Programación de documentos web utilizando linguaxes de guións de servidor

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Server-side-languages-statistics-2022.PNG

Obxectivos

  • Aprender qué é unha linguaxe de script do lado do servidor.

Optaremos por PHP coma linguaxe a explicar por ser unha das máis utilizadas a aprenderemos a:

  • Saber qué tipos de datos hai e o uso de variables
  • Coñecer os diferentes tipos de instruccións de PHP e o seu funcionamento
  • Aplicar as instruccións na resolución de scripts
  • Coñecer o uso de contornas de desenvolvemento
  • Entender os métodos diferentes para procesar os datos enviados desde un formulario a unha páxina PHP.
  • Realizar exemplos do uso da linguaxe para aprender a programar documentos web.
  • Integrar os formularios HTML e a linguaxe PHP.

Programando con PHP

PHP é unha linguaxe de programación que nos permitirá escribir guións nun servidor web para xerar unha resposta dinámica ás peticións realizadas dende os clientes.

Cando teñas dúbidas debes consultar o manual de referencia oficial de PHP; e de gran axuda e con exemplos nos que podes apoiar tes o titorial de w3schools de php.

Podes atopar máis información no artigo do titorial específico de PHP.

E videotitoriais:

Inclúese a continuación unha breve descrición de características básicas da linguaxe que nos permitirán unha primeira aproximación aos aspectos máis habituais das solucións nas aplicacións web.

Sintaxe básica

As instrucións dun guión escrito en PHP pódense incluír en calquera lugar dentro dun documento HTML marcándoas coas etiquetas <?php e ?>. Por exemplo:

<html>
  <body>
    <?php
      echo '<ul>';
      print '<li>Primeiro elemento';
      print '<li>Segundo elemento';
      echo '</ul>';
    ?>
  </body>
</html>

Cada instrución estará rematada co caracter ; e un dos seus obxectivos habituais será contribuír á resposta que se enviará ao cliente como contestación á súa petición. Tando a instrución echo como print teñen ese cometido.

Variables

As variables son unha ferramenta básica en calquera linguaxe de programación. Funcionan como contenedores aos que se lle asigna un nome, de xeito que a información que conteñan poda ser utilizada en diversas partes do programa facendo referencia ese identificador. Por exemplo:

<?php
  $nome = 'Alberto';
  echo $nome;
?>

As variables en PHP non precisan dunha declaración previa á súa utilización, algo que é obrigatorio en moitas outras linguaxes de programación. Cando a unha variable se lle asigna un valor por primeira vez, é creada, e posteriormente ese valor pode ser subtituído por outro aínda que sexa de distinto tipo.

<?php
  $dato = 'Alberto';
  echo $dato;
  $dato = 23;
  echo $dato;
?>

O nome das variables debe comezar co carácter $.

Arrays asociativos

Os arrays son variables especiais capaces de conter máis dun valor. Os arrays asociativos son un tipo de array no que cada un dos seus valores vai etiquetado con unha palabra clave. Por exemplo:

<?php
  $datos['nome'] = 'Antonio';
  $datos['idade'] = 33;
  foreach($datos as $dato) {
    echo $dato;
  }
?>

Neste exemplo créase un array asociativo de nome $datos no que se gardan dous valores con etiquetas 'nome' e 'idade'. No código inclúese unha das operacións habituais cons arrays, percorrer todos os seus elementos para facer algunha operación con cada un deles.

Cando non se determina unha etiqueta a un elemento dun array asociativo PHP asignaralle unha etiqueta numérica comezando dende 0 e incrementando a última asignada.

<?php
  $datos[] = 'Alfonso'; //elemento con etiqueta 0
?>

Os array asociativos son especialmente útiles porque PHP creará varios para proporcionar información de interese para os nosos programas. Son as chamadas variables superglobais e algunhas das que utilizaremos serán $_SERVER, $_POST ou $_SESSION.

Arrays asociativos multidimensionais

Unha das características máis potentes dos arrays asociativos é a posibilidade de introducir uns arrays dentro doutros, converténdoos en multidimensionais.

Utilizaremos esta característica cando, por exemplo, queramos gardar na sesión (o array asociativo $_SESSION) un array con información (un carro da compra con moitos productos, por exemplo). Este sería un array bidimensional e hai que telo en conta na súa manipulación.

<?php
  session_start();
  $_SESSION['carro']['p1'] = 10;
  $_SESSION['carro']['p2'] = 25;
  echo $_SESSION['carro']['p3'];
?>

Funcións

As funcións son outro dos mecanismos que todas as linguaxes de programación implementan dunha ou outra forma.

Unha función non é máis ca un bloque de instrucións ao que se lle dá un nome e que non se executará ata o momento en que se pida expresamente no programa. Esta invocación dunha función poderase repetir tantas veces como sexa preciso.

As funcións poden precisar información para facer o seu traballo, é dicir, haberá que proporcionarlle argumentos no momento de chamalas e poden tamén devolver un resultado final despois de facer a súa tarefa.

PHP ten un amplísimo conxunto de funcións predefinidas listas para ser utilizadas e que resolven grande parte dos problemas que habitualmente se lles peresentan aos programadores, pero estes poderán tamén crear novas funcións segundo as súas necesidades.

<?php
  function idade($dato) {
    echo 'Idade: ' . $dato;
  }

  idade(23);
?>

Resumo

  • As linguaxes de script son linguaxes de programación que poden ser insertadas dentro dun documento HTML. Existen linguaxes de script tanto do lado do servidor como do lado do cliente. Das numerosas linguaxes de script existentes o máis usado é PHP
  • PHP é unha linguaxe sinxela de aprender, libre, multiplataforma e cunha gran cantidade de ferramentas dispoñible
  • A linguaxe PHP dispón de características da programación orientada a obxectos
  • Podemos escribir programas usando un editor de texto ou un entorno de desarrollo integrado (IDE)
  • Os IDE proporcionan un conxunto de ferramentas que facilitan o traballo do programador: o control de versións, o editor de texto, o depurador de código e o autocompletado de código
  • O código dos ficheiros PHP vai entre unha etiqueta de inicio e outra de peche e a súa extensión é .php.
  • Os fundamentos da linguaxe PHP son similares a calquer outra linguaxe de programación. Dispone de:
  • constantes
  • variables. Unha variable toma o seu tipo a primeira vez é utilizaza; pero hai funcións de conversión entre tipos de ser preciso.
  • instruccións. Son tanto de saída coma de control
  • Existen operadores diversos en PHP
  • Os datos que se envían a través dun formulario poden ser recepcionados nunha páxina PHP
  • Existen dous métodos para enviar os datos dun formulario para o seu procesamento: GET e POST.

Referencias