A sustentabilidade nas organizacións empresariais

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Sustentabilidade-nas-organizacións-empresariais.PNG

Introdución

Fitos

Desde a Declaración dos Dereitos do Home e do Ciudadano do 1789 as sociedades foron progresando e acadando novos dereitos. O progreso industrial levou a un desenvolvemento, que non impedíu que persistan no mundo graves problemas de pobreza e inequidade; guerras e desigualdade; e co tempo, diversos problemas ecolóxicos, entre o que cabe salientar o calentamento global.

ACTIVIDADE. Ler de forma colectiva a Declaración dos dereitos humáns de 1948 (en galego ou en castelán. Segue moi vixente case un século despois 

Trala segunda guerra mundial xorden as Nacións Unidas, unha organización supranación na que están representada a meirande parte dos países do mundo, e que busca dotar dun marco de estabilidade para o progreso mundial en paz. Desa organización elabóranse a partir dos anos 80 informes cunha conciencia crítica sobre cómo se estaba a producir o desenvolvemento mundial, e comeza unha carreira por atopar mellores xeitos de garantir o crecemento.

Pouco a pouco foronse ratificándose acordos entre moitos paises. Podes ver unha cronoloxía dos Acordos Internacionais que foron xerando un cambio no modelo de desenvolvemento.

O coste de non actuar e moitio maior que o da acción

Marco xurídico da sustentabilidade

Marco xurídico

A sustentabilidade é o principio que busca satisfacer as necesidades da poboación actual sen comprometer as necesidades das futuras xeracións ao tempo que se garante un equilibrio entre o crecemento da economía e o respeto ao medioambiente.

É un concepto recolllido no informe do ano 1987 "O noso futuro común" da ONU, onde tamén se establecen os seus tres pilares básicos: o ambiental, o económico e o social.

Nota. Actualmente tamén se engade como piar a sostenibilidade política.


A Axenda 2030

Fanse necesarias alianzas e acordos entre todos os sectores da sociedade e entre todos os países para encamiñar a humanidade ao desenvolvemento sostible. Istp é así porque os desfíos son de escala plantearia, e as medidas supoñen un coste para quén as aplica, redundando en beneficio do conxunto da humanidade.

A maior alianza creada polo Desenvolvemento Sostible foi o establecemento dos Obxectivos de Desenolvemento Sistible (ODS) polas Nacións Unidas.

A Asamblea Xeral da ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenolvmento Sostible, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortaleces a paz universal e o acceso a xustiza. Componse de 17 obxectivos concretados en 169 metas.

Eses 17 obxecivos e as súas 169 metas que se integran nesa estratexia conxunta chamada Axenda 2030 é usada por administracións públicas de todo o planeta para adaptala as súas condicións de partida e crear as súas propias Axendas 2030 que desenvolventen en estratexias de desenvolvmento sostible

Porén, a Unión Europea impulsou diversos acordos, coma o Plan Verde Europeo, que busca que para o ano 2050 a Unión Europea sea no seu conxunto neutral en emisións de Carbono.

Pacto-verde-europeo-2.JPG

Marco de cooperación da ONU para o desenvolvemento sostible

O Marco de Cooperación das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sustentable é o instrumento máis importante para a planificación e a execución das actividades de desenvolvemento das Nacións Unidas a nivel nacional. O Marco de Cooperación é un acordo entre as Nacións Unidas e o Goberno anfitrión que determina e reflicte as contribucións do sistema das Nacións Unidas para o desenvolvemento no país e dá forma á configuración dos activos das Nacións Unidas necesarios dentro e fóra do país.

O Marco de Cooperación guía todo o ciclo de programas dos equipos das Nacións Unidas nos países, impulsando a planificación, a implementación, o seguimento, a presentación de informes e a avaliación do apoio colectivo das Nacións Unidas para o logro da Axenda 2030.

Os Marcos de Cooperación baséanse en catro obxectivos clave:

  • Deben artellar claramente a resposta colectiva das Nacións Unidas para axudar aos países a abordar as prioridades e deficiencias nacionais no seu camiño cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). O Marco de Cooperación é un vehículo para apoiar a transformación económica, ofrecendo opcións para replantexar as políticas e prácticas económicas arredor da sustentabilidade para unha transformación económica inclusiva, diversificada e intensiva en emprego que promova os dereitos e o benestar de todos os cidadáns, fortaleza as economías e protexa o planeta.
  • Deben encarnar o espírito de alianzas que está no centro da Axenda 2030. Iso significa alianzas cos gobernos anfitrións, pero tamén alianzas con todas as partes interesadas — a sociedade civil, o mundo académico, os parlamentos, o sector privado, os socios bilaterais — para aproveitar as fortalezas de todos e impulsar un cambio transformador.
  • Deben axudar a converter a promesa colectiva da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás en accións tanxibles para as persoas sobre o terreo, especialmente as máis vulnerables. Os equipos das Nacións Unidas nos países necesitarán, máis que nunca, ir máis aló das medias nacionais para observar datos máis específicos cun enfoque reforzado na inclusión e na loita contra as desigualdades.
  • Deben proporcionar aos equipos das Nacións Unidas nos países as ferramentas para adaptar as respostas ás necesidades e realidades nacionais específicas, garantindo que todas as entidades das Nacións Unidas, estean ou non presentes sobre o terreo, poidan apoiar eficazmente a implementación nacional da Axenda 2030.

O Protocolo de Kyoto

O Protocolo de Kyoto

Acordo de París

O Acordo de París é un tratado internacional sobre o cambio climático xuridicamente vinculante. Foi adoptado por 196 Partes na COP21 en París, o 12 de decembro de 2015, e entrou en vigor o 4 de novembro de 2016.

O seu obxectivo é limitar o quecemento global a moi por debaixo de 2, preferiblemente a 1,5 graos centígrados, en comparación cos niveis preindustriais.

Para acadar este obxectivo de temperatura a longo prazo, os países propoñen alcanzar o máximo das emisións de gases de efecto invernadoiro o antes posible para lograr un planeta con clima neutro para mediados de século.

O Acordo de París é un fito no proceso multilateral do cambio climático porque, por primeira vez, un acordo vinculante fai que todos os países se unan nunha causa común para emprender esforzos ambiciosos para combater o cambio climático e adaptarse aos seus efectos.

Como funciona

A aplicación do Acordo de París require unha transformación económica e social, baseada na mellor ciencia dispoñible. O Acordo de París funciona nun ciclo de cinco anos de medidas climáticas cada vez máis ambiciosas levadas a cabo polos países. En 2020, os países presentaron os seus plans de acción climática, coñecidos como Contribucións Determinadas a nivel Nacional (NDC).

Nesas NDC os países comunican as medidas que tomarán para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro co fin de acadar os obxectivos do Acordo de París. Os países tamén comunican nesas contribucións as accións que tomarán para crear resiliencia e adaptarse aos efectos do aumento das temperaturas.

Para enfocar mellor os esforzos cara ao obxectivo a longo prazo, o Acordo de París invitou os países a formular e presentar para 2020 estratexias de desenvolvemento a longo prazo con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.

As estratexias de desenvolvemento a longo prazo con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro proporcionan o horizonte a longo prazo ás contribucións determinadas a nivel nacional, aínda que, a diferenza destas, as estratexias a longo prazo non son obrigatorias. Non obstante, sitúan as contribucións determinadas a nivel nacional no contexto das prioridades de planificación e desenvolvemento a longo prazo dos países, proporcionando unha visión e dirección para o desenvolvemento futuro.

Como se apoian os países entre si

O Acordo de París proporciona un marco para o apoio financeiro, técnico e de creación de capacidade aos países que o precisan.

Aínda que é necesario aumentar en gran medida as medidas relativas ao cambio climático para acadar os obxectivos do Acordo de París, os anos transcorridos desde a súa entrada en vigor xa deron lugar a solucións con baixas emisións de carbono e a novos mercados. Cada vez máis países, rexións, cidades e empresas están establecendo obxectivos de neutralidade de carbono. As solucións de cero emisións están a facerse competitivas en todos os sectores económicos e xa representan o 25 % das emisións. Esta tendencia é máis notoria nos sectores da enerxía e o transporte, e creou moitas novas oportunidades de negocio para os que se adiantan.

CURISODADE.
Para 2030, as solucións de cero emisións de carbono poderían ser competitivas en sectores que representan máis do 70 % das emisións mundiais.

Marco estratéxico de enerxía e clima

España conta desde 2019 cun Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, con tres eixes principais: a mitigación, a adaptación e a transición xusta. Este marco constitúe a ferramenta clave para acadar o obxectivo fundamental da descarbonización da nosa economía, mediante o cal se dota de un marco normativo e xurídico a todas as medidas que xa se están a poñer en marcha, aporta certeza aos investimentos e comprométenos co desenvolvemento dos territorios que poidan verse afectados polo proceso de transición enerxética.

Procura ser unha oportunidade para a transformación da sociedade e a economía española coa que gañar en prosperidade, seguridade enerxética, xeración de emprego industrial, innovación, saúde, desenvolvemento tecnolóxico e xustiza social, acompañando aos colectivos máis vulnerables.

As pezas clave que constitúen este Marco son as seguintes

A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética
marco normativo e institucional para facilitar a progresiva adecuación da nosa realidade ás esixencias que regulan a acción climática
esta ferramenta facilitará e orientará a descarbonización da economía española cara ao 2050.
O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030
documento estratéxico que define os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, de penetración de enerxías renovables e de eficiencia enerxética.
O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030
instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático en España
o seu principal obxectivo é evitar ou reducir os danos presentes e futuros derivados do cambio climático e construír unha economía e unha sociedade máis resilientes.
A Estratexia de Transición Xusta
instrumento que permite a identificación e adopción de medidas que garantan aos traballadores e territorios afectados pola transición cara a unha economía baixa en carbono, un tratamento equitativo e solidario. O obxectivo é que non se produzan impactos negativos sobre o emprego nin a despoboación.
A Estratexia de Descarbonización a Longo Prazo
documento que permitirá que España reduza, non máis tarde de 2050, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) nun 90 % respecto a 1990. Isto implica reducir as emisións de CO2 desde as 334 millóns de toneladas equivalentes (MtCO2eq) emitidas en 2018 a un máximo de 29 MtCO2eq emitidas en 2050.

España busca con este paquete de medidas estruturais facer fronte aos desafíos que presenta o escenario actual, todo isto no marco dunha planificación a medio e longo prazo que de máis predictibilidade e seguridade aos investimentos, ofrecendo os sinais apropiados e con suficiente antelación.

Pacto mundial

Os dez Principios do Pacto Mundial son uns principios de sustentabilidade corporativa baseados en catro piares: dereitos humanos, relacións laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción, cuxo obxectivo é facilitar un xulgamento básico do que os principios simbolizan, como se enlazan co sector empresarial e contribuír á relación destes como parte constitutiva da filosofía organizacional das empresas adheridas.

Os 10 Principios do Pacto Mundial son os seguintes. As empresas deben:

Dereitos Humanos
Principio 1: Apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais, recoñecidos internacionalmente, dentro do seu ámbito de influencia.
Principio 2: Asegurarse de que os seus socios e colaboradores non son cómplices na vulneración dos Dereitos Humanos.
Relacións Laborais
Principio 3: Apoiar a liberdade de afiliación e o recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.
Principio 4: Apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.
Principio 5: Apoiar a erradicación do traballo infantil.
Principio 6: Apoiar a abolición das prácticas de discriminación no emprego e na ocupación.
Medio Ambiente
Principio 7: Manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.
Principio 8: Fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
Principio 9: Favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.
Anticorrupción
Principio 10: Traballar contra a corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno.

Ao incorporar os Dez Principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas nas súas estratexias, as empresas non só cumpren coas súas responsabilidades básicas cara ás persoas e ao planeta, senón que tamén establecen as bases para o éxito a longo prazo.

Axenda 2030 e os ODS

Os 17 ODS

IMPORTANTE. Podes atopar información relevante e actualizada nos seguintes enlaces:

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible é un plan de acción a favor das personas, o planeta e a prosperidade que ten tamen a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.

193 Estados membros das Nacións Unidas aprobaron unha resolución na que recoñecen que o maior desafío do mundo actual é a erradicación da pobreza e afirman que sen acadala non pode haber un desenvolvemento sustentable.

A axenda plantea 17 Obxectivos con 169 metas de carácter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental. Os Estados comprometeronse a movilizar os medios necesarios para a súa implementación mediante alianzas centradas especialmente nas necesidades dos máis pobres e vulnerables.

Os Obxectivos de Desenvolvmento Sostible (ODS) son un chamamento universal a acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son 17 obxectivos intercontados

  • que deben acadarse para o ano 2030
  • que persiguen un futuro máis sostible para a humanidade.
  • e no que cada ODS ten asociadas metas claras e indicadores obxectivos de logro.

No seu conxunto, ocupanse das tres dimensións da sustentabilidade: medioambiental, econóimca e social.

Metas e indicadores

Cada ODS ten asignadas varias metas concretas, e cada meta ten asignados indicados específicos, que permiten saber obxectivamente se nos achegamous ou nos alonxamos do cumplimento do obxectivo.

AMPLIACIÓN.
Podes consultar esas metas e os indicadores na Resolución 71/313 da Asamblea Xeral das Nacións Unidas de 6 de xullo de 2017.
AMPLIACIÓN.
E os indicadores en Galicia na web do Instituto Galego de Esatística.

As 5 P da sustentabilidade

Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible poden clasificarse nas cinco P para seren máis facilmente comprensibles e avaliados.

TAREFA. En grupos de 3-4 persons, escollede dous ODS por grupo para profundizar no seu coñecemento. Reflexionade sobre se esas metas deses ODS son facilmente alcanzables, a nivel local e global. Escollede unha portavocía que expoña a vosa ánalise e as conclusións
TAREFA. Qué podes facer ti como alumno e futuro traballador? Explica na túa vida e no teu sector qué podes facer para acadar cada un deses ODS. Este libro pode facilitarche moitas ideas prácticas para acadar cada obxectivo.

Aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)

thumb En Inglés ASG é ESG - enviroment, social, governance

ASG utilízase para avaliar as prácticas dunha empresa ou organización nos tres ámbitos claves para o desenvolvemento sustentable:

A (ambiente)
Fai referencia a como unha empresa aborda o cambio climático e o impacto das súas actividades no planeta, así como a súa xestión dos recursos naturais.
S (social)
Refírese a como unha empresa trata aos seus empregados e á comunidade onde está inserida. Entre outras:
  • condicións laborais
  • relacións entre os traballadores
  • cumprimento dos dereitos humanos
  • políticas de conciliación
  • relación coa contorna
G (gobernanza)
Relaciónase coa estrutura e o bo goberno das empresas, a ética empresarial, a loita contra a corrupción, a acción colectiva, a transparencia ou a toma de decisións.

Polo tanto, os criterios ASG son un conxunto de normas que se deben seguir á hora de tomar unha decisión empresarial. Non se trata só de pensar en aspectos e vantaxes financeiras, senón tamén de buscar os pros e os contras de cada decisión en termos de impacto sobre o medio ambiente e a sociedade. Ademais, estes criterios están ligados a outros conceptos como responsabilidade social, economía circular ou respecto e valores compartidos.

Se se teñen en conta estes criterios, as empresas poden tomar decisións máis sustentables e responsables.

Algunhas ventaxas de impulsar políticas ASG poden ser:

  • Unha estratexia corporativa plena e responsable
  • Custos de financiamento máis eficientes e sustentables
  • Organización empresarial máis responsable
  • Cumpre cos requisitos regulatorios
  • Colabora na conciliación familiar dos empregados
  • Aumentan as oportunidades laborais na empresa
  • Redución de custos operativos e de produción
  • Retorno do investimento
  • Dispoñen dun sistema de gobernanza baseado en principios éticos
  • Imaxe corporativa

Os stakeholders e os criterios ASG

Stakeholders-esg.JPG
CURIOSIDADE. O profesor da Universidade de Virginia Edwar Freeman foi o que acuñou o termo stakeholder e elaborou a teoría dos grupos de interese. Explicou que son aqueles aos que lles afecta a actividade dunha empresa, ou poden determinar a actividade da mesma.

Traducido o galego, serían os interesados ou participantes; grupos de interese cunhas expectativas e necesidades diferentes, que a empresa debe coñocer para saber xestionalos.

Os grupos varían en función de factores coma o tamaño ou tipo de empresa. Pódense clasificar en internos (personas que forman parte da organización) e externos (cos que a empresa debe manter un diálogo e intentar responder as súas necesidades e demandas).

Algúns posibles stakeholders son:

Stakeholders-2.JPG
  • propietarios e accionistas
  • clientes
  • empregados
  • organizacións sindicais
  • proveedores
  • acreedores
  • comunidade local
  • administración pública e goberno
INVESTIGA. Podes consultar a análise de materialidade da compañía Repsol

Criterios ASG

Os criterios ASG son un conxunto de normas que se deben seguir para tomar decisións empresariais pensando tanto en cuestións financieiras coma en impacto medioambiental e social; e así tomar as decisións máis sostibles e responsables.

Ambito-dos-asg-e-exemplos-de-actuacion.png

|

As inversións socialmente responsables

A inversión socialmente responsable valora conxuntamente a rentabilidade, o risgo e a liquidez dunha inversión co seu impacto en aspectos medioambientais, sociais e de bo goberno da empresa destinataria dos fondos dos aforradores.

AUDIOVISUAL. Podes consultar este podcast da Comisión Nacional do Mercado de Valores sobre a Inversión Socialmente Responsable.

Estratexias

Algunhas estratexias de xestión de Investimento Socialmente Responsable (ISR) son:

  • Exclusión de actividades do universo de investimento (screening negativo). Estratexia ISR que exclúe investimentos ou clases de investimentos específicas do seu universo de investimento. Esta aproximación exclúe sistematicamente empresas, sectores ou países do universo de investimento se involucran actividades baseadas en criterios específicos. Entre os criterios ASG máis comúns de exclusión atópanse as actividades relacionadas con armas, pornografía, tabaco e probas con animais. As exclusións poden ser aplicadas a nivel de fondo individual, pero cada vez máis se están dando a nivel corporativo (xestora ou propietaria) para toda a gama de produtos de investimento.
  • Screening baseado en Normas. Revisión (screening positivo) de investimentos de acordo coa conformidade destes con estándares internacionais e normas baseadas en criterios ASG. Algúns exemplos de estándares e normas que se poden utilizar para o screening son as desenvolvidas pola OCDE, as Nacións Unidas e as súas axencias, coma o Pacto Mundial, a OIT, UNICEF ou ACNUR.
  • Selección positiva de investimentos ou best-in-class. Estratexia onde o mellor desempeño dos investimentos dentro dun determinado universo de investimento, categoría ou clase está seleccionado ou ponderado en base a criterios ASG. Esta aproximación supón que a selección ou a importancia do mellor desempeño ou maior desenvolvemento das empresas ou dos activos foron identificados a través dunha análise ASG, definindo con esta análise o universo de investimento.
  • Investimentos temáticos. Investir en activos que exploten as mellores oportunidades das principais tendencias relacionadas coa sustentabilidade a longo prazo, que impulsen o valor en todas as industrias.
  • Integración de factores ASG na análise financeira. Restricións obrigatorias sobre as decisións de investimento, baseadas en rating/valoracións financeiras derivadas da investigación dos criterios ASG. A nivel internacional, as grandes axencias de calificación tradicionais, coma MSCI ou Standard &Poor's elaboran índices que cada vez teñen máis aceptación.
  • Engagement (Diálogo Activo). O activismo accionarial a través do diálogo activo é unha estratexia ISR utilizada para exercer os dereitos dos propietarios de activos, aliñados cos criterios ambientais e sociais (deberes fiduciarios). O Engagement en ASG pode tomar a forma de carta formal, chamada, correos electrónicos, reunións, etc.
  • Voting (Voto). O activismo accionarial a través do exercicio directo do dereito a voto ou a través das delegacións de voto na Xunta de Accionistas é o principal medio polo cal os propietarios de activos poden influír nas estratexias e prácticas ASG das empresas.
  • Investimentos de impacto. Son investimentos que teñen a intención de xerar un impacto ambiental e social ao mesmo tempo que xeran un retorno financeiro. Os investimentos de impacto poden realizarse tanto en mercados emerxentes como en mercados desenvolvidos. Os investimentos de impacto, a miúdo, céntranse en proxectos específicos. Distínguense da filantropía en que o investidor conserva a propiedade do activo e espera un retorno financeiro positivo. Os investimentos de impacto inclúen as microfinanzas, os investimentos na comunidade e os fondos de emprendemento ambiental ou social. Unha característica distintiva do investimento de impacto é o compromiso que os investidores adquiren para medir e informar sobre o desempeño ambiental e social e do progreso dos investimentos subxacentes
INTERESANTE. A principal plataforma que promove a participación socialmente responsable en España é Spainsit. Consulta a súa web para máis información.

A medición da sostenibilidade

Os indicadores de sustentabilidade defínense coma aqueles factores que se poden medir e que contribúen a que a actividade empresarial e produtiva sexa sostible.

A nivel de Estado, podes consultar na web do Instituto Nacional de Estadística os indicadores actualizados para os disintos ODS.

Indicadores de sustentabilidade ambiental

Miden o éxito das medidas á hora de minimizar as externalidades negativas no medio ambiente. Estas últimas son consecuencia da propia actividade empresarial, que non resulta inócua. A produción, especialmente na industria, precisa consumir recursos e enerxía, o que afecta ao entorno. Ademais, durante o proceso, xéranse desperdicios que poden provocar contaminación.

Os indicadores de sustentabilidade ambiental céntranse en determinar a redución desas externalidades.

Algúns exemplos son:

  • Consumo de enerxía
  • Cantidade de auga consumida.
  • Ciclo de vida do produto.
  • Materia prima utilizada.
  • Pegada de carbono.
  • Emisións de dióxido de carbono durante o transporte.
  • Kilómetros recorridos nos procesos loxísticos
  • Redución de residuos e taxas de reciclaxe

Indicadores de sustentabilidade social

Neste caso, os indicadores sociais miden como a empresa se relaciona coa sociedade ou coa súa comunidade local. Do mesmo xeito que co medio ambiente, estas organizacións afectan a grandes colectivos de persoas. Tal é a situación dos empregados, os clientes, os provedores ou os accionistas. As decisións que tome a dirección afectaranlles de maneira directa ou indirecta.

Así, as compañías deben desenvolver unha actividade ética e que teña en conta como usan os seus recursos humanos. Algo así maniféstase en salarios axeitados, postos de traballo saudables ou non discriminando a empregados concretos. Ao final, é fundamental non esquecer a importancia da parte social do ESG. Sen prestarlle atención, non se conseguirán bos resultados.

Estes son diferentes indicadores útiles:

  • Xestión da diversidade.
  • Cumprimento coas políticas de igualdade.
  • Transparencia na xestión de recursos humanos.
  • Apoio á conciliación laboral e familiar.
  • Seguridade e saúde dos traballadores.
  • Impacto social

Indicadores de sustentabilidade institucional

Os indicadores de sustentabilidade institucional céntranse en aspectos económicos e financeiros. A organización ten que ser rendible para manter as súas funcións en equilibrio. Para conseguir isto, a empresa debe seguir uns criterios de gobernanza racionais e que reduzan os riscos. Unha mala decisión, como a compra dun negocio deficiente, pode levar á quebra.

Ademais, é preciso que existan contrapesos dentro da organización para limitar o poder omnímodo da dirección. Ao mesmo tempo, débese destacar o papel dos criterios de bo goberno. Así, desenvolverase unha cultura empresarial baseada na sustentabilidade e na transparencia.

Entre os indicadores atopamos:

  • Fondo de manobra.
  • Débeda.
  • Volume de negocio.
  • Rendibilidade xeral.

Materiais audivisuais

Actividades

  • Transformacción
  • Unidade didáctica ODS
  • Identificación de stakeholders
  • Temas para o debate
    • Reconversión naval [1] [2] en Ferrol
    • Reconversión da central mineira das Pontes
    • Altri ([3] y [4]), Celulosa e Reganosa
    • Nike e política de xénero coas deportistas ([5],[6] y [7])
    • Selección feminina de fútbol e caso Rubiales

Referencias