Teoría sobre o Servizo de correo electrónico

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Mapa mental (UD4)

Consideracións previas

Obxectivos

  • Coñecer os protocolos implicados no envío e a recepción de emails.
  • Recoñecer os diferentes encabezados e tipos de información que pode conter un email.3
  • Identificar os axentes que interveñen na comunicación entre clientes e servidores de correo electrónico.
  • Familiarizarse cos diferentes comandos e respostas dos protocolos que interveñen nas comunicacións de correo.
  • Aprender a instalar e configurar servizos de correo electrónico e webmail

Introdución

Os servizos de correo electrónico son uns dos elementos clave á hora de transferir información a través da rede suplantando o tradicional uso do correo ordinario. O cremento doutros sistemas coma os servizos de mensaxería instantánea, chat ou as videconferencias non lle teñen restado importancia convertíndoos a todos nun ecosistema de servizos complementarios.

As orixes do correo electrónico remóntanse o ano 1962 ondo foi enviado o primerio no MIT (Massachusetts Institute of Technology). Alí os usuarios que compartían un equipo ó que se conectaban a través de terminais remotos comezaron a intercambiar mensaxes. Foi no 1965 cando se implementou o servizo MAIL que permitía o intercambio de mensaxes dun xeito máis normalizado entre os usuarios da máquina; mais non foi ata 1971 cando o intercambio de mensaxes puido levarse a cabo entre diferentes máquinas a través da rede.

Moito evolucionaron os servizos de correo electrónico desde a súa aparición. Co incremento de uso dos smartphones e a obligatoriedade de ter unha conta en un servizo dependente do sistema operativo implantado nestes dispositivos para o seu uso, as grandes compañías apostaron por mellorar as interfaces de uso desenvolvendo apps que faciliten ó usuario o envío de correos. Existe ademáis un elevado número de compañías que ofrecen este servizo de forma gratuita (ou por ser exactos, a costa de tratar os nosos datos coa perda de privacidade que conleva).

Está crecendo o número de servicios que, vinculados os servizos de correo, permiten realizar outro tipo de tarefas coma edición de formularioss, almacenamento e edición na nube de todo tipo de documentos, calendario personalizado, etc.
Cada vez é máis común o emprego de servicios webmail. Estos constan dun servizo web cunha interfaz que permite facer uso das características dos protocolos de correo a través dun navegador mediante o protocolo HTTP/HTTPS.

Con todos estos avances, segue tendo algunhas limitacións:

  • a priori seguen sendo sistemas que non teñen acuse de recibo e que non permiten saber cando o destinatario lee a mensaxe.
  • xurdíu a problemática do SPAM, correos electrónicos non desexados
  • e na súa peor vertente, os ataques informáticos de phising
Denomínase SPAM aos correos electrónicos recibidos con contidos non desexados nin solicitados polo receptor. Este tipo de email adoita asociarse a fins delictivos (hacking, expoliación de contas bancarias, venta ilegal de produtos ou servizos…).
O comando STARTTLS (definido para POP, IMAP e SMTP) transforma unha conexión insegura en segura mediante o emprego de SSL/TLS e sen necesidade de empregar novos portos de conexión. Nembargantes xa é unha solución obsoleta e insegura por tratarse dun mecanismo que parte desde unha conexión iniciada en claro. O aconsellable é coma se indica no RFC 8314 o uso de Transport Layer Security (TLS) para o envío e acceso ós emails.

Email ou correo electrónico

As mensaxes transferidos mediante un servicio de correo electrónico chámanse emails ou correos electrónicos. Cada un deles componse de varios encabezados que se antepoñen o corpo da mensaxe.

Na seguinte táboa pódese ver unha descripción dalgúns dos encabezados.

Encabezados dun email
Encabezado Descrición
From Enderezo do autor do email
To Enderezo dos receptores principais do email (visibles neste campo)
CC Carbon Copy. Enderezo dos receptos os que se lles remite unha copia deixando constancia de que non son os receptores principais do email (sendo igualmente visibles)
BCC Blind Carbon Copy. Enderezo dos receptos os que se lles remite unha copia (aínda que non visibles para o resto de persoas)
Subject Asunto do email
Date Data e hora local na que o email foi enviado
Reply-to Enderezo de correo a que se desexa que vaían as responstos ó email'
Message-ID Identificador único da mensaxe
References Fai referencia a outros documentos relacionados co email (outro email)
Received Traza de seguemento da indormación xenerada polos servidores que correo que previamente manexaron esa mensaxe. A secuencia de aparición na mensaxe é inversa a do paso polos servidores.

Extensión MIME

No corpo do correo pode existir información de diversos tipos e esto débese os tipos MIME. Para deixar constancia de que a mensaje está composta por varios tipos de información débese facer uso dos encabezados MIME-Version e Content-Type. Cada unha das partes do contido irá delimitada polo valor que foi establecido en boundary dentro do encabezado Content-Type. Estes límites:

  • levarán sempre o prefixo “--”.
  • o límite final terminará co sufixo “--”.

A continuación podes ver un exemplo de corpo de email con varios contidos:

(MIME):
MIME-Version : 1.0
Content-Type: multipart/mixed; boundary= "XXXXXXXXXXXXXXXX"

Esta é unha mensaxe formada por varios contidos con formato MIME.
--XXXXXXXXXXXXXXXX
Content-Type: text/plain

... texto do email
--XXXXXXXXXXXXXXXX
Content-Type: text/plain;
Content-Disposition: attachment; filename="ficheiro.txt" 

... texto achagedo no ficheiro.txt
--XXXXXXXXXXXXXXXX
Content-Type: image/gif
Content-Disposition: form_data; name=upload_control; filename="imaxe.gif"
... contenido da imaxe GIF
--XXXXXXXXXXXXXXXX

Axentes e protocolos de transferencias de mensaxes

Axentes do servizo

Denomínanse axente do servizo cada un dos elementos que participan na transferencia de emails:

  • MUA (Mail User Agent ou Axente de Usuario de Correo): encargado de compoñer, enviar e recibir emails no lado cliente. Utiliza o protocolo SMTP para o envío e POP/IMAP para a recepción/lectura
  • MTA (Mail Transfer Agent ou Axente de Transferencia de Correo): encargado de recoller emails enviados polos MUA u outros MTA. Cada vez que un MTA recibe unha mensaxe, decodifica a información do encabezado para determinar a onde vai dirixido e se llo entrega ó MTA correspondente na máquina receptora ou o seu propio MDA no caso de que o email vaia destinado a un usuario do seu mesmo dominio. Además, modifica o encabezado agregando datos. Polo tanto, un encabezado de correo electrónico ten varias pezas de información do servidor, incluidos os enderezos IP.
  • MDA (Mail Delivery Agent ou Axente de Entrega de Correo): Sistema que recibe os emails e os distribue o MUA

Protocolos empregados no correo electrónico

O servizo de correo electrónico fai uso de varios protocolos da capa de aplicación

IMAGEN

As conexións a servidores POP, IMAP y SMTP póden realizar mediante o uso do comando TELNET (desaconsellado por a súa inseguridade), SSH ou calquera método dos vistos para conexión remota.

POP

O protocolo POP (Post Office Protocol ou Protocolo de Oficina de Correo) é o protocolo máis básico que se pode empregar para a lectura de correos electrónicos. A versión actualmente empregada é a versión POP3 que data do ano 1996.

Basea o seu funcionamiento na descarga dos correos no equipo cliente e o conseguiente vaciado do buzón de correo do servidor. Porén unha vez descargados estes correos estarán accesibles sen necesidade de que exista conexión á rede.

Realízase un intercambio de contrasinal sen cifrar no proceso de conexión ó servidor; por iso considérase un protocolo vulnerable, e xurde o método alternativo de autenticación APOP para paliar esta debilidade.

Comandos

A continuación amósase unha táboa dos comandos POP3 disponibles segúndo o estándar

Comandos do protocolo POP3
Comando Descrición
POP Engade seguridade á autenticación mediante o emprego de funcións resumo e marcas de tiempo e identificadores únicos de cada saúdo que emita o servidor.
DELE [num_mensaxe] O servidor POP3 marca a mensaxe coma borrada. Cualquera referencia futura ó número asociado na mensaxe arrojará un erro. Realmente non se elimina ata que non se execute QUIT para entrar na fase de actualización.
LIST [num_mensaxe] Se se acompaña dun número de mensaxe, devuelve unha resposta positiva cunha líña que conten información da mensaxe; se non devolve unha resposta positiva multilínea na que por cada mensaxe do buzón haberá unha líña coa información do mesmo.
NOOP Forza unha resposta positiva do servidor (non fai nada).
PASS contrasinal Utilizado como segundo comando da fase de autenticación. Envíase con un argumento que indica o contrasinal específico do buzón (requerido).
QUIT Forza a que o servidor elimine as mensaxes marcadas como borradas e responde según o resultado da operación. Tanto e borrado é exitoso ou non, libera o cerroxo de acceso exclusivo sobre o buzón e pecha a conexión TCP.
RETR [num_mensaxe] Solicita a descarga da mensaxe indicada como argumento. O servidor responde cunha resposta positiva seguida da mensaxe ou cunha respuesta negativa se non existe.
RSET Fai que o servidor elimine a marca de borrado sobre todas as mensaxes e devolva unha resposta positiva ó facelo.
STAT Pide ó servidor unha respuesta positiva cunha líña que conteña información do buzón.
TOP [num_mensaxe] [num_liñas] Acompañado dos argumentos número de mensaxe e número de liñas solicita as cabeceras da mensaje e as enésimas primeiras líñas indicadas.
UIDL Solicita o servidor que devolva un listado de identificadores únicos das mensaxes contidas no buzón (son persistentes entre diferentes sesións).
USER id_buzón Utilizado como primeiro comando da fase de autenticación; envíase cun argumento que identifica un buzón (requirido).

Exemplo de sesión POP3

Consulta, descarga e borrado de emails nunha sesión POP3:

S:    <espera de conexión POP3 polo porto 110>
C:    <conexión aberta>
S:    +OK POP3 server ready <2128.960100292@cifprodolfoucha.local>
C:    APOP usuario a6c9889eba257eac009f79031f1a02bc
S:    +OK usuario's maildrop has 2 messages (260 octets)
C:    STAT
S:    +OK 2 260
C:    LIST
S:    +OK 2 messages (260 octets)
S:    1 120
S:    2 140
S:    .
C:    RETR 1
S:    +OK 120 octets
S:    <the POP3 server sends message 1>
S:    .
C:    DELE 1
S:    +OK message 1 deleted
C:    RETR 2
S:    +OK 140 octets
S:    <the POP3 server sends message 2>
S:    .
C:    DELE 2
C:    QUIT
S:    +OK dewey POP3 server signing off (maildrop empty)
C:    <peche de conexión>
S:    <espera ante novas conexións>

IMAP

O protocolo IMAP (Internet Message Access Protocol ou protocolo de acceso a mensaxes a través de Internet) é un protocolo máis elaborado que POP para a lectura de correos. Existen varias versións do protocolo empregándose na actulidade IMAP4.

Os correos leense directamente a través da conexión a Internet e sen necesidade de descarga no equipo cliente coma se facía con POP. O acceso ó correo pode realizarse desde calquiera equipo conectado á rede, e entre outras funcionalidades:

  • podense compartir buzóns
  • permítese a creación de carpetas e subcarpetas para facilitar a administración do correo
  • podense etiquetar os emails…
  • ...

Comandos

Amósase unha táboa cos comandos IMAP 4 disponibles segúndo o estándar:

Comandos do protocolo IMAP
Comando Descrición
CAPABILITY Solicita a lista de funcións soportadas polo servidor.
NOOP Forza unha resposta positiva do servidor (non fai nada).
LOGOUT Informa ó servidor de que terminou coa conexión.
AUTHENTICATE Solicita un mecanismo de autenticación ó servidor.
LOGIN Identifica ó cliente no servidor mediante login e contrasinal (viaxa en claro).
SELECT [id_buzón] Selecciona un buzón para que se poida acceder as mensaxes nel contidos.
EXAMINE [id_buzón] Igual que SELECT pero o buzón non admitirá cambios (read-only).
CREATE [nome_buzón] Crea un buzón no servidor co nome nome_buzón.
DELETE [nome_buzón] Elimina o buzón nome_buzón.
RENAME [nome_buzón_orixinal] [nome_buzón_novo] Cambia o nome dun buzón. Ínvócase con dos argumentos: nombre_buzón_orixinal coma argumento 1 e nome_buzón_novo coma argumento 2.
SUBSCRIBE [nome_buzón] Agrega o buzón especificado ó conxunto de buzóns activos/subscritos do servidor.
UNSUBSCRIBE [nome_buzón] Elimina o buzón especificado do conxunto de buzóns activos/subscritos do servidor.
LIST Permite solicitar un listado dos buzóns que hai no servidor.
LSUB [id_usuario] Solicita un listado dos buzones ós que se suscribíu o usuario.
STATUS [id_buzón] Solicita información acerca do estado do buzón indicado como argumento.
APPEND [id_buzón] Engade unha mensaxe nova a un buzón.
CLOSE Pecha o buzón actual.
EXPUNGE Borra permanentemente as mensaxes marcadas como borrados.
SEARCH Permite realizar búsquedas de mensaxes nun buzón.
FETCH Permite descargar mensaxes.
STORE Cambia os flags das mensaxes (\Delete é o flag borrado por exemplo).
COPY Realiza a copia de mensaxes nun buzón.

Respostas

Respostas dos comandos do protocolo IMAP
Resposta Descrición
OK Fnalización exitosa do comando asociado.
NO Finalización non satisfactoria do comando asociado.
BAD Mensaje de erro do servidor; informa dun erro de nivel de protocolo no comando do cliente asociado.
PREAUTH A conexión xa foi autenticada por outros medios e non é necesario LOGIN.
BYE O servidor vai pechar a conexión.

Exemplo de sesión IMAP4

Pódese ver un fragmento de sesión IMAP4 para o borrado de emails:

C: A201 STORE 3:5 +FLAGS (\Deleted)
S: * 3 FETCH (FLAGS (\Deleted \Seen))
S: * 4 FETCH (FLAGS (\Deleted \Flagged \Seen))
S: * 5 FETCH (FLAGS (\Deleted))
S: A201 OK STORE completed
C: A202 EXPUNGE
S: * 3 EXPUNGE
S: * 4 EXPUNGE
S: * 5 EXPUNGE
S: A202 OK EXPUNGE completed

SMTP

O protocolo SMTP (Simple Mail Transfer Protocol ou protocolo simple de transferencia de correo) é o protocolo empregado para o envío de correos desde un cliente de correo a un servidor ou para o reenvío de correos dun servidor a outro.

A especificación orixinal do procolo atópase na RFC 821. Actualizacións do protocolo son:

  • A RFC 2821 que extende o servizo orixinal
    • co comando EHLO (reemplazando a HELO)
    • un rexistro de extensións de servicio SMTP
    • parámetros adicionais ós comandos MAIL y RCPT
    • reemplazos opcionais para os comandos definidos neste protocolo (como DATA en transmisións que no sexan de contido puramente ASCII)
  • A RFC 5321
  • A RFC 7504

Comandos

Amósase táboa resumo dos pricipais comandos do protocolo.

Comandos do protocolo SMTP
Comando Descrición
HELO/EHLO nome_equipo Inicia unha sesión no servidor; coma argumento indícaselle o nome do equipo.
MAIL FROM Indica o emisor da mensaje.
RCPT TO Indica o destinatario da mensaxe.
DATA Indica o comezo da mensaxe. A mensaxe finaliza cunha liña que conten únicamente un punto ..
QUIT Pecha a sesión.
RSET Aborta a transacción en curso.

Códigos de resposta

Respostas dos comandos do protocolo SMTP
Resposta Descrición
1XY Resposta preliminar positiva. O cliente SMTP debe enviar outro comando que especifique se continuar ou cancelar a acción.
2XY Comando completado satisfactoriamente.
3XY Comando aceptado. O servidor queda á espera de máis información para concluir a operación.
4XY Respuesta de error posiblemente transitorio ou temporal. O cliente pode repetir o comando.
5XY Resposta de erro permanente. O cliente no ndebe repetir o comando.
NOTA. XY son díxitos que matizan o tipo de resposta. Por exemplo: 221 <domain> Service closing transmission channel

A case totalidade dos códigos veñen descritos no RFC 5321, e aquí podes encontrar máis información dos mesmos

Exemplo de sesión SMTP

Exemplo de sesión SMTP para o envío dun email:

S: 220 smtp.server.com Simple Mail Transfer Service Ready 
C: EHLO equipo.dominioorixe.com 
S: 250 Hello equipo.dominioorixe.com 
C: MAIL FROM:<enderezo1@dominioorixe.com> 
S: 250 OK 
C: RCPT TO:<enderezo2@dominiodestino.com> 
S: 250 OK 
C: DATA
S: 354 Send message content; end with <CR><LF>.<CR><LF>
C: Subject: Asunto
C: From: enderezo1@dominioorixe.com
C: To: enderezo2@dominiodestino.com
C:
C: Email enviado desde enderezo1@dominioorixe.com en equipo.dominioorixe.com.
C: Adios.
C:
C: .
C: <CR><LF>.<CR><LF>
S: 250 OK, message accepted for delivery: queued as 12345
C: QUIT
S: 221 Bye

Podes aquí atopar máis exemplos de sesións SMTP.

Contas de correo, alias e caixas de correo de usuario

Contas

Para enviar e recibir un correo é preciso ter unha conta de usuario nun servidor de correo ou un enderezo de correo electrónico.

Normalmente o proveedor de correo electrónico, o ISP ou o proveedor de hosting ofrecen la posibilidad de ter unha conta nos seus servidores desde un programa de lectura de correo. Esta aplicación é coñecida coma, cliente, axente de correo, ou Mail User Agent).

As contas de correo teñen dúas partes:

  • O nome de usuario
  • O nombre ou enderezo IP do servidor de correo electrónico.

Ambas partes están separadas polo símbolo arroba (@).

PENDENTE. Táboa de correos correctos e incorrectos

Alias de caixa de correo

Un alias é un alcume que se utiliza por razóns estéticas ou para dar un matiz familiar e agarimoso; na xestión do correo o seu uso e para contar con nomes de usuarios alternativos.

Os alias de correo electrónico empreganse para o reenvío de correo. Podemos poñer un alias a un enderezo que xa temos nese mesmo servidor (por eeemplo: se temos una conta chamada Jose@dominio.com, podemos crear os alias pepe@dominio.com ou pepón@dominio.com, a outro correo de outro servidor (jose@dominio.es a jose@dominio.gal) ou a varios correos (jose@dominio.com a director@dominio.com e jose@gmail.com).

Existen dous tipos de alias para correo electrónico:

  • os que substiuen a un ou varios correos concretos
  • os chamados universales, de sistema ou sumidero, que recollen o correo de todas os enderezos posibles que no estén asignados a ningún usuario dado de alta (como si foran un enderezo comodín).

Caixa de correos

Moitas persoas adoitan chamarlle caixa de correo (ou buzón de correo) os enderezos de correo electrónico.

Nembargantes, as caixas de correo son subcarpetas (folders) do sistema de correo electrónico do usuario onde se almacenan as mensaxes recibidas.

Porén, poden ser distantas contas dun mesmo usuario, carpetas dunha mesma conta,vou distintos usuarios nun servidor de correo concreto.

E esas carpetas poden ser reales ou virtuais.

Reenvío de correo e correo non desexado

Servidores de correo eletrónico

Cada vez é máis común contratar un proveedor do servizo de correo electrónico, polas contras de configurar e manter nos mesmos o servizo:

  • é complexo
  • hai que instalar antivirus, antispam,
  • adicarlle horas do personal para manter o serviczo

Nestes dous artigos (de DigitalOcean e [GenBeta https://www.genbeta.com/correo/autohospedar-mi-correo-durante-23-anos-he-tirado-toalla-este-ceo-lamenta-que-email-sea-ahora-oligopolio] profundízase nesa cuestión.

En todo caso, a continuación indícanse disintos servidores de correo electrónico para contornas Windows e Linux.

Contornas Windows

Microsoft Exchange

Coñecido servidor de correo electrónico propietario de Microsoft. Na súa web hai documentación para a súa instalación e configuración.

A última versión é a Exchange Server 2019.

hMailServer

Conforme indica a Wikipedia, hMailServer es un servidor de correo gratuito y libre para contornas Windows desenvolto en Suecia.

Compatible cos protocolos habituais (IMAP, SMTP, POP3) incorpora unha biblioteca COM que pode usarse para a súa integración con outro software ou para realizar tarefas complexas de xeito automatizado a través de scripts. Admite tamén dominios virtuais, listas de distribución, antivirus, antispam, alias, dominios distribuidos, seguridad integrada co Directorio Activo de Windows, Backup e moito máis.

Nun servidor de base de datos (MySQL ou Microsoft SQL Server) son almacenados os datos de configuración. A distribución inclúe unha versión reducida de MySQL que se pode instalar conxuntamente con hMailServer (por se o usuario non ten un servidor de base de datos na súa rede). Inclúe tamén unha versión adaptada de PHPWebAdmin para a súa administración remota e o antivirus ClamWin, sendo posible usar outros. Ten tradución a español entre outras linguas.

MDaemon Email Server

MDaemon é un servidor de correo alternativo a Exchange, Office 365 e outros pola súa seguridade, facilidade de uso e fiabilidade.

Contornas Linux

Existen múltiples alternativas.

Exim

Exim (EXperimental Internet Mailer) é un axente de transporte de correo (Mail Transport Agent ou MTA) desenvolto pola Universidade de Cambridge; é software libre que pode ser utilizado na mayoría dos sistemas Unix sendo o MTA por defecto nas distribucións Debian GNU/Linux.

Postfix

Postfix é un servidor de correo de código aberto para o enrutameento e envío de correo electrónico. Foi creado coa intención de ser unha alternativa máis rápida, fácil de administrar e segura que o ampliamente utilizado Sendmail.

Postfix é o axente de transporte por omisión en diversas distribucións de Linux e nas últimas versiones do Mac OS X. Para 2016 Postfix conta cun uso estimado do 25% dos os servidores de correo electrónico de todo o mundo.

Sendmail

Sendmail é un popular axente de transporte de correo (Mail Transport Agent ou MTA). A súa tarefa consiste en encamiñar as mensaxes ou correos de forma que estes cheguen o seu destino. Soporta muchos tipos de métodos de entrega,

Existe en versión de software libre e propietario. Por ser orixinario dos anos 80 cando a segurirade non era a maior prioridade, foron nas súas primeiras versións detectadas moitas vulnerabilidades.

Axigen

Axigen anúnciase con funcionalidades de Mail server, calendaring & collaboration atopándose disponible para plataformas Linux, Windows e Docker

Citadel

Citadel comenzou nos anos 80 coma ferramenta para acceder as BBS.

Foise expandido e na actualidade anúnciase así:

"Easy to install. Easy to use. 100% open source. No compromises. Email, collaboration, groupware, and content management - up and running in minutes, on your own hardware or in the cloud"

Zimbra Email Server

A suite de colaboración Zimbra (Zimbra Collaboration Suite ou ZCS) é un programa informático colaborativo ou Groupware que consta dun servizo de correo electrónico.

Zimbra posúe tanto o componente de servidor coma o seu respectivo cliente. Existen versións de Zimbra de código aberto soportadas pola comunidade e outras con parte do código cerrado con algunhas melloras e soportadas comercialmente.

qmail

Taboa comparativa de MTAs do libro Life with qmail

qmail é un servidor de correo electrónico (SMTP) programado en C para Unix.

Utiliza o formato maildir para almacenar mensaxes (un ficheiro por mensaxe), eliminando varios problemas asociados ó manexo do formato mbox.

Qmail é de dominio público.

No ano 1997 o autor ofreceu unha recompensa de US$500 ó primeiro que publicase unha falla de seguridade no programa; un grupo independente de usuarios tamén ofreceu US$1000. Aínda non se sabe de ninguen que a atopara, polo que qmail ten reputación de ser moi seguro (ademáis de rápido e eficiente).

Clientes de correo electrónico

Contornas Windows

Microsoft Outlook

Cliente de correo nativo de sistemas operativos Microsoft. Ven coa suite ofimática Microsoft Office e permite unha fácil integración con servicios Exchange.

O cliente de correo electrónico por excelencia para sistemas operativos Windows é Outlook, aínda que tamén se poden utilizar ferramentas de terceuros coma Mozilla Thunderbird ou eMClient.

Outlook forma parte dos paquetes software distribuídos coa suite ofimática Microsoft Office e a súa instalación non reviste de ningunha complexidade.

Configuración

Para configurar o cliente na última versión (Outlook 2019), débese lanzar o asistente de configuración desde a lapela:

Archivo > Información de cuentas > + Agregar cuenta 

E introdúcese o enderezo da conta de correo electrónico.

Para configurar a conta de xeito manual é preciso despregar:

Opciones avanzadas > Permitirme configurar manualmente mi cuenta

No menú seleccionarase o tipo de servizo para configurar (Outlook.com, Exchange, POP, IMAP o Google, entre oitros) e introducirase o contrasinal asociado á conta, rematando o proceso pulsando en Conectar.

emClient

emClient é un cliente de correo para Mac e Windows con chat integrado

tutanota

Tutanota é un cliente seguro con encriptación, fácil de usar e pensando na privacidade por deseño.

Contornas linux

En sistemas Linux existe unha gran variedade de clientes de escritorio para acceder ó correo electrónico. Destacan:

Sylpheed

Simple e lixeiro cliente de escritorio para sistemas Linux.

Instalación e configuración

Para instalar:

$ sudo apt-get install sylpheed

A súa configuración é moi sinxela Accedemos a:

Configuración > Editar cuentas... > Añadir. 

As configuracións mínimas establecense nas lapelas Básico e SSL. Na lapela Avanzadas modifícanse os portos para utilizar na conexión.

Dispositivos móbiles

Android

Hai unha gran variedade de ferramentas para Android das que aquí podes atopar unha pequena selección con breve descripción .

iPhone, iPad o iPod touch

Mail é a aplicación por defecto pero hai outras aplicacións alternativas.

Multiplataforma

Mozilla Thunderbird

Trátase dun cliente de escritorio multiplataforma.

Spark

Spark (para dispositivos Android e Apple) destaca por:

  • bandexa de entrada intelixente. Clasifica todos os correos electrónicos recibidos en tres categorías (Personales, Notificacións e Noticias) priorizado aqueles que considera importantes. Los correos se clasifican . También incluye un calendario para programar correos y organizar actividades.
  • modo oscuro. Permite aforro de enerxía e evita fatiga visual.
  • soporta plataformas como Dropbox, Box e iCloud.

Polymail

Polymail (para Windows, Mac, iOS e en desenvolvemento para Android) destaca por:

  • interfaz de usuario moi sinxela e fácil de usar.
  • permite programar correos para ser enviados posteriormente gracias o seu calendario
  • permite saber quén e cando foi lido o correo.
  • facilita a xestión de Spam desafiliando a túa conta de certos servizos con so clic

myMail

myMail (para dispositivos Android e [Apple) destaca por:

  • a súa seguridade. Utiliza Face ID/Touch ID e código PIN para restringir ó acceso.
  • o seu motor de búsqueda. Permite ubicar máis rápido os teus correo electrónicos e o uso de filtros.
  • multiplataforma soportando contas MSN, Hotmail, Gmail, iCloud, Outlook e Yahoo!.
  • moi personalizable

ProtonMail

Proton Mail é un servizo de correo electrónico cifrado creado no 2013 a raíz das revelacións do extraballador da NSA Edward Snowden sobre as prácticas de vixilancia masiva das axencias de seguridade estadounidenses. Non é un cliente de correo local, se non un de tipo Webmail.

Resumo

  • Os servizos de correo electrónico están formados por un conxunto de protocolos da capa de aplicación, cada un deles ocupado nunha tarefa determinada.
  • Cada conta de correo electrónico está formada polo nome do usuario e o nome do dominio o cal pertence. Ambas partes están separadas pola arroba @.
  • Cada email dispón dunha serie de encabezados que identifican:
    • o remitente
    • o destinatario
    • o asunto
    • o corpo
  • Pode conter texto ou outro tipo de información grazas á inclusión dos tipos MIME.
  • Cada un dos elementos que interveñen na transferencia ou consulta de correos denóminase axente. Poden ser:
    • MUA (encargado de compoñer, enviar e recibir emails mp lado cliente)
    • MTA (encargado de recoller emails enviados polos MUA u outros MTA)
    • MDA (encargado de recibir os emails)
  • Os protocolos empregados son
    • POP (para a descarga de correos ó equipo cliente onde poden lerse posteriormente)
    • IMAP (para a consulta de correos a través da rede sen necesidade de descargalos desde o servidor)
    • SMTP (para a transferencia de correos desde un cliente ó servidor e entre servidores)
  • Os protocolos POP, IMAP e SMTP admiten conexións seguras baseadas no emprego de SSL/TLS.
  • Como tecnoloxías servidor pódense atopar entre outras:
    • Microsoft Exchange Server. Completo servidor de correo nativo de sistemas operativos Microsoft. Require da existencia dun dominio Active Directory ó que debe pertencer ó servidor. Por defecto instala o servizo webmail que permite accesos a través do navegador n a URL https://FQDN/owa.
    • Postfix e Courier. Sobre sistemas operativos da familia Linux. Para ofrecer o servicio webmail faise necesario o uso do paquete LAMP Server e integrar sobre él RoundCube ou solución equivalente.
  • No lado cliente tamén se pode escoller entre varias alternativas:
    • Microsoft Outlook. Cliente de correo nativo de sistemas operativos Microsoft. Ven coa suite ofimática Microsoft Office e permite unha fácil integración con servicios Exchange.
    • Sylpheed. Simple cliente de escritorio para sistemas Ubuntu Linux. Fácilmente configurable e moi lixeiro.
    • Mozilla Thunderbird. Trátase dun cliente de escritorio multiplataforma.
    • emClient.

Bibliografía

Referencias