Configuración de DHCP Failover protocol

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Prerrequisitos

Comprender o funcionamento de DHCP a nivel teórico e práctico

Introdución

O servizo DHCP DHCP é crítico en redes grandes; faise aconsellable traballar con múltiples servidores DHCP facilitando redundancia para o caso no que falle un (ou varios) dos servidores.

O protocolo DHCP Failover suministra a sincronización entre dous servidores DHCP para que en caso de que falle un deles o outro permita que a asignación e renovación de IPs siga producíndose, permitindo que ambos servidores manteñan unha base de datos de IP consistente.

Para iso implementa un algoritmo para aportar balanceo na asignación de IP entre os dous servidores. Hai dous modos nos que pode ser configurado o failover.

Hot Standby Mode
Un dos servidores actúa como primario e outro coma secundario. O primario é o que leva o peso da concesión de IPs e o secundario está en modo de espera por se o primario falla,
Load Sharing Mode
Configuración por defecto na que ambos servidores distribúen IPs aos clientes. O ratio de distribución por defecto é do 50% máis é modificable.

Práctica

Crearemos dous servidores DHCP:

  • 192.168.1.2 (Servidor DHCP Primario)
  • 192.168.1.3 (Servidor DHCP Secundario)

Configuración de IP en Netplan

Detallaremos a configuración en cada servidor. Para aplicar os cambios:

sudo netplan apply

Servidor Primario

network:
  version: 2
  renderer: networkd
  ethernets:
    enp0s3:
      dhcp4: no
      addresses:
        - 192.168.1.2/24
      gateway4: 192.168.1.1
      nameservers:
          addresses: [8.8.8.8, 1.1.1.1]

Servidor Secundario

network:
  version: 2
  renderer: networkd
  ethernets:
    enp0s3:
      dhcp4: no
      addresses:
        - 192.168.1.3/24
      gateway4: 192.168.1.1
      nameservers:
          addresses: [8.8.8.8, 1.1.1.1]

Configuración DHCP

Servidor Primario

authoritative;
ddns-update-style none;

failover peer "FAILOVER" {
  primary; 
  address 192.168.1.2;
  port 647;
  peer address 192.168.1.3;
  peer port 647;
  max-unacked-updates 10;
  max-response-delay 30;
  load balance max seconds 3;
  mclt 1800;
  split 128;
}

subnet 192.168.1.0 netmask 255.255.255.0 {
  option broadcast-address 192.168.1.255;
  option routers 192.168.1.1;
  option domain-name-servers 8.8.8.8, 8.8.4.4;
  pool {
    failover peer "FAILOVER";
    max-lease-time 3600;
    range 192.168.1.50 192.168.1.199;
  }
}

Servidor Secundario

authoritative;
ddns-update-style none;

failover peer "FAILOVER" {
  secondary;
  address 192.168.1.3;
  port 647;
  peer address 192.168.1.2;
  peer port 647;
  max-unacked-updates 10;
  max-response-delay 30;
  load balance max seconds 3;
}

subnet 192.168.1.0 netmask 255.255.255.0 {
  option broadcast-address 192.168.1.255;
  option routers 192.168.1.1;
  option domain-name-servers 8.8.8.8, 8.8.4.4;
  pool {
    failover peer "FAILOVER";
    max-lease-time 3600;
    range 192.168.1.50 192.168.1.199;
  }
}

Cliente dhclient

Para solicitar unha configuración:

sudo dhclient

Para liberar unha configuración:

sudo dhclient -r

Se queremos modo verbose, engadimos a opción -v

Referencias