Diferencia entre revisiones de «A sustentabilidade nas organizacións empresariais»
| Línea 27: | Línea 27: | ||
== Marco estratéxico de enerxía e clima == | == Marco estratéxico de enerxía e clima == | ||
| + | |||
| + | España conta desde 2019 cun Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, con tres eixes principais: a mitigación, a adaptación e a transición xusta. Este marco constitúe a ferramenta clave para acadar o obxectivo fundamental da descarbonización da nosa economía, mediante o cal se dota de un marco normativo e xurídico a todas as medidas que xa se están a poñer en marcha, aporta certeza aos investimentos e comprométenos co desenvolvemento dos territorios que poidan verse afectados polo proceso de transición enerxética. | ||
| + | |||
| + | Prantexase como unha oportunidade para a transformación da sociedade e a economía española coa que gañar en prosperidade, seguridade enerxética, xeración de emprego industrial, innovación, saúde, desenvolvemento tecnolóxico e xustiza social, acompañando aos colectivos máis vulnerables. | ||
| + | |||
| + | As pezas clave que constitúen este Marco son: | ||
| + | * A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, marco normativo e institucional para facilitar a progresiva adecuación da nosa realidade ás esixencias que regulan a acción climática. Esta ferramenta facilitará e orientará a descarbonización da economía española cara ao 2050. | ||
| + | * O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, documento estratéxico que define os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, de penetración de enerxías renovables e de eficiencia enerxética. | ||
| + | * O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030, instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático en España, cuxo principal obxectivo é evitar ou reducir os danos presentes e futuros derivados do cambio climático e construír unha economía e unha sociedade máis resilientes. | ||
| + | * A Estratexia de Transición Xusta, instrumento que permite a identificación e adopción de medidas que garantan aos traballadores e territorios afectados pola transición cara a unha economía baixa en carbono, un tratamento equitativo e solidario. O obxectivo é que non se produzan impactos negativos sobre o emprego nin a despoboación. | ||
| + | |||
| + | Existe tamén unha Estratexia de Descarbonización a Longo Prazo, documento que permitirá que España reduza, non máis tarde de 2050, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) nun 90 % respecto a 1990. Isto implica reducir as emisións de CO2 desde as 334 millóns de toneladas equivalentes (MtCO2eq) emitidas en 2018 a un máximo de 29 MtCO2eq emitidas en 2050. | ||
| + | |||
| + | Adicionalmente, á vista do incremento das tensións xeopolíticas e nos mercados, o Plan +SE (Plan Máis Seguridade Enerxética) diríxese a aportar máis seguridade fronte aos prezos da enerxía aos fogares e ao conxunto da economía española, e contribuír a incrementar a seguridade de subministración da Unión Europea. Trátase dun plan con medidas de rápido impacto dirixidas ao inverno 2022/2023, xunto con medidas que contribúan a un reforzo estrutural desa seguridade enerxética. | ||
| + | |||
| + | España busca con este paquete de medidas estruturais facer fronte aos desafíos que presenta o escenario actual, todo isto no marco dunha planificación a medio e longo prazo que de máis predictibilidade e seguridade aos investimentos, ofrecendo os sinais apropiados e con suficiente antelación. | ||
= Axenda 2030 e os ODS = | = Axenda 2030 e os ODS = | ||
Revisión del 17:26 3 sep 2024
Sumario
Marco xurídico da sustentabilidade
A sustentabilidade é o principio que busca satisfacer as necesidades da poboación actual sen comprometer as necesidades das futuras xeracións ao tempo que se garante un equilibrio entre o crecemento da economía e o respeto ao medioambiente.
É un concepto recolllido no informe do ano 1987 "O noso futuro común" da ONU, onde tamén se establecen os seus tres pilares básicos: o ambiental, o económico e o social.
Nota. Actualmente tamén se engade como pilar a sostenibilidade política.
A Axenda 2030
A Asamblea Xeral da ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenolvmento Sostible, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortaleces a paz universal e o acceso a xustiza. Componse de 17 obxectivos concretados en 169 metas.
Marco de cooperación da ONU para o desenvolvemento sostible
Acordo de París
O Protocolo de Kyoto e o Acordo de París son os acordos máis importantes en materia de sustentabilidade.
Marco estratéxico de enerxía e clima
España conta desde 2019 cun Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, con tres eixes principais: a mitigación, a adaptación e a transición xusta. Este marco constitúe a ferramenta clave para acadar o obxectivo fundamental da descarbonización da nosa economía, mediante o cal se dota de un marco normativo e xurídico a todas as medidas que xa se están a poñer en marcha, aporta certeza aos investimentos e comprométenos co desenvolvemento dos territorios que poidan verse afectados polo proceso de transición enerxética.
Prantexase como unha oportunidade para a transformación da sociedade e a economía española coa que gañar en prosperidade, seguridade enerxética, xeración de emprego industrial, innovación, saúde, desenvolvemento tecnolóxico e xustiza social, acompañando aos colectivos máis vulnerables.
As pezas clave que constitúen este Marco son:
- A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, marco normativo e institucional para facilitar a progresiva adecuación da nosa realidade ás esixencias que regulan a acción climática. Esta ferramenta facilitará e orientará a descarbonización da economía española cara ao 2050.
- O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, documento estratéxico que define os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, de penetración de enerxías renovables e de eficiencia enerxética.
- O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030, instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático en España, cuxo principal obxectivo é evitar ou reducir os danos presentes e futuros derivados do cambio climático e construír unha economía e unha sociedade máis resilientes.
- A Estratexia de Transición Xusta, instrumento que permite a identificación e adopción de medidas que garantan aos traballadores e territorios afectados pola transición cara a unha economía baixa en carbono, un tratamento equitativo e solidario. O obxectivo é que non se produzan impactos negativos sobre o emprego nin a despoboación.
Existe tamén unha Estratexia de Descarbonización a Longo Prazo, documento que permitirá que España reduza, non máis tarde de 2050, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) nun 90 % respecto a 1990. Isto implica reducir as emisións de CO2 desde as 334 millóns de toneladas equivalentes (MtCO2eq) emitidas en 2018 a un máximo de 29 MtCO2eq emitidas en 2050.
Adicionalmente, á vista do incremento das tensións xeopolíticas e nos mercados, o Plan +SE (Plan Máis Seguridade Enerxética) diríxese a aportar máis seguridade fronte aos prezos da enerxía aos fogares e ao conxunto da economía española, e contribuír a incrementar a seguridade de subministración da Unión Europea. Trátase dun plan con medidas de rápido impacto dirixidas ao inverno 2022/2023, xunto con medidas que contribúan a un reforzo estrutural desa seguridade enerxética.
España busca con este paquete de medidas estruturais facer fronte aos desafíos que presenta o escenario actual, todo isto no marco dunha planificación a medio e longo prazo que de máis predictibilidade e seguridade aos investimentos, ofrecendo os sinais apropiados e con suficiente antelación.
Axenda 2030 e os ODS
- https://www.mdsocialesa2030.gob.es/agenda2030/index.htm
- https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/
As 5 P da sustentabilidade
TAREFA. En grupos de 3-4 persons, escollede dous ODS por grupo para profundizar no seu coñecemento. Reflexionade sobre se esas metas deses ODS son facilmente alcanzables, a nivel local e global. Escollede unha portavocía que expoña a vosa ánalise e as conclusións
TAREFA. Qué podes facer ti como alumno e futuro traballador? Explica na túa vida e no teu sector qué podes facer para acadar cada un deses ODS.
Aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)
ASG utilízase para avaliar as prácticas dunha empresa ou organización nos tres ámbitos claves para o desenvolvemento sustentable:
- A (ambiente)
- Fai referencia a como unha empresa aborda o cambio climático e o impacto das súas actividades no planeta, así como a súa xestión dos recursos naturais.
- S (social)
- Refírese a como unha empresa trata aos seus empregados e á comunidade onde está inserida (condicións laborais, relacións entre os traballadores, cumprimento dos dereitos humanos, políticas de conciliación, relación co entorno, etc.).
- G (gobernanza)
- Relaciónase coa estrutura e o bo goberno das empresas, a ética empresarial, a loita contra a corrupción, a acción colectiva, a transparencia ou a toma de decisións.
Polo tanto, os criterios ASG son un conxunto de normas que se deben seguir á hora de tomar unha decisión empresarial. Non se trata só de pensar en aspectos e vantaxes financeiras, senón tamén de buscar os pros e os contras de cada decisión en termos de impacto sobre o medio ambiente e a sociedade. Ademais, estes criterios están ligados a outros conceptos como responsabilidade social, economía circular ou respecto e valores compartidos.
Se se teñen en conta estes criterios, as empresas poden tomar decisións máis sustentables e responsables.
Algunhas ventaxas de impulsar políticas ASG poden ser:
- Unha estratexia corporativa plena e responsable
- Custos de financiamento máis eficientes e sustentables
- Organización empresarial máis responsable
- Cumpre cos requisitos regulatorios
- Colabora na conciliación familiar dos empregados
- Aumentan as oportunidades laborais na empresa
- Redución de custos operativos e de produción
- Retorno do investimento
- Dispoñen dun sistema de gobernanza baseado en principios éticos
- Imaxe corporativa
Os stakeholders e os criterios ASG
Criterios ASG
As inversións socialmente responsables
A medición da sostenibilidade
Os indicadores de sustentabilidade defínense coma aqueles factores que se poden medir e que contribúen a que a actividade empresarial e produtiva sexa sostible.
Indicadores de sustentabilidade ambiental
Miden o éxito das medidas á hora de minimizar as externalidades negativas no medio ambiente. Estas últimas son consecuencia da propia actividade empresarial, que non resulta inócua. A produción, especialmente na industria, precisa consumir recursos e enerxía, o que afecta ao entorno. Ademais, durante o proceso, xéranse desperdicios que poden provocar contaminación.
Os indicadores de sustentabilidade ambiental céntranse en determinar a redución desas externalidades.
Algúns exemplos son:
- Consumo de enerxía
- Cantidade de auga consumida.
- Ciclo de vida do produto.
- Materia prima utilizada.
- Pegada de carbono.
- Emisións de dióxido de carbono durante o transporte.
- Kilómetros recorridos nos procesos loxísticos
- Redución de residuos e taxas de reciclaxe
Indicadores de sustentabilidade social
Neste caso, os indicadores sociais miden como a empresa se relaciona coa sociedade ou coa súa comunidade local. Do mesmo xeito que co medio ambiente, estas organizacións afectan a grandes colectivos de persoas. Tal é a situación dos empregados, os clientes, os provedores ou os accionistas. As decisións que tome a dirección afectaranlles de maneira directa ou indirecta.
Así, as compañías deben desenvolver unha actividade ética e que teña en conta como usan os seus recursos humanos. Algo así maniféstase en salarios adecuados, postos de traballo saudables ou non discriminando a empregados concretos. Ao final, é fundamental non esquecer a importancia da parte social do ESG. Sen prestarlle atención, non se conseguirán bos resultados.
Estes son diferentes indicadores útiles:
- Xestión da diversidade.
- Cumprimento coas políticas de igualdade.
- Transparencia na xestión de recursos humanos.
- Apoio á conciliación laboral e familiar.
- Seguridade e saúde dos traballadores.
- Impacto social
Indicadores de sustentabilidade institucional
Os indicadores de sustentabilidade institucional céntranse en aspectos económicos e financeiros. A organización ten que ser rendible para manter as súas funcións en equilibrio. Para conseguir isto, a empresa debe seguir uns criterios de gobernanza racionais e que reduzan os riscos. Unha mala decisión, como a compra dun negocio deficiente, pode levar á quebra.
Ademais, é preciso que existan contrapesos dentro da organización para limitar o poder omnímodo da dirección. Ao mesmo tempo, débese destacar o papel dos criterios de bo goberno. Así, desenvolverase unha cultura empresarial baseada na sustentabilidade e na transparencia.
Entre os indicadores atopamos:
- Fondo de manobra.
- Débeda.
- Volume de negocio.
- Rendibilidade xeral.

