Diferencia entre revisiones de «Moodle»
| Línea 119: | Línea 119: | ||
=== Os foros === | === Os foros === | ||
| + | O foro é unha ferramenta de comunicación e traballo. Un foro pode verse como un taboleiro de mensaxes en liña onde os e as participantes no curso poden colocar novas mensaxes ou responder a mensaxes antigas, creando desta maneira fíos de conversa. | ||
| + | |||
| + | Podes ler o artigo para información máis detallada: | ||
| + | * [[Configuración e uso de foros no Moodle]] | ||
=== As conversas (chat) === | === As conversas (chat) === | ||
Revisión del 16:53 23 oct 2022
Sumario
- 1 Que é Moodle?
- 2 Aspectos xerais de Moodle
- 3 A instalación
- 4 Usando Moodle coma profesor
- 4.1 Como moverse en Moodle
- 4.2 A miña área persoal, o Perfil e as Preferencias de usuario
- 4.3 Onde se gardan os meus ficheiros e como os xestiono
- 4.4 Como crear, configurar e moverse dentro dun curso
- 4.5 Para que serve o modo edición
- 4.6 Como usar o editor de texto de Moodle
- 4.7 Como inserir imaxes co editor de Moodle
- 4.8 Como xestionar un curso
- 4.9 Recursos e contidos de Moodle
- 4.10 As actividades do Moodle
- 5 Usando Moodle coma administrador
- 6 Tarefas
- 7 Referencias
Que é Moodle?
A educación no actual século XXI vai moito máis alá dos tradicionais apuntamentos, os libros de texto e as aulas como os únicos espazos físicos onde se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Constantemente escoitamos que se cuestiona o modelo de ensinanza tradicional e cada vez son máis os que propoñen e reclaman novas prácticas educativas máis activas e baseadas na consecución de competencias que contemplen tódolos aspectos do proceso educativo.
Por outro lado, tendo en conta que Internet representa a maior revolución en canto á difusión do coñecemento dende a aparición da imprenta de Gutenberg, precisabamos unha plataforma que fose capaz de integrar as diferentes posibilidades que nos proporciona a Rede en canto ao seu aproveitamento educativo.
O día 20 de agosto de 2002 publícase a primeira versión de Moodle (versión 1.0) e dende esa data ata a actualidade continúan publicándose periodicamente novas versións desta aplicación (sendo a última a finales de 2022 a 4.0).
Moodle é unha plataforma web pensada para a formación a distancia que se sustenta sobre un sistema tecnolóxico ao que podemos denominar como de web dinámica e cunha estrutura pedagóxica que inclúe elementos do construtivismo e do construcionismo.
Trátase dun software deseñado para ofrecerlles aos educadores a posibilidade de crear facilmente cursos en liña de gran calidade, así como tamén contornas virtuais de aprendizaxe (EVA).
Este tipo de aplicacións, que se utilizan para poñer en marcha e xestionar unha formación, coñécense como xestores de contidos de formación ou tamén polas súas siglas en inglés "LCMS" (Learning Content Management System).
A palabra MOODLE xurde orixinalmente do acrónimo de "Module Object-Oriented Dynamic Learning Environment", que foi a denominación elixida polo seu creador orixinal Martin Dougiamas. Moodle é software libre, polo que no desenvolvemento desta aplicación colaboran actualmente moitas outras persoas de todo o mundo en canto á elaboración, modificación e actualización da propia aplicación.
Pódese ler sobre as súas características máis salientables na súa web.
Aspectos xerais de Moodle
Moodle é un proxecto moi vivo e en constante cambio. Porén, e moi difícil elaborar e manter unha guía actualizada de todas as suas opcións. No momento de elaborar esta guía (curso académico 2022/2023), acaba de saír a versión 4.0 de Moodle, que contén númerosos cambios e melloras. En particular, a interfaz gráfica sufríu unha remodelación notoria, así que sería preciso reactualizar todos os contidos con novas capturas.
Como esa labor excede do posible e razonable, e porque e bo para alumnado ter a capacidade de indagar de xeito autónomo e saber localizar e comprender documentación actualizada, moitas das seguintes seccións serán únicamente enlazadas á versión actual de Moodle que contén información relevante; sendo a obriga do lector comprobar se esa información segue vixente (ou hai nova versión actualizada), e de non comprender a mesma, buscar fontes alternativas.
Un punto máis a ter en conta: a documentación sempre está máis completa, actualizada e sen erros de tradución en inglés.
Con todo, eiquí está a páxina principal da documentación en inglés e en castelán:
Por seguir esa recomendación de usar o inglés, deixo accedo a tres guías rápidas nesa lingua:
E en videotitoriais:
A instalación
Usando Moodle coma profesor
Como moverse en Moodle
A miña área persoal, o Perfil e as Preferencias de usuario
Onde se gardan os meus ficheiros e como os xestiono
Como crear, configurar e moverse dentro dun curso
Sobre os cursos:
- Qué é un curso (video)
- Información dos cursos
- Engadindo un novo curso
- Configurando un curso
- Presentación (layout) do curso (video)
- Matriculando ao alumanado nos cursos
- Dando acceso ao alumnado aos cursos (video)
Para que serve o modo edición
Como usar o editor de texto de Moodle
Como inserir imaxes co editor de Moodle
Como xestionar un curso
A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa aparencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.
Aprender a xestionar un curso de Moodle non se limita unicamente a saber crear contidos e/ou actividades, senón que implica tamén controlar todo o relacionado coa interacción entre profesores e alumnos así como aqueles outros elementos estéticos, funcionais, estruturais e organizativos que teñen unha importante influencia no desenvolvemento do curso.
Matricular alumnos/as no curso
Seguimento da actividade do alumnado
Xestión das cualificacións do alumnado
O banco de preguntas
Como traballar con grupos
Que son os agrupamentos e para que serven
Os bloques de Moodle
Recursos e contidos de Moodle
O profesor dun curso de Moodle ten a opción de incluír todo tipo de materiais e recursos para o seu alumnado, é dicir, ten a opción de mostrarlle calquera tipo de documentación ou información en múltiples formatos, ben sexa en formato texto, audio, vídeo...
Veremos agora como podemos inserir estes materiais no noso curso e aprenderemos a xestionar e configurar os distintos tipos de recursos dispoñibles.
Engadir e modificar recursos
Engadir unha páxina
Engadir un cartafol
Engadir un URL
Engadir etiquetas
Engadir un libro
As actividades do Moodle
As actividades de Moodle son todos aqueles elementos sobre os que o alumno poderá traballar e interactuar.
Unha actividade é un nome xenérico que Moodle utiliza para denominar un elemento interactivo, sobre o que o alumado deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor ou profesora.
Neste apartado veremos distintos tipos de actividades que podemos incorporar ao noso curso de Moodle.
Os foros
O foro é unha ferramenta de comunicación e traballo. Un foro pode verse como un taboleiro de mensaxes en liña onde os e as participantes no curso poden colocar novas mensaxes ou responder a mensaxes antigas, creando desta maneira fíos de conversa.
Podes ler o artigo para información máis detallada:
As conversas (chat)
As enquisas
A escolla (consulta)
O glosario
A lección
A proba
As tarefas
A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo do alumnado dun curso. Preséntase un enunciado sobre o que o alumnado ha de traballar para, finalmente, enviar unha solución ao mesmo. Detállanse máis as súas opcións neste artigo:
A rúbrica
Tratáse neste apartado, cun exemplo práctico, o uso de rúbricas no Moodle:
Usando Moodle coma administrador
Engadir usuarios
Engadir cursos
Cambiar o look and feel
Hai un artigo na documentación adicado a esta cuestión:
A modo de exemplo, trataremos dúas das posibilidades de uso máis habitual:
- Header and footer - como mostrar información importante no encabezado e no pe de páxina do teu curso (e posiblemente un link a Google Analytics)
- Themes - Información xeral para cambiar o tema do teu Moodle para todo o sitio ou para algunhas seccións. Existen temas estándar que permiten facilmente personalizar a apreician.
Instalar plugins
Backup
A política de backup é importante pensala cuidadosamente para todas as aplicacións, e tamén para o Moodle.
O backup é tarefa dun administrador, que pode ser crucial en caso de erros ou para levar a cabo unha migración.
Con todo, tamén os profesores podén estar interesados en facer copia dos seus contidos, tamén por seguridade, ou para reutilizalos noutra plataforma.
Pola súa extensión podemos atopar máis información neste artigo específico:
Tarefas
Referencias
- "Aproveitamento didáctico de Moodle" é unha obra realizada polo CAFI derivada de "Webs dinámicas: Moodle (aproveitamento didáctico)" por Juan Menéndez Rocha & Ramón Gil Sánchez publícase baixo unha licenza Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.