PHP Reutilización de código: Include / Require

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Cando programamos pode darse o caso de que teñamos un código (ven en forma de funcións, constantes ou bloque de código) que teñamos que utilizar en moitas páxinas distintas.


  • Nestes casos é conveniente ter o código 'gardado' non arquivo separado e que poidamos utilizalo cando o necesitemos.
  • Isto o conseguimos coas ordes: include, include_once, require e require_once.

Include

  • A sentenza include inclúe e avalía o arquivo especificado.
  • A sintaxe é:
include "[path/]nomearquivo.inc.php";
O [path] pode ser relativo ou absoluto. Se se fai relativo será con respecto ao cartafol onde se está a cargar o arquivo php que fai uso do include.
  • Podedes atopar arquivos include coa extensión .inc, .php, pero para diferencialos dos arquivos php e para non dar pistas sobre o tipo de arquivo que estamos a utilizar usaremos a extensión .inc.php
  • O arquivo .inc.php sempre deberá comezar e rematar coas etiquetas de php: <?php ?> xa que sempre cando facemos uso dun destes arquivos, abandona o modo php e ingresa no modo HTML.
  • Vexamos un exemplo:
Arquivo: FuncionsExternas.inc.php
 1 <?php
 2 
 3     /*
 4      * Función que crea un array cun número de elementos indicado no parámetro
 5      *  Os inicializa ao valor null
 6      * Parámetros:
 7      *  $numElementos:número de elementos do array
 8      */
 9     function crearArray($numElementos){
10         $array = array();
11         for($cont=0;$cont<$numElementos;$cont++){
12             $array[$cont]=null;
13         }
14         return $array;
15     }
16 ?>


Arquivo: ReutilzandoCodigo.php
 1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
 2     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
 4     <head>
 5         <meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" />
 6         <title>Exemplos de códigos php</title>
 7     </head>
 8 <?php
 9     include ("./FuncionsExternas.inc.php");
10 ?>
11     <body>
12         <?php
13         $datos = crearArray(10);
14         
15         foreach ($datos as $clave => $dato){
16             printf("Clave:%d - Valor:%s<br />",$clave,$valor);
17         }
18         
19         ?>
20     </body>    
21 </html>





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).