PHP Linguaxes de xeración de páxinas web dinámicas do lado de servidor
Sumario
Introdución
- As linguaxes de script no lado servidor son 'anacos' de código que se executan no computador onde está instalado o servidor web e que como resultado de dita execución poden xerar código HTML que se xunta ao código HTML da páxina para xerar un resultado que é o que o servidor web envía ao usuario e visualiza no seu navegador.
- Algunhas linguaxes son interpretados e outras teñen unha compilación previa que mellora o seu rendemento.
ASP
- Active Server Page: https://es.wikipedia.org/wiki/Active_Server_Pages
- Exemplo de código:
1 <html> 2 <body> 3 <% Response.Write ("Hola Mundo") %> 4 </body> 5 </html>
- Características principais:
- Tecnoloxía de Microsoft que se integra no seu servidor web Internet Information Server (IIS).
- Linguaxe interpretado.
- Existen 3 versións:
- ASP 1.0 (distribuído con IIS 3.0)
- ASP 2.0 (distribuído con IIS 4.0)
- ASP 3.0 (distribuído con IIS 5.0)
- ASP.NET (parte da plataforma .NET de Microsoft), esta versión é totalmente diferente e será analizada posteriormente.
JSP
- Java Server Pages: https://es.wikipedia.org/wiki/JavaServer_Pages
- Exemplo de código:
1 <%@ page language='java' contentType='text/html;charset=iso-8859-1'%> 2 <%@ page import='java.util.Date' %> 3 <html> 4 <head> 5 <title>Hola Mundo</title> 6 </head> 7 <body> 8 <p>Hola, esto es una página JSP.</p> 9 <p>La hora del servidor es <%= new Date() %></p> 10 </body> 11 </html>
- Características principais:
- Utiliza linguaxe de programación Java.
- Necesita un servidor web compatible con servlets. Isto é así xa que cando se invoca a un JSP 'tradúcese' a código servlet.
- Un servlet é unha clase que se atopa no servidor web e permite xerar código HTML dinámico que será enviado a o cliente. Tamén poden usarse para ampliar as funcionalidades dun servidor web, como por exemplo pode ser chamado directamente e mandarlle datos para engadir unha nova fila a unha base de datos.
- Exemplos de servidores web compatibles con servlet:
- JSP realiza unha compilación previa como se fose unha clase Java. Posteriormente a máquina virtual de Java compilará a código máquina as partes que sexan requiridas polo usuario.
- Ao estar previamente compilada, fai que o seu desempeño sexa mellor que outras tecnoloxías no que se interpreta o código (ASP e PHP)
- Ao estar baseado en Java, podemos crear aplicacións cun único linguaxe e 'separar' por capas o desenvolvemento da mesma deixando a parte web a JSP.
- Execútanse nunha Máquina Virtual de Java polo que vai poder ser executado en calquera máquina no que exista a máquina virtual.
- Son persistentes no tempo, quere isto dicir, que cando se invocan quedan en memoria cargados ata a seguinte petición. Non é necesario volver a cargalos.
PHP
- Pre Hypertext -processor: https://es.wikipedia.org/wiki/PHP
- Exemplo de código:
1 <!DOCTYPE html> 2 <html lang="es"> 3 <head> 4 <meta charset="UTF-8" /> 5 <title> Ejemplo básico PHP</title> 6 </head> 7 <body> 8 <?php 9 echo 'Hola mundo'; 10 ?> 11 </body> 12 </html>
- Características principais:
- Linguaxe de programación de propósito xeral.
- Aínda que maioritariamente se use para xerar páxinas web dinámicas e acceso a base de datos, pode utilizarse para xerar outro tipo de aplicacións, como xeradores de scripts,...Agora se pode 'executar' unha páxina php dende o propio equipo sen necesidade de usar un servidor web.
- O código é interpretado. Necesita ter instalado un módulo PHP que 'procese' a parte de código php e xere un resultado.
- Practicamente todos os S.O. teñen soporte para instalar un servidor web con PHP.
- Temos 'paquetes' de software no que xa veñen integrado o servidor web, soporte para php e servidor mysql de base de datos. O máis coñecido é XAMPP (Lampp é a versión para Linux).
- Podedes descargar ditos paquetes e outros no seguinte enlace.
- PHP considérase unha das linguaxes más flexibles e potentes.
ASP.NET
- Quixen poñer esta tecnoloxía separadamente.
- As tecnoloxías anteriores se basean en 'inserir' código que se executa dentro da páxina web xerando código HTML que se integra có orixinal.
- ASP.NET ten un concepto revolucionario que consiste en programar como se estivéramos programando unha aplicación de escritorio.
- Os controis de servidor que posúe permite arrastralos graficamente á páxina web e programalos por eventos accedendo a uns métodos que se van executar cando se produza o evento correspondente.
- Fai unha programación orientada a obxectos no que todos os elementos gráficos son referenciados como obxectos accedendo as súas propiedades ou chamando a os seus métodos.
- Por outra banda posúe un conxunto de controis para o acceso a datos e controis para visualizar ditos datos (como GridView, ListView,...) que fan que teñamos uns resultados case inmediatos sendo moi doados de programar.
- Exemplo de código:
- Características principais:
- Desenvolvida por Microsoft para funcionar xunto có seu servidor web Internet Information Server.
- Realiza unha compilación 'previa' antes de executar o código pasando o código fonte a Linguaxe intermedio de Microsoft (MSIL), de forma análoga ao como o fai Java con a súa máquina virtual.
- Permite separar en arquivos diferentes o código de programación do código de visualización de compoñentes gráficos (modelo code-behind).
- Utiliza controis de servidor que permiten unha programación clásica (como se fose unha aplicación de escritorio). Ditos controis xeran contido HTML que será o que lle chegue ao usuario.
- Como base se sustenta no framework .Net. Conxunto de librerías que 'expoñen' tipos de datos e obxectos comúns a calquera linguaxe de programación .net. Desta forma tanto ten se programamos en C#.net, VB.Net, VC++.net. Cambiará o sintaxe pero as clases serán as mesmas.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).