Diferencia entre revisiones de «PDM Avanzado Permisos AndroidManifiest.xml»
Línea 31: | Línea 31: | ||
* A lista de permisos considerados perigosos é: | * A lista de permisos considerados perigosos é: | ||
− | <syntaxhighlight lang="java" | + | <syntaxhighlight lang="java" enclose="div" highlight=""> |
READ_CALENDAR | READ_CALENDAR | ||
WRITE_CALENDAR | WRITE_CALENDAR |
Revisión del 17:36 5 nov 2019
Sumario
Introdución
Como xa sabedes cando facemos algunha aplicación que necesite permisos especiais, é necesario engadir ditos permisos ao arquivo AndroidManifiest.xml.
A partires da API 23, Android incorpora outro nivel de seguridade, de tal forma que agora, a maiores, teremos que solicitar dito permiso a nivel de programación.
Nese momento, ao usuario apareceralle un diálogo no que se lle solicitará o seu permiso para que a aplicación faga uso do recurso.
Isto só se aplica a permisos denominados perigosos (o veremos a continuación) e executando a aplicación nun dispositivo cunha versión Android 6.0 e un targetSDK 23.
En caso contrario, o permiso o pedirá como ata o de agora, no momento da instalación.
Máis información en:
- http://developer.android.com/training/permissions/requesting.html
- http://developer.android.com/guide/topics/security/permissions.html
Tipos de permisos
- Podedes consultar a lista completa de permisos que poden ir no AndroidManifiest.xml neste enlace.
- En Android teremos dous tipos de permisos:
- Normais: permisos que non afectan á privacidade do usuario. Estes só teñen que estar incluídos no arquivo androidmanifiest.xml.
- Perigosos: permisos que poden afectar a privacidade do usuario e teñen que ser permitidos polo usuario no momento que se necesiten por parte da aplicación.
- A lista de permisos considerados perigosos é:
READ_CALENDAR
WRITE_CALENDAR
CAMERA
READ_CONTACTS
WRITE_CONTACTS
GET_ACCOUNTS
ACCESS_FINE_LOCATION
ACCESS_COARSE_LOCATION
RECORD_AUDIO
READ_PHONE_STATE
READ_PHONE_NUMBERS
CALL_PHONE
ANSWER_PHONE_CALLS
READ_CALL_LOG
WRITE_CALL_LOG
ADD_VOICEMAIL
USE_SIP
PROCESS_OUTGOING_CALLS
BODY_SENSORS
SEND_SMS
RECEIVE_SMS
READ_SMS
RECEIVE_WAP_PUSH
RECEIVE_MMS
READ_EXTERNAL_STORAGE
WRITE_EXTERNAL_STORAGE
- Para facer uso dun permiso 'considerado' perigoso, teremos que pedir autorización ao usuario.
- Nota: Isto só é aplicable a aplicacións cun TargetSDK >=23 e executadas nun dispositivo cunha API 23 ou superior (Android 6.0).
Comprobando se temos o permiso
O permiso non é necesario pedilo sempre. Con tal de que o dea a primeira vez xa queda 'gardado'. Polo tanto podemos chequear se xa temos o permiso do usuario.
Neste exemplo estamos a solicitar un permiso para chamar por teléfono.
Previamente teríamos que ter posto no androidmanifiest.xml o permiso correspondente:
1 <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
O código dentro da activity:
1 if (Build.VERSION.SDK_INT>=23){
2 int permiso = checkSelfPermission(Manifest.permission.CALL_PHONE);
3 if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
4 // TEMOS O PERMISO
5 }
6 else{
7 // NON TEMOS O PERMISO TEREMOS QUE SOLICITALO
8 }
9 }
- Liña 1: Comprobamos que a versión é a API 23. Isto é necesario se temos un minSDK inferior á 23.
- Liña 2: Chamamos ao método checkSelfPermission, que devolve un número que nos vai a indicar se temos o permiso.
- Liña 3: Comprobamos se temos o permiso (granted ou denied).
Neste código suponse que a activity deriva da clase Activity e non dunha AppCompatActivity (librerías de compatibilidade). Se é o caso, o código varía un pouco:
1 if (Build.VERSION.SDK_INT>=23){
2 int permiso = ContextCompat.checkSelfPermission(this,Manifest.permission.CALL_PHONE);
3 if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
4 // TEMOS O PERMISO
5 }
6 else{
7 // NON TEMOS O PERMISO TEREMOS QUE SOLICITALO
8 }
9 }
Solicitando o permiso
Para solicitar o permiso temos que chamar a un método que dará como resultado a visualización dunha caixa de diálogo;
O resultado dese diálogo vai ir a o método onRequestPermissionsResult. Como podemos ter varios permisos diferentes, podemos enviar un código asociado a dita solicitude para que despois poidamos distinguir cal foi o permiso concedido ou denegado por parte do usuario.
Exemplo de código:
1 // Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es
2 private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1;
3
4 public void pedirPermiso(){
5
6 requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
7
8 }
9
10 @Override
11 public void onRequestPermissionsResult(int requestCode, String permissions[], int[] grantResults) {
12
13 switch (requestCode) {
14 case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
15 // Se o usuario premeou o boton de cancelar o array volve cun null
16 if (grantResults.length > 0
17 && grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
18 // PERMISO CONCEDIDO
19 } else {
20 // PERMISO DENEGADO
21 Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO PARA CHAMAR POR TELÉFONO",Toast.LENGTH_LONG).show();
22 }
23 return;
24 }
25
26 // Comprobamos os outros permisos
27
28 }
29 }
- Liña 6: Solicitamos o permiso enviado un código asociado (valor 1)
- Liña 11: Aquí chega a resposta do usuario.
- Liñas 15-22: Xestionamos que o usuario concedera ou non o permiso.
No caso de utilizar unha AppCompactActivity, o código sería:
1
2 public void pedirPermiso(){
3
4 ActivityCompat.requestPermissions(this, new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
5
6 }
Caso práctico
O obxectivo desta práctica e ver pedir un permiso ao S.O. Android de tipo 'perigoso'. Concretamente para chamar a un número de teléfono.
Consta dun botón no que se chamará a un número prefixado.
Creamos a activity
- Nome do proxecto: UD12_01_Permisos
- Nome da activity: UD12_01_Permisos.java
Código do layout xml
1 <RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
2 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools" android:layout_width="match_parent"
3 android:layout_height="match_parent" android:paddingLeft="@dimen/activity_horizontal_margin"
4 android:paddingRight="@dimen/activity_horizontal_margin"
5 android:paddingTop="@dimen/activity_vertical_margin"
6 android:paddingBottom="@dimen/activity_vertical_margin"
7 tools:context="es.cifprodolfoucha.angelfernandez.myapplication.UD08_01_Permisos">
8
9 <Button
10 android:layout_width="wrap_content"
11 android:layout_height="wrap_content"
12 android:text="Chamar por teléfono"
13 android:id="@+id/UD12_01_btnChamar"
14 android:layout_alignParentTop="true"
15 android:layout_centerHorizontal="true" />
16 </RelativeLayout>
Código da clase UD12_01_Permisos
Obxectivo: Solicitar un permiso para un dispositivo Android 6.0 e un targetSDK>=23.
Nota: Non se utilizan bibliotecas de compatibilidade.
1 public class UD08_01_Permisos extends Activity {
2
3 // Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es
4 private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1;
5
6 private void chamarTelefono(){
7 Intent callIntent = new Intent(Intent.ACTION_CALL);
8 callIntent.setData(Uri.parse("tel:123456789"));
9 startActivity(callIntent);
10 }
11
12 private void xestionarEventos(){
13
14 Button boton = (Button)findViewById(R.id.UD12_01_btnChamar);
15 boton.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
16 @Override
17 public void onClick(View view) {
18
19 if (Build.VERSION.SDK_INT>=23){
20 int permiso = checkSelfPermission(Manifest.permission.CALL_PHONE);
21 if (permiso ==PackageManager.PERMISSION_GRANTED){
22 chamarTelefono();
23 }
24 else{
25 UD08_01_Permisos.this.requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.CALL_PHONE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
26 }
27
28 }
29 }
30 });
31
32
33 }
34 @Override
35 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
36 super.onCreate(savedInstanceState);
37 setContentView(R.layout.activity_telefono_carrion);
38
39
40 xestionarEventos();
41
42 }
43
44 @Override
45 public void onRequestPermissionsResult(int requestCode,
46 String permissions[], int[] grantResults) {
47 switch (requestCode) {
48 case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
49 // If request is cancelled, the result arrays are empty.
50 if (grantResults.length > 0
51 && grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
52 chamarTelefono();
53 } else {
54
55 Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO PARA CHAMAR POR TELÉFONO",Toast.LENGTH_LONG).show();
56 }
57 return;
58 }
59
60 // other 'case' lines to check for other
61 // permissions this app might request
62 }
63 }
64
65 @Override
66 public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
67 // Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
68 getMenuInflater().inflate(R.menu.menu_telefono_carrion, menu);
69 return true;
70 }
71
72 @Override
73 public boolean onOptionsItemSelected(MenuItem item) {
74 // Handle action bar item clicks here. The action bar will
75 // automatically handle clicks on the Home/Up button, so long
76 // as you specify a parent activity in AndroidManifest.xml.
77 int id = item.getItemId();
78
79 //noinspection SimplifiableIfStatement
80 if (id == R.id.action_settings) {
81 return true;
82 }
83
84 return super.onOptionsItemSelected(item);
85 }
86 }
-- Ángel D. Fernández González --2015