         btnGardar.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
 41 
 42             @Override
 43             public void onClick(View v) {
 44                 // TODO Auto-generated method stub
 45                 EditText textoLocal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarLocal);
 46 
 47                 SharedPreferences.Editor editor = datosPrivados.edit();
 48                 editor.putString(NOME_PARAM_DATO, textoLocal.getText().toString());
 49                 editor.commit();
 50                 textoLocal.setText("");
 51 
 52 
 53                 EditText textoGlobal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarGlobal);
 54 
 55                 SharedPreferences.Editor editorGlobal = datosGlobales.edit();
 56                 editorGlobal.putString(NOME_PARAM_DATO, textoGlobal.getText().toString());
 57                 editorGlobal.commit();
 58                 textoGlobal.setText("");
 59 
 60                 Toast.makeText(getApplicationContext(), "DATOS GARDADOS", Toast.LENGTH_SHORT).show();
 61             }
 62 
 63         });
 64 
 65         Button btnLanzarActivity = (Button)findViewById(R.id.UD6_01_A1_btnLanzarActivitySegunda);
 66         btnLanzarActivity.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
 67 
 68             @Override
 69             public void onClick(View arg0) {
 70                 // TODO Auto-generated method stub
 71 
 72                 Intent intent = new Intent(getApplicationContext(),UD6_01_A2_DatosPersistentesPreferencias.class);
 73                 startActivity(intent);
 74             }
 75 
 76         });
 77 
 78 
 79 
 80 
 81     }
 82 
 83     @Override
 84     protected void onResume(){
 85         super.onResume();
 86 
 87         EditText textoLocal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarLocal);
 88         textoLocal.setText(datosPrivados.getString(NOME_PARAM_DATO, "Non hai valor gardado localmente"));
 89 
 90         EditText textoGlobal = (EditText)findViewById(R.id.UD6_01_A1_etDatoGardarGlobal);
 91         textoGlobal.setText(datosGlobales.getString(NOME_PARAM_DATO, "Non hai valor gardado globalmente"));
 92 
 93     }
 94 
 95     @Override
 96     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 97         super.onCreate(savedInstanceState);
 98         setContentView(R.layout.activity_ud06_01_a1__datos_persistentes__preferencias);
 99 
100         datosGlobales = getSharedPreferences(NOME_ARQUIVO_PREFERENCIAS, MODE_PRIVATE);
101         datosPrivados = getPreferences(MODE_PRIVATE);
102 
103         xestionarEventos();
104 
105     }
106 }
  • Liña 14: Definimos o nome do arquivo que vai gardar as preferencias.
  • Liña 15: Definimos o nome do parámetro onde se vai gardar o dato global.
  • Liña 17: Definimos o SharedPreferences por defecto (local a activity).
  • Liña 18: Definimos o SharedPreferences que utilizará un nome de arquivo.
  • Liñas 23-36: Xestionamos o evento Click sobre o botón Cargar Datos.
  • Liñas 30 e 33: Recollemos o dato gardado no SharedPreferences. OLLO! ao valor por defecto!
  • Liñas 40-63: Xestionamos o evento Click sobre o botón Gardar Datos.
  • Liñas 47-49: Obtemos o Editor do SharedPreferences local e cambiamos o dato polo contido da caixa de texto.
  • Liñas 55-57: Obtemos o Editor do SharedPreferences global e cambiamos o dato polo contido da caixa de texto.
  • Liñas 83-93: Cargamos os datos que se atopen nos SharedPreferences. Ao facelo no onResume isto leva consigo a que cando volvamos da Activity Secundaria cargue as modificacións feitas. OLLO! tamén vai pasar o mesmo cando iniciemos a aplicación, por primeira vez ou calquera vez.



Creamos a Activity Secundaria

  • Nome da activity: UD6_01_A2_DatosPersistentesPreferencias.
NON É DE TIPO LAUNCHER xa que vai ser chamada por outra Activity.


Código do layout do xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 4     android:layout_width="match_parent"
 5     android:layout_height="match_parent"
 6     tools:context=".Persistencia.Preferencias.UD6_01_A2_DatosPersistentesPreferencias">
 7 
 8     <EditText
 9         android:id="@+id/UD06_01_A2_etDato"
10         android:layout_width="wrap_content"
11         android:layout_height="wrap_content"
12         android:layout_alignParentTop="true"
13         android:layout_centerHorizontal="true"
14         android:hint="Texto das preferencias"
15         android:inputType="text"
16         android:textSize="20sp"
17         >
18 
19         <requestFocus />
20     </EditText>
21 
22     <Button
23         android:id="@+id/UD06_01_A2_btnActualizar"
24         android:layout_width="wrap_content"
25         android:layout_height="wrap_content"
26         android:layout_centerHorizontal="true"
27         android:layout_centerVertical="true"
28         android:layout_marginTop="42dp"
29         android:text="ACTUALIZAR" />
30 
31 </RelativeLayout>


Código da clase UD6_01_A2_DatosPersistentesPreferencias
Obxectivo: Amosa o dato gardado no SharedPrefences indicando o nome do arquivo.
Nota: Vos dará un erro ata que credes a Activity Principal (ven a continuación).

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Persistencia.Preferencias;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.SharedPreferences;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.Button;
 8 import android.widget.EditText;
 9 
10 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
11 
12 public class UD6_01_A2_DatosPersistentesPreferencias extends Activity {
13     private SharedPreferences datosGlobales;
14 
15 
16     private void cargarPreferencias(){
17 
18         datosGlobales = getSharedPreferences(UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias.NOME_ARQUIVO_PREFERENCIAS, MODE_PRIVATE);
19 
20         EditText texto = (EditText)findViewById(R.id.UD06_01_A2_etDato);
21         String dato = datosGlobales.getString(UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias.NOME_PARAM_DATO,"Non hai dato gardado");
22         texto.setText(dato);
23     }
24 
25     private void xestionarEventos(){
26 
27         Button btnActualizar = (Button)findViewById(R.id.UD06_01_A2_btnActualizar);
28         btnActualizar.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
29 
30             @Override
31             public void onClick(View arg0) {
32                 // TODO Auto-generated method stub
33 
34                 EditText texto = (EditText)findViewById(R.id.UD06_01_A2_etDato);
35 
36                 SharedPreferences.Editor editorGlobal = datosGlobales.edit();
37                 editorGlobal.putString(UD06_01_A1_DatosPersistentes_Preferencias.NOME_PARAM_DATO, texto.getText().toString());
38                 editorGlobal.commit();
39 
40 
41                 finish();
42             }
43         });
44 
45     }
46 
47     @Override
48     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
49         super.onCreate(savedInstanceState);
50         setContentView(R.layout.activity_ud6_01__a2__datos_persistentes_preferencias);
51 
52         cargarPreferencias();
53         xestionarEventos();
54     }
55 }
  • Liña 13: Definimos o SharedPreferences.
  • Liña 18: Cargamos o SharedPreferences indicando o nome do arquivo. Dito nome está definido na Activity Principal (definida a continuación)
  • Liñas 20-22: Obtemos o dato gardado no SharedPreferences a través do nome dun campo que está definido na Activity Principal (definida a continuación) e o asinamos o EditText.
  • Liñas 36-38: Obtemos o editor do SharedPreferences e gardamos o contido da caixa de texto no SharedPreferences, en forma de par (Nome_param - Valor) sendo Nome_param o definido na Activity Principal.

Pantallas de Preferencias

Máis información en:

Introdución

Relacionado co anterior temos as Pantallas de Preferencias.

Se estades acostumados a ver aplicacións podedes observar como as pantallas que conforman os Settings ou Axustes teñen todas o mesmo aspecto:

PDM Avanzada DatosPersistentes 6.jpg

Isto o conseguimos facendo uso duns recursos gráficos no que definimos todos os elementos que conforman os nosos axustes (texto, lista, radiobutton,....).

Todas as opcións que escollemos neste tipo de pantallas son gardadas nun SharedPreferences igual aos que levamos vistos ata o de agora.

Para obter os datos gardados nas preferencias temos que acceder chamando o método de clase: PreferenceManager.getDefaultSharedPreferences(Context contexto).

Este devolve un obxecto da clase SharedPreferences.

Por exemplo:

SharedPreferences preferencias = PreferenceManager.getDefaultSharedPreferences(getApplicationContext());

Valores asociados ás pantallas de preferencias

  • As pantallas poden ter campos que alberguen valores (como por exemplo listas) ou caixas de texto que queiramos que teñan un valor por defecto.
É necesario definir ditos valores. Para iso creamos un arquivo de recursos (/res/values/) e definimos todos os valores que necesitemos.


Por exemplo:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8" ?>
 2 <resources>
 3 	<string name="preferencia_numero_por_defecto">10</string>
 4 
 5 	<string-array name="preferencia_tamanhos_botons_visualizar">
 6 		<item>10 sp</item>
 7 		<item>12 sp</item>
 8 		<item>14 sp</item>
 9 	</string-array>
10 	<string-array name="preferencia_tamanhos_botons_valores">
11 		<item>10</item>
12 		<item>12</item>
13 		<item>14</item>
14 	</string-array>
15 	<string name="preferencia_tamanho_por_defecto">12</string>
16 </resources>


Podemos observar como definimos dous arrays, un é o que vai amosar a lista (preferencia_tamanhos_botons_visualizar), será o que o usuario vexa na pantalla, e o outro é o valor que nos imos a obter como programadores para manexar internamente. Así, se temos unha lista de cidades, podemos querer amosar os seus nomes, pero internamente queremos gardar un código.
Nota: Isto non é obrigatorio facelo asi pode darse o caso que o que visualice a lista sexa o que necesitemos gardar.

Definindo as pantallas de preferencias

  • Definimos a pantalla que vai conformar as nosas preferencias.
Importante: Dito arquivo ten que estar creado no cartafol /res/xml/.


Ao facer o paso segundo crearase no Android Studio un cartafol /res/xml.


Temos que entender a PreferenceScreen coma unha activity e o seu layout.

Por exemplo:

 1 <PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" 
 2     android:title="EXEMPLO DE SETTINGS" >
 3     <ListPreference
 4 		android:key="ID_PARAM_TAMAÑO"
 5 		android:title="Preferencias de tamaño"
 6 		android:summary="Garda o tamaño das caixas de texto"
 7 		android:defaultValue="@string/preferencia_tamanho_por_defecto"
 8 		android:dialogTitle="Indicar tamaño"
 9 		android:entries="@array/preferencia_tamanhos_botons_visualizar"		
10 		android:entryValues="@array/preferencia_tamanhos_botons_valores" />
11 
12 </PreferenceScreen>

Imos explicar os atributos utilizados:

  • android:key: debe ser único e vai ser usado polas SharedPreferences como key para gardar/recuperar o valor (ven ser o nome do parámetro).
  • android:title: o texto que vai visualizar a pantalla.
  • android:defaultValue: valor por defecto a cargar polas SharedPreferences. Debería indicarse sempre. No caso das listas que teñen dous tipos de arrays (o que se amosa e os valores) o valor por defecto debe corresponderse cun dos valores definido no array de valores.
  • android:entries: os valores que vai visualizar a lista.
  • android:entryValues: os valores que realmente se gardan e que imos usar na programación. Non son obrigatorios telos e pode suceder que o valor que aparece na lista sexa o que necesitemos.
  • android:dialogTitle: Título do diálogo que vai aparecer cando introduzamos o valor.


Na parte da dereita do Android Studio podemos observar como quedaría dita pantalla nun dispositivo Android:




Algúns dos elementos gráficos que podemos ter dentro dunha PreferenceScreen son:

1 <CheckBoxPreference
2 android:key="opcion1"
3 android:title="Preferencia 1"
4 android:defaultValue="true"
5 android:summary="Descripción da preferencia 1" />
1 <EditTextPreference
2 android:key="opcion2"
3 android:title="Preferencia 2"
4 android:defaultValue="Texto por defecto”
5 android:summary="Descripción da preferencia 2"
6 android:dialogTitle="Introduce un valor" />


1     <RingtonePreference
2         android:key="ringtone_preference_1"
3         android:title="Ringtone preference" />
4         android:defaultValue="content://settings/system/notification_sound"
5         android:summary="Descripción da preferencia ringtone_preference_1"
6         android:dialogTitle="Título do diálogo" />


1     <SwitchPreference
2         android:defaultValue="false"
3         android:key="switch_preference_1"
4         android:title="Switch preference" />


1     <MultiSelectListPreference
2         android:key="multi_select_list_preference_1"
3         android:title="Multi select list preference" />
4         android:defaultValue="@array/empty_array"
5         android:entries="@array/planetas_UD02_01_spinner"
6         android:entryValues="@array/planetas_UD02_01_spinner"
7         android:summary="Descripción da preferencia multi_select_list_preference_1"
8         android:dialogTitle="Título do diálogo" />

Caso Práctico 2

  • Dentro do paquete Preferencias crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD06_02_A1_PreferenceScreen de tipo Launcher.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.


  • Imos facer paso a paso unha pantalla de preferencias de mostra con todos os elementos gráficos que podemos empregar para gardar unha preferencia (sen contar coa opción de definir o noso propio tipo de preferencia).
Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Persistencia como un subpaquete do teu paquete principal.


PDM Preferencias 2.jpg


Datos da pantalla de preferencia
  • Primeiro imos ter que crear un arquivo en /res/values/ onde imos gardar todos os datos que van a facer uso os elementos que conforman a pantalla de preferencias.
No exemplo imos definir:
  • EditTextPreference:
  • Un default value de tipo String.
  • ListPreference:
  • Un array para os valores que vai a amosar ao usuario.
  • Un array para os valores que imos gardar na preferencia.
  • Un valor por defecto.
  • RingtonePreference:
  • Un default value de tipo String.
  • SwitchPreference:
  • Nada
  • MultiSelectListPreference:
  • Un array para os valores que vai a amosar ao usuario.
  • Un array para os valores que imos gardar na preferencia.
  • Un array para os valores marcados por defecto.



Arquivo res/values/valores_preferencias_ud06_02.xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8" ?>
 2 
 3 <resources>
 4 
 5     <string name="preferencia_edittext_por_defecto">Valor por defecto</string>
 6 
 7     <string-array name="preferencia_tamanhos_botons_visualizar">
 8         <item>10 sp</item>
 9         <item>12 sp</item>
10         <item>14 sp</item>
11     </string-array>
12     <string-array name="preferencia_tamanhos_botons_valores">
13         <item>10</item>
14         <item>12</item>
15         <item>14</item>
16     </string-array>
17     <string name="preferencia_tamanho_boton_por_defecto">12</string>
18 
19     <string name="preferencia_tono_por_defecto">content://settings/system/notification_sound</string>
20 
21     <string-array name="preferencia_lista_lugares">
22         <item>SANTIAGO</item>
23         <item>MADRID</item>
24         <item>BARCELONA</item>
25     </string-array>
26 
27     <string-array name="preferencia_valores_lista_lugares">
28         <item>cod_sant</item>
29         <item>cod_madrid</item>
30         <item>cod_barcelona</item>
31     </string-array>
32 
33     <string-array name="preferencia_valores_por_defecto_lista_lugares">
34         <item>cod_sant</item>
35         <item>cod_barcelona</item>
36     </string-array>
37 
38 </resources>




Definición da pantalla de preferencias
  • Agora definimos a pantalla de preferencia. O podemos facer graficamente como vimos antes ou directamente no código XML.

Arquivo /res/xml/pantalla_preferencias_ud06_02.xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android">
 3 
 4     <EditTextPreference
 5         android:key="edit_text_preference_1"
 6         android:title="Edit text preference"
 7         android:defaultValue="@string/preferencia_edittext_por_defecto"
 8         android:selectAllOnFocus="true"
 9         android:singleLine="true"
10         />
11     <ListPreference
12         android:key="list_preference_1"
13         android:title="List preference"
14         android:defaultValue="@string/preferencia_tamanho_boton_por_defecto"
15         android:entries="@array/preferencia_tamanhos_botons_visualizar"
16         android:entryValues="@array/preferencia_tamanhos_botons_valores"
17         />
18     <RingtonePreference
19         android:defaultValue="@string/preferencia_tono_por_defecto"
20         android:key="ringtone_preference_1"
21         android:title="Ringtone preference" />
22     <SwitchPreference
23         android:defaultValue="false"
24         android:key="switch_preference_1"
25         android:title="Switch preference" />
26     <MultiSelectListPreference
27         android:defaultValue="@array/preferencia_valores_por_defecto_lista_lugares"
28         android:entries="@array/preferencia_lista_lugares"
29         android:entryValues="@array/preferencia_valores_lista_lugares"
30         android:key="multi_select_list_preference_1"
31         android:title="Multi select list preference" />
32 </PreferenceScreen>
  • Nota: Non están todas as propiedades, coma summary ou dialogtitle, que se poderían empregar.



Carga da pantalla de preferencias
  • Existen varias formas de cargar a pantalla de preferencia.
Nos imos ver unha delas, pero vos podedes encontrar código que o fai diferente.
Podedes consultar neste enlace como facelo de outras formas (e hai máis).
  • Primeiro debemos crear unha clase que derive da clase 'PreferenceFragment' e que vai ser a clase que cargue a PreferenceScreen.
Clase UD06_02_A2_MySettingsFragment:
1 public class UD06_02_A2_MySettingsFragment extends PreferenceFragment {
2     @Override
3     public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
4         super.onCreate(savedInstanceState);
5         addPreferencesFromResource(R.xml.pantalla_preferencias_ud06_02);
6     }
7 }


  • Agora debemos crear unha Activity que sustitúa ou seu contido, polo contido da clase anterior.
Para iso é necesario facer uso dos Fragment.
Esta activity non ten un content view asociado, e polo tanto cando a credes, desmarcade a opción 'Generate Layout File'
Activity UD06_02_A3_SettingsActivity:
 1 public class UD06_02_A3_SettingsActivity extends AppCompatActivity {
 2 
 3     @Override
 4     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 5         super.onCreate(savedInstanceState);
 6 
 7         getFragmentManager()
 8                 .beginTransaction()
 9                 .add(android.R.id.content,new UD06_02_A2_MySettingsFragment())
10                 .commit();
11 
12     }
13 }
  • Agora queda crear unha Activity coma as de sempre e chamar á activity anterior. O podemos facer ao premer unha opción do menú ou con calquera outro evento.
Na carga de dita activity, imos darlle todos os valores por defecto as propiedades, chamando ao método 'PreferenceManager.setDefaultValues'.
Neste exemplo imos poñer un botón que ao premer, amosa a pantalla de preferencias.

Layout activity_ud06_02__a1__preference_screen

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".UD6.Preferencias.UD06_02_A1_PreferenceScreen">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnPreferencias_UD06_02_A1"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:text="Preferencias"
14         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
15         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
16         app:layout_constraintHorizontal_bias="0.5"
17         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
18         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
19 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
Código da Activity UD06_02_A1_PreferenceScreen:
 1 public class UD06_02_A1_PreferenceScreen extends AppCompatActivity {
 2 
 3     private void xestionarEventos(){
 4         findViewById(R.id.btnPreferencias_UD06_02_A1).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
 5             @Override
 6             public void onClick(View v) {
 7 
 8                 Intent intento = new Intent(getApplicationContext(),UD06_02_A3_SettingsActivity.class);
 9                 startActivity(intento);
10             }
11         });
12     }
13     @Override
14     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
15         super.onCreate(savedInstanceState);
16         setContentView(R.layout.activity_ud06_02__a1__preference_screen);
17 
18         xestionarEventos();
19         PreferenceManager.setDefaultValues(this,R.xml.pantalla_preferencias_ud06_02,false);
20     }
21 }




Definindo categorías dentro das Pantallas de Preferencias

Podemos agrupar as preferencias por categorías.

Por exemplo o seguinte arquivo de PreferenceScreen:

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"  android:title="EXEMPLO DE SETTINGS">
 3   <PreferenceCategory android:title="OPCIÓNS DE TAMAÑO">
 4     	<ListPreference
 5 
 6 			android:key="@string/preferencia_tamanho_nome_parametro"
 7 			android:title="Preferencias de tamaño"
 8 			android:summary="Garda o tamaño das caixas de texto"
 9 			android:dialogTitle="Indicar tamaño"
10 			android:defaultValue="@string/preferencia_tamanho_por_defecto"
11 			android:entries="@array/preferencia_tamanhos_botons"		
12 			android:entryValues="@array/preferencia_tamanhos_botons_valores" />
13   </PreferenceCategory>
14 </PreferenceScreen>

Da como resultado:

PDM Avanzada DatosPersistentes 8.jpg

Creando novas pantallas de opcións

Tamén podemos crear novas pantallas de preferencias dentro de pantallas de preferencias, de tal forma que ao pulsar unha preferencia determinada abra unha nova pantalla.

PDM Avanzada DatosPersistentes 9.jpg
Imaxe obtida de http://developer.android.com/guide/topics/ui/settings.html


Isto se consigue cun PreferenceScreen dentro doutro.


Por exemplo o seguinte arquivo de PreferenceScreen:

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" 
 3     android:title="EXEMPLO DE SETTINGS" >
 4 		<PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android" 
 5 		    android:title="PREFERENCIAS DE TAMAÑO">
 6 	    	                <ListPreference
 7 	
 8 				android:key="@string/preferencia_tamanho_nome_parametro"
 9 				android:title="Preferencias de tamaño"
10 				android:summary="Garda o tamaño das caixas de texto"
11 				android:dialogTitle="Indicar tamaño"
12 				android:defaultValue="@string/preferencia_tamanho_por_defecto"
13 				android:entries="@array/preferencia_tamanhos_botons"		
14 				android:entryValues="@array/preferencia_tamanhos_botons_valores" />
15     	       </PreferenceScreen>
16     	
17 </PreferenceScreen>

Dará como resultado:

PDM Avanzada DatosPersistentes 10.jpg

Caso Práctico 3

Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Preferencias como un subpaquete do teu paquete principal.



  • Dentro do paquete Preferencias crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD06_03_DatosPersistentes_Preferencias de tipo Launcher.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.



  • O obxectivo desta práctica é crear unha pantalla de preferencias onde imos poder escoller se queremos que un texto que visualice en cursiva e cunha cor determinada.
Accederemos aos valores escollidos nesa pantalla dende unha activity e aplicaremos o aspecto a un texto.


Imos ver que para coller estes valores, imos sobreescribir o método onResume() o cal se chama de forma automática cando voltamos de acceder á activity de preferencias.
O malo desta solución e que sempre imos a aplicalas preferencias aínda que non se produzan cambios e se volvemos doutras activities que non sexa a de preferencias.


Consta de dúas activities:
  • Activity principal: Dende onde lanzamos a pantalla de preferencias e dende onde accedemos aos valores escollidos.
  • Activity secundaria: Carga a pantalla de preferencias.

O aspecto desta práctica é o seguinte:


Arquivo de valores

Como comentamos anteriormente as pantallas de preferencias poden necesitar datos (como no caso das listas) e valores por defecto.

Todos estes valores deben estar definidos nun arquivo xml no cartafol /res/values/

Código do arquivo /res/values/ud6_03_datospreferencias.xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <resources>
 3     <string name="UD6_03_preferencia_valor_nome_por_defecto">Nome Exemplo</string>
 4     <string-array name="UD6_03_preferencia_textos_lista">
 5                 <item>Vermello</item>
 6                 <item>Azul</item>
 7                 <item>Verde</item>
 8     </string-array>
 9     <string-array name="UD6_03_preferencia_valores_lista">
10                 <item>#ff0000</item>
11                 <item>#0000ff</item>
12                 <item>#00ff00</item>
13     </string-array>
14 </resources>

Pantalla de Preferencias

Agora necesitamos definir a nosa pantalla de preferencias.

Lembrar que é un arquivo xml que se atopa en /res/xml/

Código do arquivo /res/xml/pantalla_preferencias_ud06_03.xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <PreferenceScreen xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     android:title="EXEMPLO DE SETTINGS">
 4 
 5     <PreferenceCategory
 6         android:key="Categoria"
 7         android:title="Categoría 1 - Texto">
 8         <EditTextPreference
 9             android:defaultValue="@string/UD6_03_preferencia_valor_nome_por_defecto"
10             android:key="UD6_03_preferencia_idNome"
11             android:title="Nome por defecto" />
12     </PreferenceCategory>
13 
14     <PreferenceCategory android:title="Categoría 2 - Parámetros">
15         <CheckBoxPreference
16             android:defaultValue="False"
17             android:key="CURSIVA"
18             android:summary="Gústache en cursiva?"
19             android:title="Cursiva" />
20 
21         <ListPreference
22             android:dialogTitle="Indica a cor"
23             android:entries="@array/UD6_03_preferencia_textos_lista"
24             android:entryValues="@array/UD6_03_preferencia_valores_lista"
25             android:key="UD6_03_preferencia_listaCores"
26             android:summary="Indicamos a cor a cambiar no TextView"
27             android:title="Lista de cores" />
28     </PreferenceCategory>
29 
30 </PreferenceScreen>

Nota: Os valores dos identificadores dos campos (android:key) están postos directamente no código, pero o ideal é definilos nun arquivo de recursos de tipo String e refencialos da forma android:key="@string/....

Activity Principal

Código XML do layout: /res/layout/activity_UD06_03_DatosPersistentes_Preferencias.xml

 1 <RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 2     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent"
 5     tools:context=".UD6.Preferencias.UD06_03_datospersistentes_preferencias" >
 6 
 7     <TextView
 8         android:id="@+id/UD6_03_txtTexto"
 9         android:layout_width="wrap_content"
10         android:layout_height="wrap_content"
11         android:layout_alignParentTop="true"
12         android:layout_centerHorizontal="true"
13         android:text="@string/hello_world" />
14 
15     <Button
16         android:id="@+id/UD6_03_btnPantallaPreferencias"
17         android:layout_width="wrap_content"
18         android:layout_height="wrap_content"
19         android:layout_below="@+id/UD6_03_txtTexto"
20         android:layout_centerHorizontal="true"
21         android:layout_marginTop="113dp"
22         android:text="Pantalla Preferencias" />
23 
24     <Button
25         android:id="@+id/UD6_03_btnAplicarPreferencias"
26         android:layout_width="wrap_content"
27         android:layout_height="wrap_content"
28         android:layout_below="@+id/UD6_03_btnPantallaPreferencias"
29         android:layout_centerHorizontal="true"
30         android:text="Aplicar Preferencias" />
31 
32 </RelativeLayout>


O Código Java
Obxectivo: Utilizar unha pantalla de preferencias.

 1 package cifprodolfoucha.cursoandroid.aprendiendo.UD6.Preferencias;
 2 
 3 import android.support.v7.app.AppCompatActivity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.content.SharedPreferences;
 6 import android.graphics.Color;
 7 import android.graphics.Typeface;
 8 import android.os.Bundle;
 9 import android.preference.PreferenceManager;
10 import android.view.View;
11 import android.view.View.OnClickListener;
12 import android.widget.Button;
13 import android.widget.TextView;
14 import android.widget.Toast;
15 
16 public class UD06_03_DatosPersistentes_Preferencias extends AppCompatActivity {
17 
18 
19     private void xestionarEventos() {
20 
21         Button btnPantallaPreferencias = (Button) findViewById(R.id.UD6_03_btnPantallaPreferencias);
22         btnPantallaPreferencias.setOnClickListener(new OnClickListener() {
23 
24             @Override
25             public void onClick(View v) {
26                 // TODO Auto-generated method stub
27                 Intent intent = new Intent(getApplicationContext(), UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias.class);
28                 startActivity(intent);
29             }
30         });
31         Button btnAplicarPreferencias = (Button) findViewById(R.id.UD6_03_btnAplicarPreferencias);
32         btnAplicarPreferencias.setOnClickListener(new OnClickListener() {
33 
34             @Override
35             public void onClick(View v) {
36                 // TODO Auto-generated method stub
37             aplicarPreferencias();
38 
39             }
40         });
41 
42     }
43 
44     private void aplicarPreferencias() {
45         SharedPreferences preferencias = PreferenceManager.getDefaultSharedPreferences(getApplicationContext());
46 
47         String valorNome = preferencias.getString("UD6_03_preferencia_idNome", "SEN VALOR NO NOME");
48         TextView nome = (TextView) findViewById(R.id.UD6_03_txtTexto);
49         nome.setText(valorNome);
50 
51         String corDefecto = preferencias.getString("UD6_03_preferencia_listaCores", "#000000");
52         Toast.makeText(getApplicationContext(), corDefecto, Toast.LENGTH_LONG).show();
53         nome.setTextColor(Color.parseColor(corDefecto));
54 
55         if (preferencias.getBoolean("CURSIVA", false))
56             nome.setTypeface(null, Typeface.ITALIC);
57         else
58             nome.setTypeface(null, Typeface.NORMAL);
59     }
60 
61     @Override
62     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
63         super.onCreate(savedInstanceState);
64         setContentView(R.layout.activity_ud06_03_datospersistentes_preferencias);
65 
66         xestionarEventos();
67     }
68 }
  • Liñas 27-28: Lanzamos a segunda activity que carga a pantalla de preferencias.
  • Liña 45: Cargamos o SharedPreferences utilizado pola pantalla de preferencias.
  • Liñas 47-49: Cargamos o nome gardado na pantalla de preferencias no TextView da activity princinpal.
  • Liñas 51-53: Amosamos a cor escollida na pantalla de preferencias nun Toast e cambiamos a cor do nome.
  • Liñas 55-58: Aplicamos ao nome cursiva ou normal en función do escollido nas preferencias.


  • Liña 44: Se chamamos a este método en onResume() xa se aplicarían as preferencias cando volveramos da pantalla de preferencias e tamén cando se cargue a aplicación a vindeira vez.

Creamos a Activity Secundaria

  • Nome da activity: UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias


Esta activity terá como obxectivo cargar a pantalla de preferencias definida no arquivo xml de preferencias anterior.
A diferenza do caso práctico anterior vemos que a clase que deriva de PreferenceFragment está definida dentro da propia Activity.
Pódese facer así ou como está feito no exemplo anterior, definindo a clase 'SettingsFragment' nun arquivo diferente.

Código Java
Obxectivo: Carga a pantalla de preferencias definida anteriormente.

 1 package cifprodolfoucha.cursoandroid.aprendiendo.UD6.Preferencias;
 2 import android.support.v7.app.AppCompatActivity;
 3 import android.os.Bundle;
 4 import android.preference.PreferenceFragment;
 5 
 6 public class UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias extends AppCompatActivity{
 7 
 8     public static class SettingsFragment extends PreferenceFragment {
 9         @Override
10         public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
11             super.onCreate(savedInstanceState);
12 
13             // Load the preferences from an XML resource
14             addPreferencesFromResource(R.xml.pantalla_preferencias_ud06_03);
15         }
16     }
17 
18     @Override
19     public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
20         // TODO Auto-generated method stub
21         super.onCreate(savedInstanceState);
22 
23         getFragmentManager().beginTransaction().replace(android.R.id.content,
24                 new SettingsFragment()).commit();
25     }
26 
27 }


  • Liñas 8-16: Creamos unha clase interna que derive de PreferenceFragment e que cargue o arquivo onde está definida a pantalla de preferencias.
  • Liñas 23-24: Fixarse como nesta activity non cargamos un layout no método onCreate. O que facemos nestas liñas é substituír o contido da activity por un obxecto da clase SettingsFragment que é onde se atopa cargada a pantalla de preferencias.


  • Có comando adb ou có Device File Explorer, pódese ir ao directorio shared_prefs da aplicación e ver o contido do ficheiro xml de preferencias.




  • Indicar que se queremos recoller o valor dunha preferencia de tipo 'MultiSelectListPreference' teremos que facelo desta forma:
1         SharedPreferences sharedPreferences =  PreferenceManager.getDefaultSharedPreferences(this);
2         ArrayList<String>datos = new ArrayList<String>(sharedPreferences.getStringSet("multi_select_list_preference_1",new HashSet<String>()));
Sendo 'multi_select_list_preference_1' o id da opción de preferencia.



Controlando cando cambia algunha preferencia

  • Como vimos no exemplo anterior, sempre se vai chamar ao método onResume() da Activity.
Dependendo da nosa aplicación pode ser que non necesitemos empregar dito método e que os axustes se apliquen cando se entra nunha nova activity ou ao premer algún compoñente gráfica da activity principal.
  • Se necesitamos aplicar un cambio estando na pantalla de preferencias, podemos facelo da seguinte forma:
Ao implementar dita interface teremos que sobreescribir o método onSharedPreferenceChanged:
1 public class UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias extends AppCompatActivity {
2     .....
3     public static class SettingsFragment extends PreferenceFragment implements SharedPreferences.OnSharedPreferenceChangeListener {
4     ......
5     @Override
6     public void onSharedPreferenceChanged(SharedPreferences sharedPreferences, String key) {
7         Toast.makeText(getActivity(),"Cambiada a propiedade " + key + " ao valor " + sharedPreferences.getString(key,""),Toast.LENGTH_LONG).show();
8     }


Dito método ten dous parámetros.
  • Un obxecto SharedPreferences onde están gardadas todas as preferencias da pantalla.
  • Un String key que ven ser o identificador de cada un das preferencas.
Nota: Fixarse que dentro da clase 'SettingsFragment' podemos obter unha referencia a activity chamando ao método getActivity() e facendo un 'cast' a UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias podemos chamar a calquera método da mesma.


No exemplo estamos facendo un Toast e chamando ao método getString. Indicar que isto o podemos facer coas preferencias que sexan deste tipo. Se temos unha preferencia de tipo MultiSelectListPreference, booleana,... a aplicación fallará. Nos como programadores, teremos que saber que queremos facer cando cambie unha determinada key e chamar ao método correspondente.


  • Como con todas as interfaces temos que facer que a clase 'SettingsFragment' se rexistre para capturar este tipo de eventos.
Para facelo podemos sobreescribir os métodos onResume() para rexistrarse e o método un Pause() para desrexistrarse:
 1     public static class SettingsFragment extends PreferenceFragment implements SharedPreferences.OnSharedPreferenceChangeListener {
 2         @Override
 3         public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 4             super.onCreate(savedInstanceState);
 5             // Load the preferences from an XML resource
 6             addPreferencesFromResource(R.xml.pantalla_preferencias_ud06_03);
 7         }
 8 
 9         @Override
10         public void onResume() {
11             super.onResume();
12             getPreferenceScreen().getSharedPreferences().registerOnSharedPreferenceChangeListener(this);
13         }
14 
15         @Override
16         public void onPause() {
17             super.onPause();
18             getPreferenceScreen().getSharedPreferences().unregisterOnSharedPreferenceChangeListener(this);
19         }
20 
21         @Override
22         public void onSharedPreferenceChanged(SharedPreferences sharedPreferences, String key) {
23             Toast.makeText(getActivity(),"Cambiada a propiedade " + key + " ao valor " + sharedPreferences.getString(key,""),Toast.LENGTH_LONG).show();
24             //((UD06_03_DatosPersistentes_PantallaPreferencias)getActivity()).valorCambiado();    // Podemos chamar a un método da Activity
25         }
26     }
27     public void valorCambiado(){
28         Toast.makeText(this,"valor cambiado",Toast.LENGTH_SHORT).show();
29     }
30 
31     @Override
32     public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
33         // TODO Auto-generated method stub
34         super.onCreate(savedInstanceState);
35         getFragmentManager().beginTransaction().replace(android.R.id.content,
36                 new SettingsFragment()).commit();
37     }
38 }






-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).