Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Apariencia Instalación»
| Línea 54: | Línea 54: | ||
</gallery> | </gallery> | ||
| + | |||
| + | |||
| + | * Lembrar que Drupal ten dous temas diferentes: | ||
| + | :* Un para administración (por defecto seven) | ||
| + | :* E outro para o sitio web (é o que configuramos nos exemplos anteriores). | ||
| + | |||
| + | : Para visualizar o novo tema, teremos que visitar o sitio web xa que se estamos na área de administración seguiremos vendo o tema 'seven'. | ||
==Recuperando Drupal dun tema non operativo== | ==Recuperando Drupal dun tema non operativo== | ||
Revisión del 10:44 5 nov 2016
Sumario
Instalando un novo Tema
- NOTA: Esta sección está asociada á realización dun Exercicio.
- É recomendable cando fagamos algún cambio na configuración de Drupal, poñelo en modo mantemento.
- Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.
- Primeiro debemos decidir o tema a instalar.
- Podemos ir a este enlace onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.
- Podemos ir a este enlace no que aparece un índice dos temas.
- Vexamos un exemplo de busca:
- Imos a instalar o tema Drupal8 Zymphonies Theme que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:
Como está indicado:
- Está activamente mantido, polo que se aparecen bugs serán corrixidos.
- A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.
- Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.
- Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.
- Indica a última vez que foi modificado.
- Procederemos a instalación.
Manualmente
- Instalación dun novo tema
Primeiro debemos de situarnos no cartafol /drupal/themes/. Lembrar que se estamos a usar Xampp debemos de ir ao cartafol '/opt/lampp/htdocs/drupal/themes'.
Nota: Esta parte é diferente se o facedes con Drupal 7.Agora debemos de descargar o arquivo tar.gz do tema seleccionado. En Linux podemos poñer: wget https://ftp.drupal.org/files/projects/drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz, sendo a dirección URL copiado dende a paxina web do tema.
Descomprimimos o arquivo no cartafol /drupal/themes/ coa orden: tar -zxvf drupal8_zymphonies_theme-8.x-1.0.tar.gz e borramos o arquivo comprimido baixado de Internet. Cambiamos o propietario dos cartafoles creados: chown -R www-data:www-data /opt/lampp/htdocs/drupal/themes/. Algúns temas poden ter información sobre configuración para facelo funcionar correctamente. Isto (se é o caso) se atopará normalmente no cartafol do tema nun arquivo de nome Install.txt ou Readme.txt.
Graficamente
- Instalación dun novo tema
Imos a opción de menú Administrar => Apariencia e o novo tema aparece na parte baixa. Agora podemos instalalo para facer uso do mesmo. Se prememos Instalar e establecer como predeterminado faremos que dito tema sexa activado. Se prememos Instalar pasará a parte superior da páxina e estará listo para ser establecido como predeterminado.
- Lembrar que Drupal ten dous temas diferentes:
- Un para administración (por defecto seven)
- E outro para o sitio web (é o que configuramos nos exemplos anteriores).
- Para visualizar o novo tema, teremos que visitar o sitio web xa que se estamos na área de administración seguiremos vendo o tema 'seven'.
Recuperando Drupal dun tema non operativo
- Máis información neste enlace.
- Pode darse o caso de que instaledes e activedes de forma accidental un tema que non se visualice correctamente ou que vos deixe de dar acceso á parte administrativa de Drupal.
- Nese caso podemos establecer o theme anterior facendo os seguintes pasos:
- Instalamos a ferramenta Drush.
- Unha vez instalada e estando nunha terminal no cartafol do sitio web de Drupal:
drush status theme
- Devolve o theme actualmente activo.
drush config-set system.theme admin seven
- Cambia o theme de administración (no exemplo está seleccionado o seven).
drush config-set system.theme default bartik
- Cambia o theme do sitio (no exemplo está seleccionado o bartik).
- Se despois de facer a orde anterior non aparece o theme seleccionado probade a baleirar a caché:
drush cache-rebuild
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).