Práctica sobre Desenvolvemento de software
Sumario
Introdución
Cuestións teórico-prácticas
Linguaxes máis actuais
Na teoría verás unhá taboa coas linguaxes máis utilizadas o ano pasado según varios indicadores.
Entrega respondendo con:
- Unha táboa actualizada coa información deste ano
- Qué linguaxes coñeces e a qué nivel? Cales che gustaría descubrir ou coñecer en máis profundidade?
- Dos dez que consideres máis empregados, cómo os categorías segundo as clasificacións que víches? Podes facer unha táboa.
- Cómo funciona un compilador? Cales son as súas fases?
- Indica un exemplo de herdanza, polimorfismo e encapsulamento
- Busca algún exemplo de código en linguaxe Basic e explica que problemas podía ter o uso de saltos mediante bucles goto
- Busca unha metodoloxía de desenvolvemento de software e indica cales consideras que serían as súas vantaxes e inconvintes
Software xenérico
Indica dous exemplos de cada un destes tipos de software:
- Programas de contabilidade.
- Bases de datos.
- Programas de deseño gráfico.
- Procesadores de texto.
- Programas de facturación.
- Aplicacións multimedia.
- Follas de cálculo.
- Presentacions.
- Ferrameentas de correo electrónico.
¿Qué suites coñeces? Busca tres exemplos
Ciclo de vida
Inicialmente...
Facer un resumo de qué é o ciclo de vida software e qué modelos existen, con breve resumo.
A continuación
Repartirse en grupos, profundizando nunha presentación que explique o modelo que tocou. Debedes ser quén de autoxestionarvos, fixando roles e tarefas.
Grupos:
- Grupo I - En cascada e en cascada con retroalimentación
- Grupo II - Evolutivos → En esperial (prototipado) e iterativo incremental
- Grupo III - Programación Extrema (XP), Scrum, Kanban
- Grupo IV - Métrica 3 e ISO/IEC 12207
Suxerencia de traballo. Podedes usar algunha ferramenta colaborativa coma: * Google Docs * Titanpad
Finalmente
Dentro de cada equipo elixir un responsable que exporá o traballo ó resto da clase.
Ampliación
Se algún equipo acaba antes, suxírese indagar sobre estes conceptos:
- Proceso Unificado de Rational
- Muda, mura e muri
- Kaizen
Prácticas
Probando código...
Executa código de cinco linguaxes de programación. Podes escoller as cinco que deseñes pero teñen que cumprir en glogal as seguintes condicións:
- Probaches o funcionamento:
- desde un IDE e desde liña de comandos
- desde unha contorna Windows e outra Linux
- un é linguaxe compilado, outro interpretado e outro virtual
- un é declarativo e outro imperativo
- comproba o funcionamento dunha linxuaxe concurrente. Por exemplo, con fíos en Java