A rúbrica como método de avaliación das tarefas no Moodle

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Qué son as rúbricas

As rúbricas son métodos avanzados de cualificación das tarefas usados para avaliala en base a uns criterios. Isto é, a rúbrica consiste nun conxunto de criterios para os que se proporcionan varios niveis descritivos, asignándolles unha cualificación numérica e/ou nominal a cada un deles. Deste xeito, a persoa que avalía elixe que nivel contesta/describe mellor o criterio dado.

Como cualificar unha rúbrica

En principio, cada docente pode realizar a cualificación da súa propia rúbrica como estime máis oportuno. De todas formas, existe un método estandarizado de cualificación de rúbricas que describimos a continuación.

A cualificación global normalizada calcúlase como a suma da nota obtida en cada criterio menos o valor mínimo posible, e todo isto dividido entre a suma do valor máximo posible menos o mínimo posible en cada criterio.

Exemplo

Analicemos o seguinte exemplo para tratar de entender mellor este concepto:

Exemplo de rúbrica

Supoñamos que a nosa rúbrica ten:

4 criterios (Requisitos, Contidos, Organización, Orixinalidade)
todos eles con 4 niveis (Excemplar, Conseguido, En proceso, Iniciado)
cuxas puntuacións van do 1 ao 4.

Neste exemplo, as notas que obtivo a persoa cualificada en cada criterio son 3, 2, 4 e 4 puntos respectivamente. Polo tanto, a cualificación obtida sería:

Numerador: (3 - 1) + (2 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) = 9
Denominador: (4 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) = 12
Total: 9/12 = 0,75

Se a nota máxima da tarefa fose de 10 puntos, a persoa do exemplo obtería unha cualificación total de 7,5 puntos.

O editor de rúbrica

O editor de rúbrica está dispoñible como método de cualificación para as actividades de tipo Tarefa, aparecendo a posibilidade de escollela no bloque Cualificación da súa configuración. Polo tanto, o primeiro paso para utilizar unha rúbrica será seleccionar Rúbrica como método de avaliación no formulario de creación da propia tarefa.

Configurar rúbrica como método de avaliación para unha tarefa

Para acceder ao editor da rúbrica, en primeiro lugar seleccionamos a tarefa que xa está creada e a continuación prememos sobre o menú:

  • Administración de tarefas -> Cualificación avanzada.
Definir a rúbrica que se utilizará

O editor de rúbricas permite configurar o nome da rúbrica, a descrición e a propia rúbrica. Este editor permite engadir novos criterios e niveis, eliminalos e cambiar a orde dos criterios.

Hai varias opcións nas rúbricas que se poden configurar tamén. Para cada criterio, debe cumprimentarse a descrición do criterio e para cada nivel, debe especificarse a definición do mesmo e o número de puntos asociados co nivel. A definición da rúbrica debe gardarse empregando o botón de Gardar rúbrica e deixala rematada ou o botón de Gardar como versión preliminar.

Editor da rúbrica

Cando nunha tarefa escollemos a rúbrica como método de cualificación, temos a opción de crear unha nova desde cero ou reutilizar unha xa existente.

Por defecto, só co perfil administrador da aula virtual se poden converter rúbricas en grellas dispoñibles en todo o sitio para todo o profesorado. Malia isto, non implica que non poidamos reutilizar rúbricas creadas previamente co noso perfil.