RadioButton

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • O control RadioButton permite escoller unha opción entre varias posibles.
  • Aconséllase usar este control sempre que se queiran amosar ao usuario múltiples opcións, unha ao carón doutra.
  • En caso contrario débese usar un Spinner (Lista despregable).
  • No layout os RadioButton organízanse dentro dun RadioGroup que vai controlar que non haxa máis dunha opción marcada.

Radiobuttons.png

  • Nota: polas opcións que ofrece a imaxe, tomada de Android SDK, aí debe traballar un galego.


  • RadioGroup herda da clase LinearLayout co cal terá as súas propiedades, entre elas: android:orientation


  • RadioButton herda da clase CompoundButton ao igual que CheckBox. Por tanto, teremos dispoñible a propiedade android:onCLick.

00 Part of Android View Hierarchy.png


Caso práctico

Se non o temos creado antes, crea un paquete de nome UI como un subpaquete do teu paquete principal.
Dentro do paquete UI, crearemos un novo paquete de nome: RadioButtons.



  • Dentro do paquete RadioButtons crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD02_01_RadioButtons de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.


  • Imos crear unha aplicación na que o usuario indique se é ou non maior de idade e que se amose a opción escollida no EditText.



XML do Layout

  • Observar como RadioGroup é un layout máis de tipo Linear.
  • Observar como a primeira opción está activada por defecto.
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent"
 5     android:orientation="vertical" >
 6 
 7     <RadioGroup
 8         android:layout_width="fill_parent"
 9         android:layout_height="wrap_content"
10         android:orientation="vertical" >
11 
12         <RadioButton
13             android:id="@+id/rbtnMaior18_UD02_01_Radio"
14             android:layout_width="wrap_content"
15             android:layout_height="wrap_content"
16             android:checked="true"
17             android:onClick="controlarIdade"
18             android:text=">18 anos" />
19 
20         <RadioButton
21             android:id="@+id/rbtnMenor18_UD02_01_Radio"
22             android:layout_width="wrap_content"
23             android:layout_height="wrap_content"
24             android:onClick="controlarIdade"
25             android:text="&lt;=18 anos" />
26     </RadioGroup>
27 
28     <EditText
29         android:id="@+id/txtResultado_UD02_01_Radio"
30         android:layout_width="match_parent"
31         android:layout_height="wrap_content"
32         android:hint="Resultado" />
33 
34 </LinearLayout>



Código Java

  • Implementamos o método controlarIdade
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.UI.RadioButtons;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.view.View;
 6 import android.widget.EditText;
 7 
 8 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 9 
10 public class UD02_01_RadioButtons extends Activity {
11 
12     public void controlarIdade(View view) {
13 
14         EditText caixa = (EditText) findViewById(R.id.txtResultado_UD02_01_Radio);
15 
16         switch (view.getId()) {
17             case R.id.rbtnMaior18_UD02_01_Radio:
18                 caixa.setText("Tes máis de 18 anos");
19                 break;
20             case R.id.rbtnMenor18_UD02_01_Radio:
21                 caixa.setText("Tes menos de 18 anos");
22                 break;
23         }
24     }
25 
26 
27     @Override
28     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
29         super.onCreate(savedInstanceState);
30         setContentView(R.layout.activity_ud02_01__radio_buttons);
31 
32         controlIdade();
33     }
34 }
  • Liña 16: Indagamos que cal é o ID da opción na que se fixo click.


  • Nota: Este código ten un exercicio asociado no Moodle.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).