Configuración de DHCP Failover protocol
Prerrequisitos
Comprender o funcionamento de DHCP a nivel teórico e práctico
Introdución
O servizo DHCP DHCP é crítico en redes grandes; faise aconsellable traballar con múltiples servidores DHCP facilitando redundancia para o caso no que falle un (ou varios) dos servidores.
O protocolo DHCP Failover suministra a sincronización entre dous servidores DHCP para que en caso de que falle un deles o outro permita que a asignación e renovación de IPs siga producíndose, permitindo que ambos servidores manteñan unha base de datos de IP consistente.
Para iso implementa un algoritmo para aportar balanceo na asignación de IP entre os dous servidores. Hai dous modos nos que pode ser configurado o failover.
- Hot Standby Mode
- Un dos servidores actúa como primario e outro coma secundario. O primario é o que leva o peso da concesión de IPs e o secundario está en modo de espera por se o primario falla,
- Load Sharing Mode
- Configuración por defecto na que ambos servidores distribúen IPs aos clientes. O ratio de distribución por defecto é do 50% máis é modificable.