Protocolos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

De capa de aplicación

O nivel de aplicación de TCP/IP correspóndese cos tres niveles superiores do modelo OSI (Aplicación, Presentación e Sesión) actuando de interfaz entre os programas de usuario e o nivel de transporte.

O funcionamento das aplicacións pódese dividir entre es que usan algunha destar arquitecturas:

  • Cliente / Servidor. O servidor (habitualmente un equipo máis potente) ofrece un servizo que os clientes solicitan
  • P2P (peer to peer). Cada nodo actúa simultaneamente como cliente-servidor. Utilizado para compartir ficheiros (por exemplo Torrent) ou transmisión de datos en tempo real

HTTP - Hypertext Tranfer Protocol

O protocolo de Transferencia de hiptertexto é o máis utilizado en internet; a súa misión é transferir páxinas web entre un nevegador (cliente) e un servidor web localizado mediante un enderezo chamado URL.

Máis información no artigo de HTTP

HTTPS - HyperText Transfer Protocol Secure

O protocolo Seguro de Transferencia de Hipertexto é o prtocolo HTTP aplicándolle un proceso de cifrado da información mediante TLS (Transport Layer Security)

Máis información no artigo de HTTPS

SMTP - Simple Mail Transfer Protocol

O Protocolo Simple de Transferencia de correo é utilizado para o intercambio de mensaxes de correo electrónico entre computadoras ou otros dispositivos.

Para o seu funcionamento asociase habitualmente con ouros, coma o POP e o IMAP, otorgando a SMTP a tarea específica do envío de correo, e a POP e IMAP a recepción.

Máis información no artigo sobre correo electrónico

POP - Post Office Protocol

A versión de protocolo que se utiliza na actualidade é a 3 (POP3). O Protocolo de Oficina De Correos é utilizado polos clientes locais de correo para obter as mensaxes almacenadas nun servidor remoto.

Máis información no artigo sobre correo electrónico

IMAP - Internet Message Access Protocol

O Protocolo de Acceso a Mensaxes de internet permite o acceso electrónico a mensaxes almacenadas no servidor desde calquera equipo con conexión a internet permitiondo visualizar a o seu contido de xeito remoto sen necesidade de descarga.

Máis información no artigo sobre correo electrónico

TELNET

Aplicación e protooocolo que permite a conexión remota a outros equipos mediante liña de comandos

SSH - Secure Shell

A shell segura e a apliación e o protocolo que permite a conexión remota pero de xeito seguro.

FTP - File Transfer Protocol

O Protocolo de Transferencia de Ficheiros é o protocolo e aplicación que permite esa transferencia entre un cliente e un servidor FTP

Máis información no artigo sobre FTP

DNS - Domain Name System

O Sistema de Nomes de Dominios é un protocolo que se encarga de establecer unhas tablas de equivalencia entre enderezos IP e nomes de dominio.

Máis información no artigo sobre DNS

SNMP - Simple Network Management Protocol

O Protocolo Simple de Xestión de Rede permite administrar dispositivos de rede e así diagnosticar problemas na rede.

De capa de transporte

Este nivel está encargado da transferencia libre de erros dos datos entre o emisor e o receptor, aínda que non estén directamente conectados e de mantener o fluxo da rede.

Hay dous tipos de servizo na capa de transporte: orientado e non orientado á conexión. Os protocolos máis utilizados desta capa son TCP e UDP.

Máis información no artigo da capa de trasporte

TCP - Transmission Control Protocol

O Protocolo de control de transmisión crea “conexións” a través das cales pode enviarse un fluxo de datos. O protocolo garantiza que os datos serán entregados no seu destino sen erros e no mesmo orde no que se transmitiron.; proporciona tamen un mecanismo para distinguir distintas aplicacións dentro dunha mesma máquina a través do concepto de porto.

UDP - User Datagram Protocol

O protocolo de datagramas de usuario permite o envío de datagramas a través da rede sen establecer previamente unha conexión tampouco ten confirmación ni control de fluxo, polo que os paquetes poden adiantarse uns a outros; e igualmente non se sabe se chegan correctamente, xa que non hay confirmación de entrega ou recepción.

O seu uso principal é para protocolos como DHCP, BOOTP, DNS e outros nos que o intercambio de paquetes para a conexión/desconexión sería maior que o contido, así como para a transmisión de audio e vídeo en tiempo real, oonde é deseable un menor retardo aínda que se perda parte da información.

De capa de rede

IP - Internet Protocol

ICMP - Internet Control Message Protocol

O Protocolo de Mensaxes de Control de Internet é utilizado para enviar mensaxes de erro e información operativa indicando, por exemplo, que un host non puido ser localizado ou que un servizo que se solicitou no está disponible. ESte protocolo é utilizado por ferramentas coma ping, entre outras.

De capa de enlace

Ethernet / IEEE 802.3

Ethernet é un estándar que define as características de cableado e señalización de nivel físico e os formatos de tramas de datos do nivel de enlace de datos do modelo OSI. Ethernet tomouse coma a base para a redacción do estándar internacional IEEE 802.3 sendo usualmente tomados coma sinónimos.

IEEE 802.11

É unha familia de normas sen fíos creada polo Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos (IEEE).

Especifica o conxunto de protocolos de capa física (PHY) e media access control (MAC) para implementar redes lan sen fíos (WLAN). Esas redes coñecidas coma Wi-Fi ctraballan en varias frequencies que inclúen entre outras as banddas de frecuencia de 2.4 GHz, 5 GHz, 6 GHz, e 60 GHz.

ARP - Address Resolution Protocol

O Protocolo de Resolución de Enderezos é un protocolo de comunicacións da capa de enlace de datos​ responsable de atopar o enderezo de hardware (Ethernet MAC) que corresponde a un determinado enderezo IP.

Para iso envíase un paquete (ARP request) o enderezo de difusión da rede (broadcast, MAC = FF FF FF FF FF FF) que conten o enderezo IP polo que se pregunta, e espera a que esa máquina responda (ARP reply) co enderezo Ethernet que lle corresponde.

Cada máquina manten unha caché cos enderezos traducidos para reducir o retardo e a carga.

Resumidamente o obxectivo do protocolo ARP é permitir a un dispositivo conectado a unha rede LAN obter o enderezo MAC de outro dispositivo conectado á mesma rede LAN do que se coñece a súa IP.

RARP

O protocolo de resolución de enderezos inverso realiza a operación contraria a ARP: resolver o enderezo IP dun enderezo hardware (MAC).

De capa física

O nivel físico ou capa física (Capa 1) refírese as transformacións que se lle fan á secuencia de bits para trasmitilos dun lugar a outro.

Esta capa proporciona os medios mecánicos, eléctricos, funcionales e procedimentales para activar, manter e desactivar conexións físicas.

A continuación detallanse subestándares de Ethernet de esta capa.

Tecnoloxías Ethernet
Tecnoloxía Velocidade de transmisión Tipo de cable Distancia máxima Topoloxía
Primeras implementaciones (10 Mbit/s y 1 Mbit/s)
10Base5 10 Mbit/s Coaxial grueso 500 m Bus (Conector AUI)
10Base2 10 Mbit/s Coaxial delgado 185 m Bus (Conector T)
10BaseT 10 Mbit/s Par Trenzado 100 m Estrella (Hub o Switch)
10BaseF 10 Mbit/s Fibra óptica 2000 m Estrella (Hub o Switch)
Fast Ethernet (100 Mbit/s)
100BaseT4 100 Mbit/s Par Trenzado (categoría 3UTP) 100 m Estrella. Half Duplex (hub) y Full Duplex (switch)
100BaseTX 100 Mbit/s Par Trenzado (categoría 5UTP) 100 m Estrella. Half Duplex (hub) y Full Duplex (switch)
100BaseFX 100 Mbit/s Fibra óptica 2000 m Non permite o uso de hubs
Gigabit Ethernet
1000BaseT 1000 Mbit/s Par Trenzado (categoría 5e o 6UTP) 100 m Estrella. Full Duplex (switch)
1000BaseTX 1000 Mbit/s Par Trenzado (categoría 6UTP ) 100 m Estrella. Full Duplex (switch)
1000BaseSX 1000 Mbit/s Fibra óptica (multimodo) 550 m Estrella. Full Duplex (switch)
1000BaseLX 1000 Mbit/s Fibra óptica (monomodo) 5000 m Estrella. Full Duplex (switch)
10 Gigabit Ethernet
10GBaseT 10000 Mbit/s Par Trenzado (categoría 6a o 7UTP) 100 m
10GBaseLR 10000 Mbit/s Fibra óptica (monomodo) 10000 m
10GBaseSR 10000 Mbit/s Fibra óptica (multimodo) 300 m
40 Gigabit Ethernet
40GBaseSR4 802.3ba Fibra óptica (multimodo) 100 m
40GBase-LR4 802.3ba Fibra óptica (monomodo) 10 km
40GBase-CR4 802.3ba Cable de cobre. 10 m
40GBase-KR4 802.3ba Operación de 1 m sobre backplane. 1 m
100 Gigabit Ethernet
100GBase-SR10 802.3ba Fibra óptica (multimodo) 100 m
100GBase-LR4 802.3ba Fibra óptica (monomodo) 10 km
100GBase-ER4 802.3ba Fibra óptica (monomodo) 40 km
100GBase-CR10 802.3ba Cable de cobre. 10 m