Diferencia entre revisiones de «PHP Operacións BD Mysql»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 63: | Línea 63: | ||
| − | : Todo o anterior xa está indicado no [wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PHP_Requirimentos_previos_para_acceso_a_datos punto anterior da wiki]. | + | : Todo o anterior xa está indicado no [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PHP_Requirimentos_previos_para_acceso_a_datos punto anterior da wiki]. |
| − | |||
* Utilizando procedementos: [https://secure.php.net/manual/es/function.mysqli-connect.php mysqli_connect] | * Utilizando procedementos: [https://secure.php.net/manual/es/function.mysqli-connect.php mysqli_connect] | ||
| Línea 125: | Línea 124: | ||
: Dará como resultado: | : Dará como resultado: | ||
[[Imagen:Php_BD_3.jpg|400px|center]] | [[Imagen:Php_BD_3.jpg|400px|center]] | ||
| + | |||
| + | == Consulta == | ||
== Alta == | == Alta == | ||
Revisión del 11:06 29 dic 2016
Sumario
Introdución
- Como comentamos no punto anterior, para conectarnos a un xestor de base de datos específico imos ter que ter instalados os drivers correspondentes.
- Un driver é o software que nos permite comunicarnos cun xestor de base de datos, pero normalmente non imos facer dita comunicación utilizando o driver directamente se non que o usaremos a través dunha API, que son un conxunto de clases, funcións,... que nos permiten facer uso do driver e conectar a un xestor de base de datos.
- Existen dous tipos de API´s:
- Procedimentais: Facemos uso de funcións para realizar as operacións contra a base de datos.
- Orientadas a obxectos: Instanciamos clases e chamamos a métodos dos obxectos creados.
Normalmente faremos uso desta segunda opción.
- En PHP, ditas API´s se 'activan' facendo uso de Extensións.
- Indicar que unha API non é o mesmo que unha extensión en PHP, xa que algunhas extensións non proporcionan ningunha API ao usuario (por exemplo a extensión do driver PDO MySQL, non proporciona ningunha API ó programador PHP).
- Existen tres APIs principais para conectar a un servidor de bases de datos MySQL:
- Extensión MySQL de PHP
- Extensión mysqli de PHP
- Obxectos de Datos de PHP (PDO)
- Para conectarnos imos utilizar as funcións mysqli (mysql improved) que foron introducidas a partires de Mysql 4.1
- A extensión mysqli ven incluída nas versiones PHP 5 e posteriores.
- Algunha das melloras de dita extensión con respecto á extensión mysql:
- Interfaz orientada a obxectos
- Soporte para declaracións preparadas.
- Soporte para Transaccións
- Dita extensión tamén ten unha versión procedural, de tal forma que imos poder chamar ás funcións de dúas maneiras diferentes:
Exemplo de función cun estilo procedimental que pecha unha conexión a unha base de datos ($link é un identificador cando se fai a conexión contra a base de datos):
1 mysqli_close($link);
Exemplo de función cun estilo obxectual que pecha unha conexión a unha base de datos:
1 mysqli::close();
- Aquí tedes un cadro comparativo obtido de php.net onde se ve o comentado anteriormente:
Nota: Máis información neste enlace.
Conexión
- Partimos da base de que xa temos instalado:
- O xestor de bases de datos Mysql
- Unha base de datos creada. Neste manual vai ter de nome PHP.
- Un usuario / password que teña todos os permisos sobre a base de datos creada. Neste manual o usuario/password creado son user_php/user_php.
- Todo o anterior xa está indicado no punto anterior da wiki.
- Utilizando procedementos: mysqli_connect
- Utilizando obxectos: mysql::_construct
- Sintaxe (se indica a sintaxe do construtor e polo tanto será equivalente a facer un 'new' da clase mysqli):
1 mysqli::__construct ([ string $host = ini_get("mysqli.default_host") [, string $username = ini_get("mysqli.default_user") [, string $passwd = ini_get("mysqli.default_pw") [, string $dbname = "" [, int $port = ini_get("mysqli.default_port") [, string $socket = ini_get("mysqli.default_socket") ]]]]]] )
- Todos eles son optativos, pero normalmente indicaremos o nome de host, login, password e base de datos.
- Os parámetros son:
- Host a conectar (cadea): Pode ser o nome ou a dirección IP. Normalmente imos poñer 'localhost' (se o xestor de bases de datos está instalado no mesmo equipo que o servidor web).
- Nome do usuario con acceso á base de datos (cadea): Nome do usuario que ten acceso á base de datos.
- Password (cadea): Password do usuario.
- Dbname (cadea): Nome da base de datos sobre a que imos traballar.
- Porto (numérico): Porto no que está escoitando o xestor de base de datos. No caso de mysql ó o 3306.
- Socket (cadea): Socket ou tubería para conectar có xestor de bases de datos. En Linux é un tipo especial de arquivo que serve para 'transmitir' información, neste caso, cara o xestor de bases de datos.
- Aplicado ao noso caso, teremos a seguinte orde:
1 $conex = new mysqli('localhost','user_php','user_php','PHP');
- En caso de erro, $conex é un obxecto que represente a conexión á base de datos.
- En caso de ter unha versión PHP anterior á PHP 5.2.9 e 5.3.0 teremos que chamar á función mysqli_connect_error() desta forma:
1 $conex = new mysqli('localhost','user_php','user_php','PHP'); 2 if (mysqli_connect_error()){ 3 die('Erro de Conexión (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error()); 4 }
- En caso de ter unha versión PHP posterior á PHP 5.2.9 e 5.3.0:
1 $conex = new mysqli('localhost','user_php','user_php','PHP'); 2 if ($conex->connect_error) { 3 die('Erro de Conexión (' . $conex->connect_errno . ') ' . $conex->connect_error); 4 }
- Como vemos amosamos por un lado a mensaxe de erro que devolve o xestor de bases de datos e o número de erro asociado a esa mensaxe.
- Podemos consultar os número de erro e mensaxes asociadas neste enlace.
- Por exemplo, imos modificar o password do usuario por un que non exista e veremos o resultado:
1 $conex = new mysqli('localhost','user_php','password_non_existe','PHP'); 2 if (mysqli_connect_error()){ 3 die('Erro de Conexión (' . mysqli_connect_errno() . ') ' . mysqli_connect_error()); 4 }
- Dará como resultado:
Consulta
Alta
Baixa
Modificación
Procedementos almacenados
Permisos mínimos
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).