Seguridade informática

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

O módulo profesional Seguridade informática ten:

  • o código MP0226
  • unha duración de 140 horas
A-computer-hacked-57575-pixahive-768x525.jpg
  1. BC1. Tratamento seguro da información
    1. Seguridade física e lóxica.
    2. Criptografía.
    3. Políticas de seguridade.
  2. BC2. Medidas de seguridade física e ambiental
    1. Localización e protección física dos equipamentos e dos servidores.
    2. Sistemas de alimentación ininterrompida.
  3. BC3. Dispositivos de almacenaxe
    1. Almacenaxe da información: rendemento, dispoñibilidade e accesibilidade.
    2. Almacenaxe redundante e distribuída.
    3. Almacenaxe remota e extraíble.
    4. Copias de seguridade e imaxes de respaldo.
    5. Medios de almacenaxe.
  4. BC4. Mecanismos de seguridade lóxica
    1. Listas de control de acceso.
    2. Política de contrasinais.
    3. Sistemas biométricos de identificación.
    4. Recuperación de datos.
    5. Monitorización de sistemas.
    6. Auditorías de seguridade.
    7. Software malicioso: clasificación. Ferramentas de protección e desinfección.
    8. Actualización de sistemas e aplicacións.
    9. Manual de seguridade e plans de continxencia.
  5. BC5. Medidas de seguridade en redes
    1. Métodos para asegurar a privacidade da información transmitida.
    2. Identificación dixital: sinatura electrónica e certificado dixital.
    3. Monitorización do tráfico en redes con cables.
    4. Seguridade en redes sen fíos.
    5. Riscos potenciais dos servizos de rede.
    6. Sistemas de seguridade nas telecomunicacións: correo, www, ftp, p2p, etc.
    7. Publicidade e correo non desexados.
    8. Fraudes informáticas e roubos de información.
    9. Utilización de devasas (firewalls) en equipamentos e en servidores.
    10. Análise dos rexistros (logs) dun sistema para identificar ataques reais ou potenciais á seguridade.
  6. BC6. Cumprimento da lexislación e das normas sobre seguridade
    1. Lexislación sobre protección de datos.
    2. Lexislación sobre os servizos da sociedade da información e o correo electrónico.
    3. Normas ISO sobre xestión de seguridade da información


88x31.png


Estes apuntes foron creados para o módulo profesional Seguridade informática do ciclo de grao medio Sistemas microinformáticos e redes. Creados e editados por José López Villar baixo a licenza Creative Commons 3.0:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sempre mencionando ós autores.
  • Uso non comercial.
  • Compartir as modificacións baixo a mesma licenza.