Diferencia entre revisiones de «Wingate en Windows»
| Línea 65: | Línea 65: | ||
= Referencias = | = Referencias = | ||
| − | * [https://mundowin.com/7-mejores-herramientas-de-proxy-para-windows-10-para-proteger-su-privacidad/ | + | * [https://mundowin.com/7-mejores-herramientas-de-proxy-para-windows-10-para-proteger-su-privacidad/ Ferramentas proxy para Windows] |
= Relacionados = | = Relacionados = | ||
Revisión del 10:22 23 abr 2021
Sumario
Introducción
WinGate é un proxy con funcións de firewall a nivel de paquete de datos (de xeito similar a iptables en Linux).
Conta con versións con precios diferentes dependendo do número de conexións concurrentes que se precisen.
Tarefa
- Fai unha pequeno estudio comparativo de ferramentas proxy
- Configura a ferramenta WinGatepara:
- bloquear o tráfico dun enderezo IP
- bloquear o acceso a facebook.com
- bloquear as conexións mediante protocolo Telnet por ser inseguro
- facer uso [dalgunha das súas características] á túa elección xustificando cal sería a configuración e o escenario do seu uso.
Configuración
Definición das interfaces
É preciso definir cáles das interfaces de rede son internas e cáles son externas. O proxy funcionará coas conexións que se abran desde unha interfaz interna a unha externa na opción:
Control Panel -> Network Connections
Activación dos servicios
Debemos activar os servicios que vai ofrecer WinGate instalando os precisos accedendo a:
Control Panel -> Services
Xa aparecen por defecto os precisos para o funcionamento de WinGate (e que por tanto non poden ser parados nin desinstalados) coma SMTP Delivery Service (usado pola aplicación para enviar alertas ó administrador).
Configuración de WWW Proxy Server
O servizo WWW Proxy Server ven instalado e arrincado, máis si pode ser parado. Ó entrar nas súas propiedades podemos configurar o seu comportamento.
Dentro de Filters deberá ser activada ou desactivada a función proxy (Web activity) e a función caché (HTTP cache).
Tamén é posible fixar a autenticación dos usuarios que se conectan ó proxy:
- Nula
- Básica (mismo usuario e contrasinal para todos)
- Baseada en NTLM (nos usuarios de Windows ou de Active Directory)
Cando o equipo con WinGate sexa o gateway da rede, na lapela Intercepting poderá ser configurado como proxy transparente.
Configuración de outros servizos
Para acadar que WinGate sexa servidor SOCKS, proxy FTP/POP3/SMTP, etc. é preciso instalar esos novos servizos e configuralos axeitadamente.
Tamén pódese configurar para funcionar coma servidor DNS e DHCP da rede interna entre moitos outros servizos disponibles
Configuración mediante regras de acceso e de firewall
É preciso definis as regras de acceso do proxy. A ferramenta utiliza un sistema de clasificación de dominios por categorías de xeito que se deben definir dous tipos de regras:
- aquelas que asignan un dominio a unha catogoría concreta (accepted, banned, sex. etc.). Defínense en Web Access Control -> Classifiers --> Manual Classifier
- aquelas que permiten ou rexeitan conexións segundo as categorías. Pódense axustar a acción da regra, os usuarios os que lle aplicará, os enderezos IP de orixe, as categorías e o horario de aplicación. Defínense en Web Access Control -> Access Rules.
As categorías son editables e admiten organización xerárquica.
Para configurar as regras do firewall accedemos a:
Control Panel -> Extended Networking
As regras que incorpora por omisión son aquelas que permiten a apertura dos portos necesarios para o seu funcionamento:
- TCP 80 para proxy HTTP transparente
- TCP 8080 para proxy HTTP normal
As regras clasificanse segundo a orixe e destino da conexión. Os paquetes entrantes poden ser aceptados, rexeitados ou redirixidos a unha IP e porto concreto (realizando neste caso funcións de NAT)
É importante observar a Default action (acción por defecto) que establece se se permitirán ou rexeitarán aquelas conexións para as que non hai regras definidas (de xeito equivalente as políticas en iptables).
Na lapela IP Blackhole é posible engadir enderezos IP bloqueados (blacklist) de xeito manual.
Bibliografía
- Seguridad y alta disponibilidad. Administración de Sistemas Informáticos en Red. Editorial Síntesis
Referencias
Relacionados
Autoavaliación das tarefas
| Indicadores | Si | Non | Observacións |
|---|---|---|---|
| Fixo unha pequeno estudio comparativo de ferramentas proxy | |||
| bloqueou o tráfico dun enderezo IP | |||
| bloqueaou o acceso a facebook.com | |||
| bloqueou as conexións mediante protocolo Telnet | |||
| Fixo uso doutra característica de WinGate documentando u funcionamento e xustificando elección |