Suposto de redes (direccionamento,vlan,nat dinámico, ACL)

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado

Escenario Rede Exercicio 4 Xuño 2022

Na topoloxía da imaxe existen 4 redes locais que se desexa conectar entre si mediante routers e un switch multicapa, distribuídos segundo o esquema, partindo das seguintes consideracións:

  • Para asignar direccións a todo o esquema, vaise empregar a rede que contén á IP 10.129.0.0/12.
  • A rede local conectada ao Router0, RED1, poderá albergar ata 1020 dispositivos.
  • A rede local conectada ao Router1, RED2, deberá ter unha capacidade de ata 2046 dispositivos.
  • RED3, conectada ao Router2 deberá ter capacidade para 508 dispositivos.
  • RED4, conectada ao switch multicapa configúrase inicialmente para que poida abarcar 200 dispositivos.
  • Na RED4, decídese crear 4 VLAN de igual tamaño que repartan por completo e a partes iguais dita rede.

Apartado A. Direccionamento

Pídese identificar as direccións IPs e máscaras de todos os routers e switch multicapa (interfaces virtuais asociados á interface física das VLANs) tendo en conta que serán as últimas IPs dispoñibles das subredes calculadas. Para iso, realice a división en subredes para o direccionamento de todas as redes tendo en conta os seguintes criterios:

  • O rango de direccións que queden libres despois de asignar os direccionamentos debe ser o maior posible.
  • Débese axustar o tamaño da rede ao mais pequeno posible para o número de equipos empregados.
  • Teña en conta que as portas de enlace precisan dunha IP.
  • Os enlaces entre os routers unicamente deben permitir dúas IPs e deben empregar o rango de direccións seguinte ao da derradeira subrede calculada das redes RED1, RED2, RED3, e RED4. Débense elixir nesta orde, o enlace1, enlace2, enlace3 e enlace4.
  • Débese cubrir unha táboa como a seguinte, para todas as interfaces:
Táboa
Interface Dirección IP Máscara
Router0 Eth0/3/0
[...]

Debe solucionar as seguintes tarefas cos comandos oportunos CLI, que se deberán escribir completos (sen abreviar).

Apartado B. VLANS

Supoñendo o resto do esquema configurado correctamente, configure o switch multicapa para que as 4 VLAN poidan saír ao exterior. Para este apartado supoña as seguintes redes.

  • VLAN10: 10.0.0.0/26
  • VLAN20: 10.0.0.64/26
  • VLAN30: 10.0.0.128/26
  • VLAN40: 10.0.0.192/26.

Empregue a derradeira IP das VLAN como porta de enlace. Supoña que o switch multicapa xa ten configurados os enlaces que o unen co Router0 e Router2 e o encamiñamento axeitado.

Apartado C. NAT Dinámico

Configure NAT dinámico na rede RED1 conectada ao Router0, de tal xeito que os equipos se conecten ao resto das redes cunha dirección entre 10.0.0.90-10.0.0.95/26, independentemente da interface pola que saian os datos.

Supoña:

  • o resto da configuración xa realizada correctamente e compatible co direccionamento solicitado no exercicio
  • os equipos da RED1 están na rede 10.0.0.0/26

Apartado D. ACLs

Deséxase mellorar a seguridade da rede mediante unha ACL que non permita facer ping dende a RED1 a ningún equipo da RED2 pero si o permite da RED2 á RED1.

Os equipos da RED1 unicamente poderán conectarse ao servidor web (10.0.128.2) vía HTTPS e a ningún outro porto dese equipo nin ningún equipo doutra rede.

Os equipos da RED1 poderán conectarse ao resto de equipos da RED2 empregando portos TCP menores de 1024 e ningún mais.

O resto do tráfico debe estar bloqueado.

Escriba a ACL e asígnea á interface e router axeitado. Supoña o resto da configuración xa realizada e para este exercicio tome como RED1 a rede 10.0.0.0/19 e para a RED2 a rede 10.0.128.0/19.