Diferencia entre revisiones de «Práctica sobre Elaboración de diagramas de comportamento»
| Línea 17: | Línea 17: | ||
* Despois de que a orde estea producida podemos paralelamente enviar o produto (finalizaríase o proceso) e xerar a factura. | * Despois de que a orde estea producida podemos paralelamente enviar o produto (finalizaríase o proceso) e xerar a factura. | ||
* Despois de enviar a factura finalizaríase o proceso. | * Despois de enviar a factura finalizaríase o proceso. | ||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
| − | |||
= Elaborar diagramas = | = Elaborar diagramas = | ||
Revisión del 17:41 27 abr 2021
Sumario
Introducción
Para a elaboración de diagramas podes usar Visual Paradigm, Día, Netbeans con plugin UML ou calquera otra ferramenta do teu gusto.
Comprender diagramas
Actividade
Dado o seguinte diagrama de actividades, redacta un posible escenario que se adapte á información recollida no diagrama:
Posible solución
O diagrama de actividades representa un caso de uso para o proceso dunha orden de compra:
- Cando recibimos unha orden de compra, comprobamos se está completa.
- Se a resposta é:
- negativa: finalizamos o proceso.
- afirmativa: pasamos a producir a orden.
- Despois de que a orde estea producida podemos paralelamente enviar o produto (finalizaríase o proceso) e xerar a factura.
- Despois de enviar a factura finalizaríase o proceso.
Elaborar diagramas
Actividade
Construcción de edificios
Para construír un edificio, un investidor deberá contratar primeiro un arquitecto para armar os planos e logo contratar aos obreiros que traballarán na obra. Logo disto é posible comezar coa construción do edificio.
Ao iniciar a construción todos os obreiros xuntos constrúen os alicerces. Para construír unha planta todos os obreiros xuntos colocan o piso. Logo, algúns colocan as paredes, outros as canalizacións, e outros a electricidade. Unha vez finalizadas todas estas tarefas pódese construír outra planta arriba da última planta construída (repetindo os pasos anteriores), ou simplemente poñer o teito e concluír a construción (dependendo do especificado nos planos).
Posible solución
Xeración de folletos
Representa a través dun diagrama de actividades o proceso que se segue nunha empresa de deseño gráfico para imprimir un folleto solicitado por un cliente:
- O cliente redacta as especificacións e as características desexadas para o folleto e as envía por coreo electrónico ó deseñador gráfico da empresa.
- O deseñador realiza un bosquexo do folleto e llo envía o cliente.
- O cliente revísao e propón correccións. Este proceso repítese ata que o cliente finalmente acepta ó deseño realizado.
- O deseñador realiza entón a maqueta final para impresión.
- O responsable de impresión recibe a maqueta final e imprime os folletos.
Posible solución