Diferencia entre revisiones de «PDM Xestión de Eventos»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 107: Línea 107:
 
* Dentro do paquete '''Eventos''' crear unha nova 'Empty Activity' de nome: '''UD02_01_Eventos''' de tipo Launcher e sen compatibilidade.
 
* Dentro do paquete '''Eventos''' crear unha nova 'Empty Activity' de nome: '''UD02_01_Eventos''' de tipo Launcher e sen compatibilidade.
 
: Modifica o arquivo '''AndroidManifiest.xml''' e engade unha label á activity como [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PDM_Creando_proxecto_base xa vimos na creación do proxecto base].
 
: Modifica o arquivo '''AndroidManifiest.xml''' e engade unha label á activity como [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PDM_Creando_proxecto_base xa vimos na creación do proxecto base].
 +
: <u>Lembrar que se estades a empregar as bibliotecas de compatibilidade (por defecto), '''a vosa activity derivará de AppCompactActivity''' e non de Activity</u>
 +
: Nos exemplos seguintes toda activity deriva de Activity, pero o normal é que empregedes AppCompactActivity (coidado ao copiar os exemplos).
  
  

Revisión del 08:21 25 oct 2020

Introdución


  • Nos móbiles, o usuario normalmente interactúa coas aplicacións tocando sobre a pantalla táctil.
Este tipo de eventos denomínanse Input Events.


  • A forma en que Android ten para xestionar os eventos é mediante o uso de Interfaces.
Este tipo de interface denomínanse xestores de eventos ou EventListener.
  • A idea é que aquela compoñente que se queira xestionar algún evento, terá que rexistrar a interface asociada para dito evento.
Unha vez rexistrada (iso se fai facendo uso dun método, o veremos a continuación) poderemos implementar o código da Interface, no que estarán definidos os métodos que conforman o evento a controlar.
Ditos métodos serán chamados polo S.O. Android cando se produza o evento sobre o compoñente gráfico.


  • Para xestionar os eventos de calquera compoñente gráfico teremos que dirixirnos a páxina dese compoñente e ver cales son as interfaces que pode implementar para xestionar os diferentes tipos de evento.
Se ides á paxina de referencia de AndroidDeveloper e escolledes a categoría de Android.View => Interfaces, podedes ver todos os eventos que poden xestionar os view e por extensión, calquera compoñente gráfico. Podedes consultar este enlace.
PDM eventos 1.jpg
  • Como dixemos antes, os eventos no que o usuario iteraciona son os Event Listener.
Estes eventos se atopan definidos en interfaces e dentro delas están definidos algún dos seguintes métodos:


PDM eventos 2.jpg
Imaxe obtida dende developer.android.com
Na imaxe anterior están suliñadas as interfaces asociadas a cada evento.
Neste enlace tedes os método que deberíamos empregar nun view para rexistrar algunha das interfaces anteriores.


  • Cabe indicar que poden producirse varios eventos 'á vez' e estes son xestionados por medio dunha cola FIFO.
Por exemplo, cando prememos unha lista na pantalla e mantemos premido durante un rato, normalmente aparece un menú emerxente con opcións sobre a lista.
Nese caso produciuse dous eventos: OnLongClick e Click sobre a lista. Primeiro se lanzará o 'Long Click' e despois o 'Click'.



Preparación proxecto

  • Partimos que xa temos creado o proxecto inicial como xa indicamos anteriormente.
  • Comezaremos creando un novo paquete de nome: Eventos.


  • Para informar ao usuario imos facer uso da clase Toast.
É un tipo de notificación e serve para amosar unha mensaxe curta que aparece e desaparece automaticamente. Non require intervención por parte do usuario.
PDM eventos 3.jpg
A forma mais sinxela de chamala é:
1    Toast.makeText(getApplicationContext(),"AVISO",Toast.LENGTH_LONG).show();
  • O primeiro parámetro é unha referencia ao contexto. O contexto é unha interface (todas as activities derivan dela) que nos vai servir para acceder aos recursos da aplicación.
Normalmente se obtén chamando ao método getApplicationContext()
  • O segundo parámetro é o texto que queremos amosar ao usuario.
Lembrade que no voso proxecto tedes que ter soporte para varios idiomas, polo tanto as mensaxes teñen que referenciarse da forma: R.string.
Se queremos gardar nunha variable local o valor dalgunha das cadeas de texto creadas en /res/values deberemos empregar o método getResources() da forma: String mensaxe = getResources().getString(R.string.app_name);
  • O terceiro parámetro é o tempo que vai amosarse a mensaxe. Pode ser Toast.LENGTH_LONG ou Toast.LENGTH_SHORT
  • Por último se chama ao método show() do obxecto creado para amosar a mensaxe.


Nota: Nos exemplos seguintes vaise facer uso da interface que xestionar os eventos de click sobre os botóns, pero os conceptos e como facelo se pode aplicar a calquera tipo de evento.



Empregando Listeners

  • Un Event Listener é unha interface da clase Vista (View) que contén un único método de tipo callback que hai que implementar
  • Android invoca estes métodos cando a Vista detecta que o usuario está provocando un tipo concreto de interacción con ese elemento da interface de usuario.

Existen os seguintes métodos callback:

    • onClick(): de View.OnClickListener. Este método invócase cando o usuario toca un elemento cun dedo (modo contacto), fai click coa bola de navegación (TrackBall) do dispositivo ou preme a tecla "Enter" estando nun compoñente.
    • onLongClick(): de View.OnLongClickListener. Este método chámase cando o usuario toca e mantén o dedo sobre un elemento (modo de contacto), fai click sen soltar coa bola de navegación (TrackBall) ou preme a tecla "Enter" perante un segundo estando nun elemento.
    • onFocusChange(): de View.OnFocusChangeListener. Invócase cando o usuario move o cursor cara unha Vista ou se afasta desta utilizando a bola de navegación ou usando as teclas de navegación.
    • onKey(): de View.OnKeyListener. Chámase cando o usuario se centra nun elemento e preme ou libera una tecla do dispositivo.
    • ...


  • Estes métodos son os únicos que se van implementar nas súas respectivas interfaces.
  • Estas interfaces teñen o formato: on...Listener()
  • Unha vez que temos implementada a interface témoslla que pasar como parámetro á vista (view) correspondente a través de vista.set...Listener().
  • Lembrar que en java os interfaces son clases abstractas que so definen os atributos e métodos (cos parámetros) que vai ter esa clase pero non os implementa. Por tanto sempre que se implemente unha interface hai que implementar os métodos que define.
  • Neste caso a interface View.OnClickListener está definida como segue: http://developer.android.com/reference/android/view/View.OnClickListener.html
1 public static interface View.OnClickListener {
2 public abstract void onClick (View v);
3 }
  • Neste exemplo, cando implementemos a interface View.OnClickListener debemos implementar o método onClick.
  • A continuación, a modo de exemplo, imos ver 3 formas de implementar esta interface. O que se faga con esta pódese facer dun xeito semellante con calquera outra.



Xestión Eventos: Empregando Clases anónimas

  • Dentro do paquete Eventos crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD02_01_Eventos de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
Lembrar que se estades a empregar as bibliotecas de compatibilidade (por defecto), a vosa activity derivará de AppCompactActivity e non de Activity
Nos exemplos seguintes toda activity deriva de Activity, pero o normal é que empregedes AppCompactActivity (coidado ao copiar os exemplos).


  • Como dixemos na introdución, temos que rexistar unha interface cun view, enviando como dato un obxecto que implemente dita interface.
Podemos pasarlle como parámetro ao escoitador o código que implementa o obxecto. Deste xeito, non se crea nin unha clase nin un obxecto de modo explícito ao que se lle asocia un nome. Senón que se crea un obxecto de tipo OnClickListener ao que non se lle asocia ningún nome, de aí de anónimo.


  • Para xestionar calquera dos eventos temos que asociar dito evento ao view, por medio do rexistro dunha das interfaces anteriores, onde estará definido o método ao que o S.O. chamará cando se produza o evento.
Para iso podemos facer uso das Clases anónimas.
A forma de implementar de forma anónima unha interface é: obxectoView.setXXXXXXListener(new XXXXXXXListener(){ ....................});
  • Como vemos teremos:
  • Ter unha referencia ao view sobre o que queremos xestionar o evento.
  • Chamar ao método setXXXXInterface, por exemplo, setOnCLickListener sería o evento para xestionar o evento de click sobre un botón.
  • Dito método espera como parámetro un obxecto dunha clase que implemente a interface. No noso caso faremos uso das clases anónimas e faremos un new XXXXXXXListener, é dicir, da interface. No caso anterior do botón, a interface se chama OnClickListener (mirar imaxe anterior).
  • Ao facer o new, automaticamente o AndroidStudio implementa os métodos da Interface. No caso do exemplo, o método onClick.


Vexamos un exemplo.
  • Imos facer unha activity cun botón e imos xestionar o seu evento de 'click' amosando unha mensaxe (notificación) de tipo Toast.
PDM eventos 9.jpg


Código XML do layout da activity:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Eventos.UD02_01_Eventos">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnAceptar_UD02_01"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginBottom="8dp"
14         android:layout_marginEnd="8dp"
15         android:layout_marginStart="8dp"
16         android:layout_marginTop="8dp"
17         android:text="Button"
18         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
19         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
20         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
21         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
22 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
Temos un botón de nome btnAceptar_UD02_01.
Nota: Na vosa práctica os controis terán un esquema de nomeamento parecido a este.
  • Agora no código da Activity faremos os pasos indicados para xestionar o evento Click():


Sempre despois da chamada a setContentView do método onCreate (que é onde asociamos o layout á activity):
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Eventos;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.widget.Button;
 6 
 7 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 8 
 9 public class UD02_01_Eventos extends Activity {
10 
11     @Override
12     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
13         super.onCreate(savedInstanceState);
14         setContentView(R.layout.activity_ud02_01__eventos);
15 
16         // Obtemos a referencia ao botón por medio do método findViewById
17         Button btnAceptar = findViewById(R.id.btnAceptar_UD02_01);
18         
19 
20     }
21 }
Facemos uso do método findViewById para obter unha referencia ao botón.
Como parámetro leva un número. Este o obtemos da clase R (comentada en anteriores puntos) a cal cada vez que compilamos a aplicación, asocia cada recurso do cartafol /res cun número.
Por iso é importante que o nome do control gráfico (o botón neste caso) sexa identificativo, xa que podemos facer referencia a controis de outras activities e polo tanto teríamos un valor null para o control.


Nota: Ao facer 'enter' no Android Studio cando sea o nome da interface, xa xera automaticamente os métodos da mesma.
 1 public class UD02_01_Eventos extends Activity {
 2 
 3     @Override
 4     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 5         super.onCreate(savedInstanceState);
 6         setContentView(R.layout.activity_ud02_01__eventos);
 7 
 8         // Obtemos a referencia ao botón por medio do método findViewById
 9         Button btnAceptar = findViewById(R.id.btnAceptar_UD02_01);
10         btnAceptar.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
11             @Override
12             public void onClick(View v) {
13                 
14             }
15         });
16 
17     }
18 }


  • Agora dentro do método onClick poderemos poñer o código que queiramos.
Comentar que dito método leva como parámetro un obxecto da clase View que é o obxecto que ten rexistrado o evento e sobre o cal se fixo o evento (neste caso o botón).
Podemos facer un cast de dito obxecto para acceder a todas as propiedades e métodos do botón, aínda que no caso das interfaces anónimas non ten moito sentido xa que, como no exemplo, podemos acceder a btnAceptar que é o botón.
1         btnAceptar.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
2             @Override
3             public void onClick(View v) {
4 
5                 Button btn = (Button)v;    // Sería o mesmo que btnAceptar
6                 Toast.makeText(getApplicationContext(),"Botón pulsado: "+ btn.getText(),Toast.LENGTH_LONG).show();
7             }
8         });


  • Aviso: Se elixides esta forma de xestionar os eventos, deberedes de facelo nun método aparte onde estean as chamadas a setOnClickListener, e chamalo dende o método onCreate.




Xestión Eventos: Implementado a interface na Activity

  • A segunda opción sería a de crear unha clase que implemente dita interface (no exemplo, ActionListener) e pasarlle un obxecto de dita clase ao método setOnClickListener.
De forma máis rápida podemos implementar dita interface na propia activity.


Vexamos un exemplo.
  • Dentro do paquete Eventos crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD02_02_Eventos de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.


  • Imos facer unha activity cun botón e imos xestionar o seu evento de 'click' amosando unha mensaxe (notificación) de tipo Toast, como fixemos antes, pero implementando o código doutra forma.
PDM eventos 9.jpg


Código XML do layout da activity:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Eventos.UD02_01_Eventos">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnAceptar_UD02_02"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginBottom="8dp"
14         android:layout_marginEnd="8dp"
15         android:layout_marginStart="8dp"
16         android:layout_marginTop="8dp"
17         android:text="Button"
18         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
19         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
20         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
21         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
22 </android.support.constraint.ConstraintLayout>


  • Agora no código da clase implementamos a interface (coidado coa Interface ClickListener.
Ao empezar a escribir o noma da interface o asistente amosará diversas opcións.
PDM eventos 5.jpg

Debemos escoller a que deriva da clase View

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Eventos;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.view.View;
 6 
 7 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 8 
 9 public class UD02_02_Eventos extends Activity implements View.OnClickListener {
10 
11     @Override
12     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
13         super.onCreate(savedInstanceState);
14         setContentView(R.layout.activity_ud02_02__eventos);
15     }
16 }
Vos dará un erro:


  • O código da clase queda como segue:
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Eventos;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.view.View;
 6 import android.widget.Button;
 7 import android.widget.Toast;
 8 
 9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10 
11 
12 public class UD02_02_Eventos extends Activity implements View.OnClickListener {
13 
14     @Override
15     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
16         super.onCreate(savedInstanceState);
17         setContentView(R.layout.activity_ud02_02__eventos);
18     }
19 
20     @Override
21     public void onClick(View v) {
22 
23         Toast.makeText(getApplicationContext(),"Botón pulsado: "+ ((Button)v).getText(),Toast.LENGTH_LONG).show();
24 
25     }
26 }
Fixarse como agora estou a facer un cast sobre o obxecto v sen necesidade de ter unha variable intermedia como fixemos antes.


  • Agora queda rexistrar esta clase como a que vai xestionar os eventos do botón:
1     @Override
2     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
3         super.onCreate(savedInstanceState);
4         setContentView(R.layout.activity_ud02_02__eventos);
5 
6 
7         Button btnAceptar = findViewById(R.id.btnAceptar_UD02_02);  // Lembrar poñer o botón 2. Se poñedes o 1 btnAceptar vale null
8         btnAceptar.setOnClickListener(this);
9     }


  • Nota: Se empregamos varios botóns e rexistramos os seus eventos de click, todos irán ao mesmo método.
Para diferenciar un doutro faremos uso do id asociado ao view, da forma v.id (sendo v o obxecto da clase View que está definido como parámetro no método onClick).




Xestión Eventos: Implementado a interface nunha clase separada

  • Neste caso crearíamos unha clase que implemente a interface da forma:
 1 public class XestionEventos implements View.OnClickListener {
 2 
 3 	@Override
 4 	public void onClick(View v) {
 5 		// TODO Auto-generated method stub
 6 		
 7 		Button btn = (Button) v;
 8 		Toast.makeText(v.getContext(), "Premeches "+btn.getText(), Toast.LENGTH_SHORT).show();
 9 	}
10 }
  • Liña 8: Fixarse que dentro desta clase o Context non existe, xa que non estamos nunha Activity. Para obter o Context temos que valernos do View que ven como parámetro e que representa o View que provocou o evento.


  • Agora na Activity, rexistraríamos os eventos dos views da seguinte forma:
1 XestionEventos xestionEventos = new XestionEventos();
2 Button boton3 = (Button) findViewById(R.id.boton3);
3 boton3.setOnClickListener(xestionEventos );
4 
5 Button boton4 = (Button) findViewById(R.id.boton4);
6 boton4.setOnClickListener(xestionEventos );
  • Observar a Liña 1 como se crea un obxecto da clase XestionEventos que implementa a interface e despois se asocia cada botón a dito obxecto.
Esta forma é un engorro, pois non temos acceso a Activity (non directamente) polo que non podemos empregar as propiedades definidas nela.



Xestión Eventos: Implementado a interface nun obxecto dentro da Activity

  • As interfaces non deixan de ser clases, polo que podemos crear un obxecto de dita clase dentro da Activity da forma:
  • _OnClickLister é un obxecto de tipo OnClickListener. Liñas 41-48 de arriba.
1     private View.OnClickListener _OnClickListener = new View.OnClickListener() {
2 
3         @Override
4         public void onClick(View v) {
5             Button btn = (Button) v;
6             Toast.makeText(v.getContext(), "Premeches" + btn.getText(), Toast.LENGTH_SHORT).show();
7         }
8     };


  • Pasamos ese obxecto ás vistas que desexemos cando se faga Click nelas.
1 		Button boton5 = (Button) findViewById(R.id.boton5);
2 		boton5.setOnClickListener(_OnClickListener);
3 
4 		Button boton6 = (Button) findViewById(R.id.boton6);
5 		boton6.setOnClickListener(_OnClickListener);



Múltiples views cara o mesmo evento

  • Na opcións anteriores, podemos ter varios views asociados ao mesmo método.
Dentro de dito método teremos que ter algunha forma de diferenciar uns botóns de outros.
Podemos empregar o id botón.
Vexamos un exemplo.
  • Dentro do paquete Eventos crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD02_03_Eventos de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
  • O obxectivo desta práctica é a de poñer tres botóns e unha caixa de texto.
O texto da caixa de texto cambiará en función do botón premido.


PDM eventos 10.jpg


Código XML do layout da activity:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Eventos.UD02_03_Eventos">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnAceptar1_UD02_03"
11         android:layout_width="126dp"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginBottom="8dp"
14         android:layout_marginStart="8dp"
15         android:layout_marginTop="8dp"
16         android:text="Button1"
17         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
18         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
19         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent"
20         app:layout_constraintVertical_bias="0.18" />
21 
22     <Button
23         android:id="@+id/btnAceptar2_UD02_03"
24         android:layout_width="126dp"
25         android:layout_height="wrap_content"
26         android:layout_marginEnd="8dp"
27         android:layout_marginStart="8dp"
28         android:text="Button2"
29         app:layout_constraintEnd_toStartOf="@+id/btnAceptar3_UD02_03"
30         app:layout_constraintStart_toEndOf="@+id/btnAceptar1_UD02_03"
31         app:layout_constraintTop_toTopOf="@+id/btnAceptar1_UD02_03" />
32 
33     <Button
34         android:id="@+id/btnAceptar3_UD02_03"
35         android:layout_width="127dp"
36         android:layout_height="wrap_content"
37         android:layout_marginEnd="8dp"
38         android:text="Button3"
39         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
40         app:layout_constraintTop_toTopOf="@+id/btnAceptar2_UD02_03" />
41 
42     <TextView
43         android:id="@+id/txtMensaxe_UD02_03"
44         android:layout_width="wrap_content"
45         android:layout_height="wrap_content"
46         android:layout_marginBottom="8dp"
47         android:layout_marginEnd="8dp"
48         android:layout_marginStart="8dp"
49         android:layout_marginTop="8dp"
50         android:text="Mensaxe de texto"
51         android:textSize="18sp"
52         android:textStyle="bold"
53         app:layout_constraintBottom_toTopOf="@+id/btnAceptar2_UD02_03"
54         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
55         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
56         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
57 </android.support.constraint.ConstraintLayout>


  • Código da activity:
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Eventos;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.graphics.Color;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.TextView;
 8 
 9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10 
11 public class UD02_03_Eventos extends Activity implements View.OnClickListener {
12 
13     /**
14      * Asociamos os eventos de click dos botóns á activity
15      */
16     private void xestionarEventos(){
17         findViewById(R.id.btnAceptar1_UD02_03).setOnClickListener(this);
18         findViewById(R.id.btnAceptar2_UD02_03).setOnClickListener(this);
19         findViewById(R.id.btnAceptar3_UD02_03).setOnClickListener(this);
20     }
21 
22     @Override
23     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
24         super.onCreate(savedInstanceState);
25         setContentView(R.layout.activity_ud02_03__eventos);
26 
27         // Non o facemos directamente sobre o onCreate
28         xestionarEventos();
29     }
30 
31     @Override
32     public void onClick(View v) {
33 
34         // Como en todos eles imos modificar a caixa de texto, obtemos a referencia aquí.
35         TextView caixaTexto = findViewById(R.id.txtMensaxe_UD02_03);
36         switch (v.getId()){
37 
38             case R.id.btnAceptar1_UD02_03:
39                 caixaTexto.setText(("Ben feito. Pulsaches o botón 1"));
40                 caixaTexto.setTextColor(Color.BLUE);
41                 break;
42 
43             case R.id.btnAceptar2_UD02_03:
44                 caixaTexto.setText(("Non está mal. Pulsaches o botón 2"));
45                 caixaTexto.setTextColor(Color.YELLOW);
46                 break;
47             case R.id.btnAceptar3_UD02_03:
48                 caixaTexto.setText(("Fatal. Pulsaches o botón 3"));
49                 caixaTexto.setTextColor(Color.GRAY);
50                 break;
51         }
52 
53     }
54 }
  • Liña 28: Para non ter todo o código no onCreate, o poñemos nun método separado.
  • Liñas 16-20: Método private e documentado (tedes que documentar todos os métodos creados por vos) on se indica por cada botón que clase vai xestionar o evento de click.
  • Liñas 31-51: Xestión dos eventos. Ao método van chegar 3 views diferentes ao parámetro v (cada un dos botóns). Como vemos a nivel de programación podemos referenciar calquera view e cambiar as súas propiedades.




Xestión Eventos: Opción-Dende o layout

  • É a forma máis sinxela de desencadear unha acción.
Non é moi aconsellable xa que estamos mesturando a vista (é dicir, o deseño do layout) coa forma de controlar os eventos.
  • Consiste en poñer como propiedade do view no layout o seguinte:android:onClick="nome_método"
No nome do método é o nome que terá que definirse no código do activity.
Soamente hai que poñer o nome, sen parámetros de ningún tipo.
  • No código da activity hai que definir un método:
  • Con modificador de acceso 'public'
  • Que non devolva nada: 'void'
  • Có mesmo nome que está empregado no layout.
  • Cun parámetro de tipo view, que será o view que provocou o evento
1 public void nomeMétodo(View v){
2 
3 }


Vexamos un exemplo.
  • Dentro do paquete Eventos crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD02_04_Eventos de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.



  • Código XML do layout:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Eventos.UD02_04_Eventos">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnAcep1_UD02_04_Event"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginStart="8dp"
14         android:layout_marginTop="8dp"
15         android:text="Aceptar 1"
16         android:onClick="pulsarBoton"
17         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
18         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
19 
20     <Button
21         android:id="@+id/btnAcep2_UD02_04_Event"
22         android:layout_width="wrap_content"
23         android:layout_height="wrap_content"
24         android:layout_marginEnd="8dp"
25         android:layout_marginTop="8dp"
26         android:text="Aceptar 2"
27         android:onClick="pulsarBoton"
28         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
29         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
30 
31     <TextView
32         android:id="@+id/txtResultado_UD02_04_Event"
33         android:layout_width="wrap_content"
34         android:layout_height="wrap_content"
35         android:layout_marginBottom="8dp"
36         android:layout_marginEnd="8dp"
37         android:layout_marginStart="8dp"
38         android:layout_marginTop="8dp"
39         android:text="Este é un texto de proba"
40         android:textSize="36sp"
41         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
42         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
43         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
44         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
45 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



  • O código da activity:
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Eventos;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.graphics.Color;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.TextView;
 8 
 9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10 
11 public class UD02_04_Eventos extends Activity {
12 
13     public void pulsarBoton(View v){
14         final TextView texto = findViewById(R.id.txtResultado_UD02_04_Event);
15         switch (v.getId()){
16             case R.id.btnAcep1_UD02_04_Event:
17                 texto.setTextColor(Color.YELLOW);
18                 break;
19             case R.id.btnAcep2_UD02_04_Event:
20                 texto.setTextColor(Color.BLUE);
21         }
22     }
23 
24     @Override
25     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
26         super.onCreate(savedInstanceState);
27         setContentView(R.layout.activity_ud02_04__eventos);
28     }
29 }



-- Ángel D. Fernández González -- (2018).