PHP Paso de variables entre páxinas
Revisión del 22:23 19 sep 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (→Pasando caracteres especiais na URL)
A través da URL
- Unha forma de pasar información de unha páxina a outra é a través dunha URL.
- Se vos fixades cando facedes unha busca en google (por exemplo buscade 'php') na url aparecerá algo coma isto: https://www.google.es/search?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&ei=a1XgV4CmOu6s8wfuibOQAQ
- Os datos que aparecen despois do signo '?' son parámetros:?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8
- O formato que teñen este tipo de parámetros é: param1=valor¶m2=valor&.....
- Ao utilizar esta forma de pasar parámetros ten varios inconvintes:
- Calquera persoa pode ver os valores das variables polo que dito método non é moi seguro.
- O usuario pode cambiar o valor de ditas variables polo que pode suceder que o sitio amose ou faga algo diferente do permitido.
- O usuario pode obter información non actual se usa unha URL con datos non actualizados.
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_GET['param'].
- Vexamos un exemplo de código:
Arquivo: eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 printf("Mandamos un nome de película fixo na url:<a href='datos_pelicula.php?pelicula=SUPERMAN'>PELICULA</a>"); 12 ?> 13 </body> 14 </html>
Arquivo: datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 printf("A película pasada como parámetro na URL é: <b>%s</b>",$_GET['pelicula']); 13 14 15 ?> 16 </body> 17 </html>
- Podedes comprobar como se modificades a url e poñedes outra valor, premendo a tecla 'enter' para que volva a cargar a páxina aparece o novo valor posto.
Pasando caracteres especiais na URL
- O problema que podemos ter pasando valores desta forma, é que ditos valores teñan espazos en branco ou caracteres especiais.
- Para poder pasar estes valores podemos facer uso da urlencode.
- Para facer a función inversa: urldecode. Pero isto non é necesario no caso de asinar o valor a unha variable na segunda páxina.
- Vexamos unha modificación do código anterior, pasando un nome de película con espazos:
Arquivo: eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 $pelicula=urlencode("E.T. El extraterrestre"); 12 echo "Mandamos un nome de película fixo na url:" 13 . "<a href='datos_pelicula.php?pelicula=$pelicula'>PELICULA</a>"; 14 ?> 15 </body> 16 </html>
Arquivo: datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 $pelicula=$_GET['pelicula']; 13 echo "A película pasada como parámetro na URL é: <b>$pelicula</b>"; 14 15 ?> 16 </body> 17 </html>
- Vexamos agora un exemplo de decodificación dunha cadea:
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 $cadeaCodificada="<br/>Espero + que + esto + se lea + ben"; 13 echo $cadeaCodificada; 14 echo urldecode($cadeaCodificada); 15 16 ?> 17 </body> 18 </html>
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).