Squid Proxy Server en Ubuntu 18.04

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado do escenario

Como técnico/a en Sistemas Microinformáticos e Redes, traballas administrando a rede de comunicacións dunha xestoría. Esta empresa mercou un servidor e quere instalar nel a configuración para o acceso a Internet mediante un proxy; a empresa quere apostar por software libre polo apoio da comunidade e a posibilidade de minimizar gastos.

Con todos estos datos decides instalar un servidor Proxy nese servidor coa configuración básica de firewall, e xa a continuación aplicar a política de seguridad que requira a empresa.

Simulación da práctica

Para simular esta práctica, usarás:

  • Oracle VM VirtualBox (ou outro hipervisor)
    • cunha instalación de Ubuntu (ou outra distribución da tua elección).

E instalarás e configurarás no mesmo un servidor Proxy con Squid de xeito que:

  • O servidor Proxy funcionará en modo proxy transparente e permitirá o tráfico http solo para o usuario "ucha" (para salir a navegar a través del proxy será preciso autenticarse con ese usuario e o seu contrasinal).
  • No servidor Proxy crearás unha regra de acceso que prohíba a navegación por páxinas coma facebook.com, twitter.com e instagram.com.

Entrega

Cando teñas a práctica terminada, tes que entregar a túa elección:

  • unha memoria da práctica nun documento de texto.
  • unha presentación da práctica con Impress/Powerpoint/Prezi/etc.
  • un videotitorial cos pasos seguidos

Trataranse estes apartados (e outros se o consideras oportuno):

  • Instalación do servidor Proxy.
  • Configuración básica de Squid e de reglas de seguridade.
  • Probas realizadas.

É moi convinte que aportes capturas das partes do proceso na documentación da memoria.

Criterios de puntuación

A memoria da práctica puntuase con 10 puntos repartidos do seguinte xeito:

  • Instalación del servidor Proxy (2 puntos).
  • Configuración básica de Squid. (2 puntos).
  • Configuración de reglas de seguridade. (2 puntos).
  • Probas realizadas. (2 puntos).
  • Presentación, ampliación de contidos, colaboración cos compañeiros e no foro... (2 puntos).

Unha vez realizada a tarefa realizarase o envío a través do moodle con ficheiro seguiendo as seguientes pautas:

Patrón: apellido1_apellido2_nombre_SERxx_Tarefa_Squid
Exemplo: lopez_villar_jose_SRE08_Tarefa_Squid

Recursos necesarios

Squid: En Ubuntu normalmente xa estará incluído en Ubuntu. En todo caso, podes facer a instalación e configuración seguindo estes pasos:

Se o prefires, tamén podes facer a instalación e configuración en entorno Windows.

GuFW: Firewall que normalmente xa estará tamen incluído en Ubuntu. Este software, para configurar un cortafuegos en Linux. lo trae incorporado Ubuntu. .

Webmin (opcional): Pode facilitar a instalación e configuración de GuFW e Squid

Consellos e recomendacións

  • Ten cuidado ó ordenar as regras de acceso ó Proxy; son analizadas en orde e no intre que atopa a primeira regra que se axusta ó buscado non analiza as demáis.
  • Podes consultar os logs para obter máis información. No fichero /var/log/squid3/access.log está o log de acceso onde consultar as peticións que se gardaron na cache.

Documentación

Ampliación

Autoavaliación das tarefas

Rúbrica
Indicadores Si Non Observacións
Instalou o servidor Proxy (2 p).
Fixo a configuración básica (2 p)
Configurou de reglas de seguridade (2 p)
Fixo probas amosando o funcionamento (2 p)
Fixo boa presentación
Ampliou contidos
Colaborou cos compañeiros e no foro (2 p)