Diferencia entre revisiones de «PHP Paso de variables entre páxinas»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 148: Línea 148:
  
 
* <u>Pódese empregar para pasar información 'importante'</u> ou confidencial.
 
* <u>Pódese empregar para pasar información 'importante'</u> ou confidencial.
 +
 +
* Para facer un pouco máis 'interesantes' os exemplos utilizando variables de sesións, imos mirar previamente [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PHP_Paso_de_datos_con_formularios a sección de formularios]
  
 
* Unha sesión 'dura' mentres un usuario está conectado a un sitio web.  
 
* Unha sesión 'dura' mentres un usuario está conectado a un sitio web.  

Revisión del 10:40 20 sep 2016

A través da URL

  • Unha forma de pasar información de unha páxina a outra é a través dunha URL.
Os datos que aparecen despois do signo '?' son parámetros:?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8
O formato que teñen este tipo de parámetros é: param1=valor&param2=valor&.....
  • Desvantaxes:
  • Calquera persoa pode ver os valores das variables polo que dito método non é moi seguro.
  • O usuario pode cambiar o valor de ditas variables polo que pode suceder que o sitio amose ou faga algo diferente do permitido.
  • O usuario pode obter información non actual se usa unha URL con datos non actualizados.
  • O tamaño do que podemos enviar na URL está limitado (depende de cada navegador, pero pode estar entre 2KB-8KB)
  • Vantaxes:
  • A través da URL podemos pasar datos dunha páxina a outra sen necesidade de ter un formulario por medio (o veremos no exemplo seguinte).


  • As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_GET['param'].
Vexamos un exemplo de código:

Arquivo: UD2_Ex1_eleccion_pelicula.php

 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 
 4 <html>
 5     <head>
 6         <meta charset="UTF-8">
 7         <title></title>
 8     </head>
 9     <body>
10         <?php
11         printf("Mandamos un nome de película fixo na url:<a href='UD2_Ex1_datos_pelicula.php?pelicula=SUPERMAN'>PELICULA</a>");
12         ?>
13     </body>
14 </html>


Arquivo: UD2_Ex1_datos_pelicula.php

 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
 4     <head>
 5         <meta charset="utf-8" />
 6         <title>Exemplos de códigos php</title>
 7     </head>
 8     <body>
 9 
10 <?php   
11 
12     printf("A película pasada como parámetro na URL é: <b>%s</b>",$_GET['pelicula']);
13 
14 
15 ?>
16     </body>    
17 </html>


  • Podedes comprobar como se modificades a url e poñedes outra valor, premendo a tecla 'enter' para que volva a cargar a páxina aparece o novo valor posto.

Pasando caracteres especiais na URL

  • O problema que podemos ter pasando valores desta forma, é que ditos valores teñan espazos en branco ou caracteres especiais.
  • Para poder pasar estes valores podemos facer uso da urlencode.
  • Para facer a función inversa: urldecode. Pero isto non é necesario no caso de asinar o valor a unha variable na segunda páxina.
Vexamos unha modificación do código anterior, pasando un nome de película con espazos:

Arquivo: UD2_Ex1_eleccion_pelicula.php

 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 
 4 <html>
 5     <head>
 6         <meta charset="UTF-8">
 7         <title></title>
 8     </head>
 9     <body>
10         <?php
11         $pelicula=urlencode("E.T. El extraterrestre");
12         echo "Mandamos un nome de película fixo na url:"
13                 . "<a href='UD2_Ex1_datos_pelicula.php?pelicula=$pelicula'>PELICULA</a>";
14         ?>
15     </body>
16 </html>


Arquivo: UD2_Ex1_datos_pelicula.php

 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
 4     <head>
 5         <meta charset="utf-8" />
 6         <title>Exemplos de códigos php</title>
 7     </head>
 8     <body>
 9 
10     <?php   
11 
12         $pelicula=$_GET['pelicula'];
13         echo "A película pasada como parámetro na URL é: <b>$pelicula</b>";
14 
15     ?>
16     </body>    
17 </html>



  • Vexamos agora un exemplo de código de decodificación dunha cadea:
 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
 4     <head>
 5         <meta charset="utf-8" />
 6         <title>Exemplos de códigos php</title>
 7     </head>
 8     <body>
 9 
10     <?php   
11 
12         $cadeaCodificada="<br/>Espero + que + esto + se lea + ben";
13         echo $cadeaCodificada;
14         echo urldecode($cadeaCodificada);
15         
16     ?>
17     </body>    
18 </html>


Utilizando sesións

  • Pódese empregar para pasar información 'importante' ou confidencial.
  • Para facer un pouco máis 'interesantes' os exemplos utilizando variables de sesións, imos mirar previamente a sección de formularios
  • Unha sesión 'dura' mentres un usuario está conectado a un sitio web.
  • Empeza cando se conecta por primeira vez.
  • Remata cando sae do sitio web ou leva un tempo de inactividade indicado pola directiva session.gc_maxlifetime no arquivo php.ini. Por defecto está establecido en 1440 segundos (24 minutos).
  • Dentro da sesión dun usuario é posible crear variables que manterán o seu valor mentres o usuario teña a sesión activa, e poderemos obter dito valores dende calquera páxina do sitio web.
  • Cada vez que se inicia unha sesión, se crea un identificador único (ID) o cal pode ser pasado dunha páxina a outra pola URL ou se se ten habilitados o uso de cookies.
  • Por motivos de seguridade se recomenda pasar o ID a través de cookies e non da URL.
  • Se se quere 'obrigar' ao usuario que utilice as cookies para pasar o ID se pode modificar o arquivo php.ini:
session.use_only_cookies = 1
Nota: Se estamos non aloxamento compartido, non teremos acceso ao arquivo php.ini, polo que poderemos crear un arquivo .htaccess no noso sitio web e engadir dita directiva ao mesmo.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).