DRUPAL Menús

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aspectos a ter en conta

  • Os menús imos poder colocalos en calquera sección (rexións) dun Tema.
  • Poderemos asociar a visualización dun menú en función:
  • Dun rol determinado (un rol é un grupo de seguridade ao que pode pertencer un usuario, por exemplo ao grupo administradores).
  • Do tipo de contido que se estea a visualizar (é dicir, podemos facer un menú se visualice se estamos a ver un artigo, por exemplo)
  • Das páxinas que esteamos a visualizar (é dicir, podemos facer que un menú estea visible só para certas páxinas, por exemplo, a páxina principal).

Visión Xeral

  • Se entramos na opción de menú Administrar:


  • Dentro dos menús por defecto temos:
  • Administración: É o menú que utilizan os usuarios có rol administrador.
  • Herramientas: É o menú no que aparecen enlaces relacionados con módulos previamente instalados. Por exemplo, por defecto aparece activo dentro deste menú o enlace agregar contenido que se amosa cando un usuario ten permiso para agregar novos contidos (por exemplo novos artigos) ao sitio web de Drupal.
  • Navegación Principal: É o menú que amosa as seccións principais do sitio.
  • Menú usuario (user account menú): É o menú no que se amosa os enlaces de Cerrar sesión e Mi cuenta, aparecen cun usuario cando se identifica.
  • Pié de página: Enlaces que aparecen a pé de páxina do sitio web. Por defecto ten activo o de Contacto.


  • A xestión dos menús é moi intuitiva. Podemos editalos, cambiar de orden os elementos dos menús ou crear novos menús premendo o botón Añadir menú.
  • Se, por exemplo, editamos o menú 'Administración' podemos ver como os elementos do menú se corresponden coas entradas do menú de administración de Drupal...

Drupal menu 3.jpg

Creando un menú

  • Imos crear un menú de administración cunhas entradas que nos permitan engadir novos contidos de tipo 'ficha xogador' e que poidamos ir á sección de 'baleirar' cache.
  • Indicar que as entradas de menú van poder referenciar calquera contido ou páxina de drupal. Soamente teremos que copiar a URL da mesma.
Polo tanto o contido que van referenciar ten que estar creado previamente.


Activando o menú

  • Unha vez creado o menú ten que 'colocarse' nalgunha das sección/rexión que conforman o theme actual.


Creando sub-menús

  • Drupal permite que os enlaces dun menú sexan 'fillos' dun enlace superior, creando unha estrutura en forma de árbore.

Modificando o aspecto dos menús

Cambiando o theme

  • Hai certos themes que permiten ter un 'drowdown menu', é dicir, un menú no que ao pasar por enriba aparece en forma desplegable os submenús.
Un deles é o Theme Business].
Podedes ver neste enlace os pasos que hai que facer para que apareza o menú principal en forma de menú desplegable.


Instalando un módulo

  • Existen varios módulos pero que aínda non están totalmente desenvolvidos para Drupal 8 (no momento de facer este manual).
Para instalala podemos facer uso do módulo libraries



-- Ángel D. Fernández González -- (2016).