Diferencia entre revisiones de «Programación estruturada»
(Página creada con «Durante as primeiras décadas de existencia da programación de ordenadores, era habitual que os programadores estiveran máis preocupados por conseguir unha solución viab...») |
|||
Línea 9: | Línea 9: | ||
As avantaxes desta aproximación poderían resumirse en que: | As avantaxes desta aproximación poderían resumirse en que: | ||
− | Redúcese a complexidade de cada un dos problemas a resolver. | + | :* Redúcese a complexidade de cada un dos problemas a resolver. |
− | Prodúcese un fluxo de control claro, doado de entender. | + | |
− | Mellórase a productividade ao permitir a diferentes programadores colaborar en diferentes partes do mesmo proxecto. | + | :* Prodúcese un fluxo de control claro, doado de entender. |
− | Os módulos producidos poderanse reutilizar no mesmo ou en distintos proxectos, aforrando tempo, reducindo a complexidade e incrementando a fiabilidade. | + | |
− | Facilítase a corrección ou adaptación do software ao ser posible substituir módulos individuais en vez de ter que modificar grandes cantidades de código. | + | :* Mellórase a productividade ao permitir a diferentes programadores colaborar en diferentes partes do mesmo proxecto. |
− | Elimínanse os saltos arbitrarios no fluxo do programa, que fan máis difícil de manipular o código. | + | |
+ | :* Os módulos producidos poderanse reutilizar no mesmo ou en distintos proxectos, aforrando tempo, reducindo a complexidade e incrementando a fiabilidade. | ||
+ | |||
+ | :* Facilítase a corrección ou adaptación do software ao ser posible substituir módulos individuais en vez de ter que modificar grandes cantidades de código. | ||
+ | |||
+ | :* Elimínanse os saltos arbitrarios no fluxo do programa, que fan máis difícil de manipular o código. |
Revisión del 21:38 3 oct 2016
Durante as primeiras décadas de existencia da programación de ordenadores, era habitual que os programadores estiveran máis preocupados por conseguir unha solución viable e funcional que por lograr o que o hoxe chamaríamos calidade no software.
A solución de problemas mediante programas abordábase como un proceso no que o programador ía encadeando as instrucións que o achegaban a un resultado válido, sen poñer esforzo algún en que o código resultante fose doado de entender e modificar.
E mentres os problemas a resolver foron de escasa complexidade, esta aproximación funcionou. Pero coas continuas mellorar do hardware e a estensión do software a todo tipo de ámbitos, fíxose preciso elaborar novas formas de traballo para superar as dificultades de xestionar código cada vez máis complexo.
A programación estruturada é un xeito de abordar a creación de programas imperativos tratando de reducir a complexidade do proceso para facelo máis eficaz e menos propenso a erros. A idea, proposta inicialmente por dous matemáticos (Corrado Bohm and Guiseppe Jacopini), consiste en que calquera programa de ordenador pode ser construído utilizando unicamente tres tipos de estruturas ou bloques: a secuencia, a decisión e os bucles. Calquera programa poderase dividir en subrutinas ou módulos compostos deses elementos básicos, mantendo así unha organización clara. Desaconséllase ademais o uso de variables globais para recomendar a utilización de variables locais a cada un dos bloques, sempre que sexa posible.
As avantaxes desta aproximación poderían resumirse en que:
- Redúcese a complexidade de cada un dos problemas a resolver.
- Prodúcese un fluxo de control claro, doado de entender.
- Mellórase a productividade ao permitir a diferentes programadores colaborar en diferentes partes do mesmo proxecto.
- Os módulos producidos poderanse reutilizar no mesmo ou en distintos proxectos, aforrando tempo, reducindo a complexidade e incrementando a fiabilidade.
- Facilítase a corrección ou adaptación do software ao ser posible substituir módulos individuais en vez de ter que modificar grandes cantidades de código.
- Elimínanse os saltos arbitrarios no fluxo do programa, que fan máis difícil de manipular o código.