DRUPAL Roles de usuarios

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Creando novos roles

  • Os diferentes permisos que se poden dar en Drupal poden 'agruparse' formando Roles.
  • Un rol vai representar un conxunto de permisos e van poder asignados aos usuarios. De tal forma que un rol asociado a un usuario leva consigo que dito usuario obteña os permisos asociados ao rol.
  • Para crear un rol temos:


Roles por defecto en Drupal

  • Drupal ven con 3 roles creados por defecto.

Drupal rol 8.jpg

  • Anonymous user (Usuarios anónimos): Este rol é o que se emprega para aqueles usuarios que non teñen conta ou que non se autenticaron. Non pode ser eliminado do sistema.
  • Authenticated user (Usuarios autenticados): Este é o rol que teñen todos os usuarios que inician unha sesión no Drupal. Tampouco pode ser eliminado do sistema. Dito rol ten asociado unha serie de permisos (os veremos no seguinte punto) que terán efecto no momento en que o usuario se autentica no sistema (inicia sesión).
  • Administrator (Administrador): Este rol ten todos os permisos para poder manexar Drupal. Cando se instale un módulo, tipo de contido,...que necesiten ou poidan usar permisos para o seu funcionamento, daranse de forma automática a este rol. Pode eliminarse ou editar ou seus permisos asociados.





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).