DRUPAL Menús

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aspectos a ter en conta

  • Os menús imos poder colocalos en calquera sección dun Tema.
  • Poderemos asociar a visualización dun menú en función dun rol determinado (un rol é un grupo de seguridade ao que pode pertencer un usuario, por exemplo ao grupo administradores).


Visión Xeral

  • Se entramos na opción de menú Administrar:


  • Dentro dos menús por defecto temos:
  • Administración: É o menú que utilizan os usuarios có rol administrador.
  • Herramientas: É o menú no que aparecen enlaces relacionados con módulos previamente instalados. Por exemplo, por defecto aparece activo dentro deste menú o enlace agregar contenido que se amosa cando un usuario ten permiso para agregar novos contidos (por exemplo novos artigos) ao sitio web de Drupal.
  • Navegación Principal: É o menú que amosa as seccións principais do sitio.
  • Menú usuario (user account menú): É o menú no que se amosa os enlaces de Cerrar sesión e Mi cuenta, aparecen cun usuario cando se identifica.
  • Pié de página: Enlaces que aparecen a pé de páxina do sitio web. Por defecto ten activo o de Contacto.


  • A xestión dos menús é moi intuitiva. Podemos editalos, cambiar de orden os elementos dos menús ou crear novos menús premendo o botón Añadir menú.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).