Diferencia entre revisiones de «PDM Fab»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Imaxe obtida deste enlace
Línea 13: | Línea 13: | ||
: Este e outros compoñentes se atopan na librería '''Android Design Support Library''', coma por exemplo [https://material.io/components/snackbars/ SnackBar]. | : Este e outros compoñentes se atopan na librería '''Android Design Support Library''', coma por exemplo [https://material.io/components/snackbars/ SnackBar]. | ||
: Fixarse como ao empregar dito compoñente debemos ter no '''build.gradle (a nivel de módulo)''' dita librería: | : Fixarse como ao empregar dito compoñente debemos ter no '''build.gradle (a nivel de módulo)''' dita librería: | ||
− | [[Imagen:PDM_Fab_4.jpg| | + | [[Imagen:PDM_Fab_4.jpg|450px|center]] |
Revisión del 10:16 13 oct 2019
Introdución
- Máis información en:
- Este tipo de botón foi engadido a partires da versión 22 de Android (Android 5) e graficamente ten un aspecto redondo cunha icona no centro.
- Este e outros compoñentes se atopan na librería Android Design Support Library, coma por exemplo SnackBar.
- Fixarse como ao empregar dito compoñente debemos ter no build.gradle (a nivel de módulo) dita librería:
- Segundo a guía de Material Design ten que ter unha elevación de 6dp´s e un tamaño de 56dp´s na súa versión por defecto podendo ter un tamaño de 40x40dp´s cando o ancho da pantalla sexa inferior a 460dp´s. Existen outras series de especificación sobre o tamaño da icona,...que podedes consultar neste enlace.
- Normalmente non se debe empregar máis de un Fab en cada activity xa que dito Fab vai representar unha acción principal ou unha acción habitual da activity.
- Podemos ver nesta imaxe exemplo de uso correctos e incorrectos do FAB, obtidas deste enlace:
- Existen dous tipos de Fabs: standard e extended.
- Podedes consultar as características de cada un deles no enlace anterior.
- No caso do Standard, non se debe empregar texto dentro do Fab e se ten que empregar unha icona que sexa representativa da acción que se vai facer.
Funcionamento e atributos básicos
- Tamaño do Fab: : Propiedade app:fabsize a cal acepta os valores 'normal','mini' e 'auto' ou ben por programación chamando ao método setSize().
- RippleColor: Efecto de cambio de cor do Fab ao premer nel. Un exemplo neste enlace. Propiedade app:rippleColor o por programación setRippleColor().
- Icona do Fab: Cambiando a propiedade android:src o por programación chamando ao método setImageDrawable().
- A xestión do evento Click sobre o botón faise igual que noa caso dos Buttons como xa vimos anteriormente nesta wiki.
-- Ángel D. Fernández González - (2019)