PHP Sintaxe
Revisión del 11:09 18 sep 2016 de Wiki (discusión | contribuciones)
- As páxinas que creamos en php deben ter algunha destas extensións: .php, .phtml, .php3, .php4, .php5, .php7, .phps
- Normalmente teremos de extensión: páxina.php.
- Para engadir código PHP a unha páxina temos que escribir estas etiquetas dentro do código da páxina:
1 <?php 2 3 // CODIGO PHP 4 5 ?>
Nota: É posible poñer as etiquetas <? ?> pero non recomendable. Para facelo teremos que modificar o arquivo php.ini como ven indicado neste enlace.
- Se a páxina php soamente contén código php, é preferible non engadir a etiqueta ?> ao final da páxina.
- Por exemplo:
1 <html> 2 <head> 3 </head> 4 <body> 5 <?php 6 7 echo "ola"; 8 echo "</body></html>";
- Calquera código que poñamos fora das etiquetas de inicio e fin do código PHP será ignorado polo intérprete de PHP e se tratará como código HTML.
- Por exemplo:
1 <html> 2 <head> 3 </head> 4 <body> 5 <?php 6 7 echo "ola"; 8 9 ?> 10 <br/> 11 <h1>Este é unha cabeceira en html </h1> 12 </body> 13 </html>
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).