Diferencia entre revisiones de «Economía verde e circular»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 137: Línea 137:
 
*: é un índice de sostenibilidade de ámbito internacional
 
*: é un índice de sostenibilidade de ámbito internacional
 
* A '''economía verde''' é aquela que resulta nun mellor benestar e equidade social reducindo significativamente os riscos ambientais e as escaseces ecolóxicas
 
* A '''economía verde''' é aquela que resulta nun mellor benestar e equidade social reducindo significativamente os riscos ambientais e as escaseces ecolóxicas
 +
:* os seus obxectivos son:
 +
::* erradicar a pobreza
 +
::* propiciar o uso de enerxías renovables
 +
::* acadar o benestar da sociedade
 +
* a '''obsolescencia programada''' é unha práctica comercial que consiste en fabricar un produto de xeito que teña unha vida útil limitada
 +
:* obriga a substitucións innecesarias aumentando as ventas, pero sendo insostible ecolóxicamente
 +
* a UNE-EN ISO 14040 define o '''ACV''' coma "a recopilación e avaliación das entradas, as saídas e os impactos ambientais potenciais dun sistema do produto a través do ciclo de vida
 +
* a norma ISO o '''ecodeseño''' no desenvolvemento de produtos coma o conxunto dos procesos que reducen o impacto medioambiental durante o ciclo de vida dos produtos.
  
 
= Ampliación =
 
= Ampliación =
 
* [https://www.europarl.europa.eu/topics/es/article/20201208STO93325/residuos-de-aparatos-electricos-y-electronicos-en-la-ue-datos-y-cifras Datos e cifras de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos]
 
* [https://www.europarl.europa.eu/topics/es/article/20201208STO93325/residuos-de-aparatos-electricos-y-electronicos-en-la-ue-datos-y-cifras Datos e cifras de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos]

Revisión del 21:27 3 sep 2024

Economia-circular-mapa-mental.JPG

Economía circular

Economia-circular-imaxe.png

A Economía Circular (EC) quere eliminar os residuos nos ciclos produtivos rexeitando dous conceptos da Economía Lineal (EL): Obsolescencia Programada e Descartabilidade.

Hai algúns conceptos veciños que nutren este concepto, tales como: economía verde, bioeconomía, simbiose industrial, C2C, entre outros.

Cabe destacar que, ao ser unha disciplina relativamente nova, aínda non chegamos a un acordo sobre unha definición global de EC, xa que aínda non existe un órgano rector mundial nin un consenso xeneralizado arredor desta definición.

DEBATE- Pensar que é viabel o modelo de economía circular? Cales cres que son os principais obstáculos, e cómo se poderían superar?
DEBATE. Cancelas cos ferros do colchón. Feismo ou exemplo de economía cirular no rural? Artigo do diario El País.

Obsolescencia programada

Residuos UE.png

Práctica comercial consistente na fabricación de produtos cunha vida útil limitada ou xerando artificialmente a necesidade de mercar produtos sustitutorios innecesariamente; económicamente a curto prazo é beneficioso para as empresas porque aumentan as ventas e os ingresos, pero e perxudicial para consumidores e para o medioambiente cun consumo de recursos innecesarios.

CURIOSIDADE. Foi Clifford Brooks Stevens o que acuñou o termo obsolescencia programada. Este deseñador industrial a definiu como "o desexo do consumidor de ter algo un pouco máis novo, un pouco mellor e un pouco antes do necesario.

E froito da actual sociedade capitalista, na que os cidadáns desexan ter sempre máis consumibles nunha procura dunha felicidade que non acaban de atopar.

Hai varios tipos de obsolescencia programada:

  • Funcional. Cando un produto pasa a estar limitado polo sistema operativo, non permitindo novas actualizacións, ou raletizándose e funcionado de xeito limitado tras unha actualización
  • Planificada. Programando unha vida útil máis limitada desde a súa fabricación, o que fará que tras un número de usos deixe de funcionar.
  • Por defecto. Cando unha peza rompe, se avería ou se esgota, non se pode reemplazar, facendo necesario cambiar o produto ao completo.
  • Incompatible. Non permite o seu uso interoperable con outros fabricantes, ou con versión anteriores ou posteriores do produto.
  • Psicolóxica. Marketing agresivo ofertando novos produtos que en apariencia dan novas funcionalidades, pero resultan ser máis unha cuestión de atraer o cliente coa exclusividade do último modelo.

A Unión Europea está lexislando o dereito a reparar, obrigando aos fabricantes a reparar un produto por un precio e prazo razonables tralo fin da garantía; facilitando acceso a pezas de recambio, información e ferramientas relacionadas coa reparación para os consumidores; e dando incentivos para optar pola reparación, como vales e fondos

O ecodeseño

Metodoloxía que busca reducir os efectos medioambientais da fabricación de produtos e propiciar o cambio hacia unha economía cirucular.

A norma ISO 14006 define o ecodeseño no desenvolvemento de produtos coma o conxunto de procesos que reducen o impacto ambiental ao longo do ciclo de vida dos produtos.

Os principios nos que se basea o ecodeseño son:

  • Deseño que axude a creación dun produto óptimo
  • Selección de materiais máis sostibles
  • Diminución do uso de materiais
  • Melloras na produción
  • Melloras na distribución
  • Uso máis sostible
  • Melloras no ciclo de vida
  • Melloras relacionadas co final da vida do produto

Economía verde

Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable (Río+20), a Economía Verde —no contexto do desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza— foi recoñecida como unha ferramenta para acadar un desenvolvemento sustentable social, económico e ambiental. O Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) definiu a Economía Verde como "aquela economía que resulta nun maior benestar humano e equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e as escasezas ecolóxicas". Na súa expresión máis simple, unha Economía Verde pode considerarse como aquela que é baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.

A economía verde persegue varios obxectivos fundamentais para lograr unha transformación positiva e sustentable da economía actual.

Estes obxectivos inclúen:

Sustentabilidade ambiental
implica protexer e conservar o medio ambiente, reducir a contaminación e promover as enerxías renovables.
Desenvolvemento económico inclusivo
promover un crecemento económico que beneficie a todas as persoas, creando empregos verdes e sustentables e fomentando a innovación.
Uso eficiente dos recursos
empregar de forma responsable os recursos ecosistémicos, evitando a xeración de residuos innecesarios e optimizando o consumo de enerxía e materiais.
Responsabilidade social
garantir a equidade social, o respecto dos dereitos humanos, a participación cidadá, a inclusión de comunidades vulnerables e asegurar condicións laborais xustas.
Resiliencia e adaptación ao cambio climático
emprender políticas e medidas que permitan que as sociedades e as economías se adapten aos desafíos climáticos.
caption

Outros obxectivos que procura acadar:

Erradicar a pobreza
favorecendo o reparto equitativo da riqueza e das oportunidades. A creación de emprego e o impulso da innovación deben xerar un crecemento económico do que se beneficien todas as persoas
Apostar pola eficiencia enerxética
empregando os recursos naturais de xeito eficiente e sostible, xerando menos residuos e optimizando o consumo de enerxía e materiais
Empregar enerxías renovables
reducindo emisións de CO2 e gases de efecto invernadeiro
Compromiso das entidades públicas
dotando recursos a adopción de medidas para loitar co cambio climático
Buscar o benestar da sociedade
Compaxinando o desenvolvemento socioeconómico, e apostando polos investimentos en educación, tecnoloxía, innovación, emprego verde e sostible

As principais tendencias da economía verde son:

  • Enerxías renovables
  • Consumo responsable
  • Movilidade sostible
  • Agricultura sostible
  • Infraestruturas verdes
  • Cultura empresarial verde
  • Economía circular

Beneficios da econommía circular e verde

Estes son, entre outros, os beneficios para o medio natural:

  • Diminución no uso de recursos enerxéticos e naturais
  • Mellora da eficiencia enerxética
  • Redución da dependencia dos combustibles fósiles
  • Descenso da emisión de gases de efecto invernadeiro
  • Menor xeración de residuos
  • Prorización no desfrute de servizos no canto de posesión de artigos
  • Productos fabricados máis durareiros e sostibles: reutilizables, reparables e reciclables
  • Aposta polo ecodiseño
  • Creación de novos nichos de emprego de calidade
  • Crecemento da competitividade das empresas
  • Mellora da calidade de vida das persoas consumidoras
  • Menor dependencia de terceiros países
  • Minimización da pegada ecolóxica
  • Protección da biodiversidade e menor presión sobre o medioambiente

Diferencias e semllanzas entre a economía cirucular e a vede

As dúas´do mesmo xeito:

  • abogan por invertir en innovación e tecnoloxía como vía para acadar un desenvolvemento sostible
  • buscan a transición ecolóxica e a descarbonización para reducir as emisións e loitar contra o cambio climático
  • posiblitan novos perfís profesionáis e empregos asociados o desenvolvemento sostible e á conservación da biodiversidade

Mais a economía verde está centrada nas consecuencias sobre o medioambiente mentres que a economía circular está no ciclo de vida dos produtos; e a primeira reclama máis orzamento público, e a segunda máis cooperación entre axentes socioeconómicos.

Recursos audiviosuales

Resumo

  • O sistema económico lineal é o modelo tradicional
  • realízase a extración dos recursos naturais para fabricar produtos de consumo que ao finalizar a súa vida útil se convirten en residuos e se tiran
  • é un módulo insostible, con gran impacto medioambiental
  • está asociado ao consumismo, un sobreconsumo irreflexivo que empurra a adquirir bens e servizos sen valorar a necesidade real para facelo
  • A economía circular é un sistema produtivo e de consumo que procura alargar a vida dos recursos, reducindo os residuos que xeneramos e as materias primas que consumimos
  • Basease en conservar, protexer e cuidar os recursos naturais para favorecer a súa rexeneración optando por
  • as enerxías renovables
  • erradicar os combustibles fósiles
  • aumentar a vida dos produtos (facilitando a súa reparaación, reutilización ou reciclado)
  • favorecer decisións sobre produción e consumo que supoñan un uso eficiente dos recursos
  • fálase das 7R: redeseñar, reducir, reutilizar, reparar, renovar, recuperar e reciclar
  • a pegada ecolóxica é un indicador que mide o impacto da nosa forma de vida no medioambiente.
    é un índice de sostenibilidade de ámbito internacional
  • A economía verde é aquela que resulta nun mellor benestar e equidade social reducindo significativamente os riscos ambientais e as escaseces ecolóxicas
  • os seus obxectivos son:
  • erradicar a pobreza
  • propiciar o uso de enerxías renovables
  • acadar o benestar da sociedade
  • a obsolescencia programada é unha práctica comercial que consiste en fabricar un produto de xeito que teña unha vida útil limitada
  • obriga a substitucións innecesarias aumentando as ventas, pero sendo insostible ecolóxicamente
  • a UNE-EN ISO 14040 define o ACV coma "a recopilación e avaliación das entradas, as saídas e os impactos ambientais potenciais dun sistema do produto a través do ciclo de vida
  • a norma ISO o ecodeseño no desenvolvemento de produtos coma o conxunto dos procesos que reducen o impacto medioambiental durante o ciclo de vida dos produtos.

Ampliación