Práctica sobre Elaboración de diagramas de comportamento
Sumario
Introducción
Para a elaboración de diagramas podes usar Visual Paradigm, Día, Netbeans con plugin UML ou calquera otra ferramenta do teu gusto.
Comprender diagramas
Actividade
Dado o seguinte diagrama de actividades, redacta un posible escenario que se adapte á información recollida no diagrama:
Posible solución
O diagrama de actividades representa un caso de uso para o proceso dunha orden de compra:
- Cando recibimos unha orden de compra, comprobamos se está completa.
- Se a resposta é:
- negativa: finalizamos o proceso.
- afirmativa: pasamos a producir a orden.
- Despois de que a orde estea producida podemos paralelamente enviar o produto (finalizaríase o proceso) e xerar a factura.
- Despois de enviar a factura finalizaríase o proceso.
Estados
Dado o seguinte diagrama de estados, redacta un posible escenario que se adapte á información recollida no diagrama1:
Posible solución
O diagrama representa os estados para un caso de uso de eliminación de rexistros nunha base de datos de alumnos:
- (Inicio) O diagrama parte dun estado onde se lle pide a aplicación que mostre os rexistros de alumnos existentes na base de datos.
- (Mostrando datos) Unha vez que os rexistros aparecen, o usuario selecciona o rexistro que quere eliminar.
- (Seleccionando registro) O usuario confirma a eliminación do rexistro facendo click no mesmo.
- (Eliminando registro) Eliminase o rexistro da base de datos e gárdanse os cambios.
- (Mostrando registros) Móstranse os rexistros que quedan na base de datos despois do borrado e o usuario logo de verificalos pode volver ó menú principal.
- (Regresando a menú principal) Mostrase o menú principal na pantalla.
Elaborar diagramas
Actividade
Construcción de edificios
Para construír un edificio, un investidor deberá contratar primeiro un arquitecto para armar os planos e logo contratar aos obreiros que traballarán na obra. Logo disto é posible comezar coa construción do edificio.
Ao iniciar a construción todos os obreiros xuntos constrúen os alicerces. Para construír unha planta todos os obreiros xuntos colocan o piso. Logo, algúns colocan as paredes, outros as canalizacións, e outros a electricidade. Unha vez finalizadas todas estas tarefas pódese construír outra planta arriba da última planta construída (repetindo os pasos anteriores), ou simplemente poñer o teito e concluír a construción (dependendo do especificado nos planos).
Posible solución
Xeración de folletos
Representa a través dun diagrama de actividades o proceso que se segue nunha empresa de deseño gráfico para imprimir un folleto solicitado por un cliente:
- O cliente redacta as especificacións e as características desexadas para o folleto e as envía por coreo electrónico ó deseñador gráfico da empresa.
- O deseñador realiza un bosquexo do folleto e llo envía o cliente.
- O cliente revísao e propón correccións. Este proceso repítese ata que o cliente finalmente acepta ó deseño realizado.
- O deseñador realiza entón a maqueta final para impresión.
- O responsable de impresión recibe a maqueta final e imprime os folletos.
Posible solución
Estados
Semáforo Representa a través dun diagrama de estados o funcionamento dun semáforo con luces para vehículos e para peóns segundo as seguintes indicacións:
- Os posibles estados do semáforo serán:
- Roxo-verde. Roxo para os vehículos, verde para os peóns.
- Roxo-verde!. Roxo para os vehículos, verde intermitente para os peóns.
- Amarelo-roxo. Amarelo para os vehículos, roxo para os peóns.
- Verde-roxo. Verde para os vehículos, roxo para os peóns.
- O semáforo estará en verde para os vehículos ata que alguén pulse o botón para os peóns. Cando isto ocorre o semáforo porase en amarelo durante 4 segundos e logo porase en roxo para os vehículos e verde para os peóns. Os peóns terán o semáforo en verde durante 20 sg. Pasado este tempo porase intermitente para os peóns durante 5 sg e logo porase de novo a roxo para os peóns e verde para os vehículos.
Posible solución
Préstamos en biblioteca
Dado o seguinte escenario:
- Unha biblioteca ten copias de libros. Estes últimos caracterízanse polo seu nome, tipo (novela, teatro, poesía, ensaio), editorial, ano e autor.
- Os autores caracterízanse polo seu nome, nacionalidade e data de nacemento.
- Cada copia ten un identificador, e pode estar na biblioteca, prestada, reservada (un máximo de dous días), con atraso ou en reparación.
- Os lectores poden ter un máximo de 3 libros en préstamo.
- Cada libro prestase un máximo de 30 días. Por cada día de atraso, imponse unha "multa" de dous días sen posibilidade de coller un libro.
Realiza un posible diagrama de estados para a clase "copia".
Posible solución
Multa de tráfico
Realiza un diagrama de estados que represente o estado dunha multa de tráfico (imposta, comunicada, recorrida, anulada, confirmada, cobrada, en embargo), tendo en conta o seguinte:
- Cando se crea unha multa, automaticamente envíase unha notificación ao condutor.
- Se correos devolve asinada a notificación de recibo ou certifica que o condutor rexeitou a notificación, a multa pasa a notificada.
- Aos 30 días sen recorrer, pasa automaticamente a confirmada. Se chega antes un recurso, pasa a recorrida ata que a autoridade competente decide confirmar ou anular a sanción, salvo que transcorran 6 meses sen decisión e nese caso pasa tamén a anulada.
- Se a multa está confirmada e transcorren 6 meses, iníciase automaticamente o procedemento de embargo con comunicación simultánea ao interesado.
- En calquera momento apropiado, a multa se pode pagar e pasa ao estado cobrada.
Posible solución
Bibliografía
- Traballo realizado durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. María del Carmen Fernández Lameiro, Máximo Fernández López e Andrés del Río Rodríguez. licenza Creative Commons BY-NC-SA
- Entornos de desarrollo. Moreno Pérez, Juan Carlos. Editorial Síntesis. ISBN: 9788491711612
- Pressman, R. S. Ingeniería del Software: Un enfoque práctico. Editorial McGraw-Hill
- Sommerville, I. Ingeniería del software. Editorial Addison Wesley
