Practicas de Robocode

De MediaWiki
Revisión del 19:40 17 may 2021 de Joselv (discusión | contribuciones) (→‎Referencias)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

RoboCode é un simulador de combates entre tanques.

Tarefa e obxectivos

Escribir un programa para controlar un robot simulado en Robocode para competir contra outros.

Os obxectivos pedagóxicos poden ser:

  • a iniciación en certas linguaxes de programación (Java e .NET)
  • comprender algúns dos principios dos Sistemas Basados no Coñecemento en Intelixencia Artificial, mediante o uso ilustrativo dalgúns métodos

Posibles restricións

  1. A versión de Robocode e de compilador de java a utilizar para a práctica será fixada
    isto é para evitar que posibles cambios entre versións poidan supoñer vantaxe ou desvantaxe na competición
    hai que desactivar as actualizacións automáticas desde dentro do propio Robocode!
    a versión do compilador pode ser a incluida no entorno de Robocode
  2. Pódese limitar a competición para unha categoría determinada:
    os tanques se organizan en categorías al estilo del boxeo, por peso.
    O peso calcúlase nunha "báscula" que mide o código efectivo das clases: codesize.jar
    Desta forma divídense en:
    Nanobots: código efectivo menor de 250 bytes
    Microbots: entre 251 y 750 bytes
    Minibots: entre 751 y 1500 bytes
    Megabots: por enriba de 1501 bytes
  3. O robot extenderá da clase AdvancedRobot para que se poidan usar as mesmas características en todos
  4. Non se permite utilizar ningún programa nin paquete externo fóra
    do que incluía o propio Robocode máis o runtime de Java
    e das librerías habituales (java.lang, java.util, java.math).
  5. Tampouco se permite o uso de ficheiros externos para almacenar información
    Todo isto busca evitar diferenzas e vantaxes e facilitar a avaliación
  6. Non se poden usar
    os métodos que devolven información da contorna e parámetros da batalla (tamaño campo, enfriamento,...),
    información sobre os contrincantes (nome)
    información das balas ou morte dos contrincantes,
    a posición absoluta (coordenadas X,Y) propia.
A prohibición de usar moitas das funcións ou clases de Robocode é ...
... para que sexa o máis aproximado a un problema realista de Intelixencia Artificial...
... e dificultar que se poidan copiar outros programas para robocode disponibles de competicions en internet ;)

Enunciados

Enunciado 1

PENDENTE

Outros enunciados

PENDENTE

Posibles calificacións

Unha posibilidade e calificar en dúas fases

Primeira fase

Na primeira fase cada programa debía vencer (un 90% daas veces), por puntos acumulados ó final dunha batalla de 10 asaltos tipo melee, a tres robots concretos escollidos de entre os que veñen coma sample en Robocode (un moi débil, outro medio e outro algo máis forte).

Facilítanse valores concretos os parámetros das batallas;

  • tamaño de campo
  • velocidade de enfriamiento
  • tempo inactividade
  • ...

A superación desta fase implicaba o aprobado.

Aínda que os programas de sample son fáciles de vencer en condicións normais, coas limitacións e restriccións impostas dificúltase requerindo analizar e indagar máis.

Además, ó valorarse por puntos acumulados poténciase que se optimicen os factores que dan puntos e non necesariamente gañar ou destruir a todos.

Segunda fase

O resto da calificación obtíñase na segunda fase que era onde se realizaba a competición.

Enfréntanse en varias batallas un número variable de programas de estudiantes xunto con outros programas descoñecidos (dos de sample ou algún outro público).

As condicións e parámetros (tamaño campo, número contrincantes, enfriamiento, etc.) eran variables e aleatorias dentro duns rangos en cada batalla.

Nesta fase íanse acumulando os puntos obtidos en cada batalla mediante un sistema de puntos tipo ELO (coma os do xadrez) para obter unha puntuación final que logo se escalaba proporcionalmente para a calificación.

A complexidade da segunda fase era derivada do elevado número de estudiantes matriculados na asignatura na UNED que facía moi difícil evaluar equitativamente

Para o noso CIFP, pódense facer directamente unhas cantas batallas de todos contra todos e sumar os puntos obtidos en cada batalla.

O engadir algúns robots extra fáciles de vencer axuda a que os estudantes que fixeran algo por enriba do mínimo saquen máis nota na segunda fase.

Espero que esta información te sirva de ayuda para preparar una práctica que sin duda tus estudiantes agradecerán y encontrarán divertida y estimulante, y quizá les anime a participar en alguna de las competiciones de internet.

Rúbrica

Condición Resultado Puntuación Observacións
Fase 1 (máx 4 puntos)
Compila? Si / Non [0-1]
Cumple coas restriccións? Si / Non [0-1]
Case gaña nas condicións impostas en fase 1? Si / Non [0-1]
Gaña nas condicións impostas en fase 1? Si / Non [0-1]
Fase 2 (máx 4 puntos)
Puntaxe segundo clasificación ELO Baremación [0-4]
Outras consideracións
Bo traballo en equipo e uso dos foros Baremación [0-1]
Memoria presentada Baremación [0-1]

Entrega

Esixirase:

  • un nome fixo específico para o nome do robot
  • un nome de grupo (cartafol) co DNI do estudante
    así facilítase a automatización de parte dos procesos de extracción, revisión e competición na avaliación.

Referencias

Repositorios

Créditos

Os meus coñecementos de Robocode xurden da miña primeira etapa como alumno en Sistemas Informáticos II da [UNED] na antigua enxeñaría informática.

Tras contactar co profesor Jose Ramon Álvarez-Sanchez facilitou reseñas de cales eran os enunciados que se utilizaban; e desa información xurde este artigo.


88x31.png


Estes apuntes foron creados para o módulo profesional Programación do ciclo de grao superior Desenvolvemento de Aplicacións Web / Multiplataforma. Creados e editados por José López Villar baixo a licenza Creative Commons 3.0:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sempre mencionando ós autores.
  • Uso non comercial.
  • Compartir as modificacións baixo a mesma licenza.