Diferencia entre revisiones de «PHP Instalación Apache»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 140: | Línea 140: | ||
* A localización do arquivo é: | * A localización do arquivo é: | ||
| − | :* Se estades a utilizar Apache => '''/etc/ | + | :* Se estades a utilizar Apache => '''/etc/php/8.3/apache2/php.ini''' |
| − | :* Se estados a utilizar LAMPP => '''/etc/ | + | :* Se estados a utilizar LAMPP => '''/etc/php/8.3/cli/php.ini''' |
: Dita localización pode variar en función da versión de PHP instalada. | : Dita localización pode variar en función da versión de PHP instalada. | ||
| Línea 150: | Línea 150: | ||
* Unha vez localizado o arquivo teredes que editalo cun editor (e permisos administrativos). O podedes facer coa orde: | * Unha vez localizado o arquivo teredes que editalo cun editor (e permisos administrativos). O podedes facer coa orde: | ||
:<syntaxhighlight lang="java" line enclose="div" highlight="" > | :<syntaxhighlight lang="java" line enclose="div" highlight="" > | ||
| − | nano /etc/ | + | sudo nano /etc/php/8.3/apache2/php.ini |
</syntaxhighlight> | </syntaxhighlight> | ||
| Línea 158: | Línea 158: | ||
:<syntaxhighlight lang="java" line enclose="div" highlight="" > | :<syntaxhighlight lang="java" line enclose="div" highlight="" > | ||
| − | sudo | + | sudo systemctl restart apache2 |
</syntaxhighlight> | </syntaxhighlight> | ||
Revisión del 20:18 6 sep 2025
Sumario
Introdución
- Para poder traballar con PHP é necesario dispor de un servidor Web con soporte de PHP.
- Un destes servidores é o Servidor Web Apache, é un servidor Web amplamente coñecido.
- Unha vez instalado Apache teremos que instalar o módulo que nos da soporte para poder cargar páxinas PHP.
- Para instalar Apache podemos optar por:
- Instalar un paquete de software denominado XAMPP (LAMPP para Linux). Dito paquete xa trae consigo o servidor web Apache, o soporte para PHP e un xestor de base de datos Mysql.
- Instalar o servidor web Apache.
- Elixiremos unha das dúas opcións...
Nota: Se queremos non temos porque instalar o servidor Web Apache se imos traballar có IDE Netbeans, xa que este utiliza unha característica de PHP para ter un servidor web propio. Necesitaremos instalar PHP.
Instalación do Lampp
- É a versión Linux dun paquete denominado XAMPP.
- Unha vez instalado teremos de vez: Servidor Web Apache, servidor de base de datos Mysql, PHP e Perl.
- Para instalalo teremos que:
- Descargar a versión que nos interese dende este enlace.
- Descomprimir o arquivo baixado coa orde: sudo tar xvfz xampp-linux-1.8.0.tar.gz -C /opt.
- Unha vez descargado podemos iniciar Lampp (inicia o servidor web e o mysql) coa orde: sudo /opt/lampp/lampp start.
- Se queremos ver o estado dos servidores podemos executar a orde: sudo /opt/lampp/manager-linux-x64.run &.
- Aparecerá a seguinte pantalla onde debemos ter iniciados os servizos de Apache e Mysql.
Instalación do Apache
- Nota: Máis información neste enlace.
- Nunha consola de comandos executaremos:
1 sudo apt-get update 2 sudo apt-get install apache2
- Unha vez instalado aparecerá a seguinte pantalla se no navegador de Internet escribimos na URL: http://localhost.
- Por defecto apache vai buscar as páxinas que se atopan no cartafol: /var/www/html.
Instalación do PHP
- Debedes cambiar o número de versión polo que vos interese.
- Para instalar o PHP podemos facer uso do repositorio Ondřej Surý:
1 sudo apt-get install -y lsb-release ca-certificates apt-transport-https software-properties-common 2 sudo add-apt-repository ppa:ondrej/php 3 sudo apt-get update 4 sudo apt-get install -y php8.3 libapache2-mod-php8.3 php8.3-cli php8.3-common php8.3-mysql php8.3-xml php8.3-mbstring php8.3-curl php8.3-zip
- Unha vez instalada temos que habilitala no servidor Apache.
- Se temos algunha version anterior teremos que inhabilitala:
1 sudo a2dismod php8.1 2 sudo a2dismod php8.2
- E despois habilitar a versión instalada e reiniciar o apache:
1 sudo a2enmod php8.3 2 sudo systemctl restart apache2
- Actualizaremos o arquivo dir.conf e engadiremos index.php ao principio:
- sudo nano /etc/apache2/mods-enabled/dir.conf
1 <IfModule mod_dir.c> 2 DirectoryIndex index.php index.html index.cgi index.pl index.php index.xhtml index.htm 3 </IfModule>
- Reiniciamos o servizo:
1 sudo service apache2 restart
- Para comprobar se está ben instalado podemos crear un arquivo: /var/www/html/index.php
1 <?php 2 phpInfo(); 3 ?>
- E cargar a páxina dende o navegador escribindo na URL: http://localhost/index.php.
- Obteremos o seguinte:
Módulos en PHP
- Php ten a posibilidade de instalar 'módulos' para ampliar as súas funcionalidades.
- Para obter a lista de módulos: sapt-cache search php8.3-
- Para instalar un dos módulos da lista: sudo apt-get install nome_do_modulo
- No noso caso é necesario instalar o módulo php5-gd. Escribiremos o seguinte código:
1 sudo apt-get install php8.3-gd 2 sudo systemctl restart apache2
- Se queremos ver os módulos cargados:
1 php -m
Activación na visualización dos erros en PHP
- Cando esteamos a desenvolver código PHP vai ser moi habitual que as páxinas non amosen o que en principio pretendemos por algún erro no código.
- A diferenza das linguaxes de programación de aplicacións de escritorio (tipo Java, VB.NET,...) o navegador non vai informar do erro.
- Durante a fase de desenvolvemento pode ser interesante ter activada a directiva que fai amosar os erros atopados no código no navegador.
- Para iso hai que modificar o arquivo php.ini
- A localización do arquivo é:
- Se estades a utilizar Apache => /etc/php/8.3/apache2/php.ini
- Se estados a utilizar LAMPP => /etc/php/8.3/cli/php.ini
- Dita localización pode variar en función da versión de PHP instalada.
- Para saber onde se atopa podedes velo na páxina onde chamastes á función phpinfo() do punto anterior, na liña Loaded confuguration file.
- Unha vez localizado o arquivo teredes que editalo cun editor (e permisos administrativos). O podedes facer coa orde:
1 sudo nano /etc/php/8.3/apache2/php.ini
- Debedes buscar a liña: display_errors = Off e cambiala a display_errors = On
- Unha vez feito, reiniciade o servizo:
1 sudo systemctl restart apache2
Nota: Lembrar que esta opción só é aconsellable durante o desenvolvemento da aplicación. Despois deberedes deixalo como estaba.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).