DRUPAL Configuración da conta

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Neste apartado explícase como configurar as opcións predeterminadas das contas do usuario, personalizar as mensaxes que lle chegan aos usuarios cando se rexistran, se dan de baixa,... e como personalizar os campos que aparecen cando un usuario se rexistrar.


  • Para ir as opcións da conta temos que ir ao menú Administrar => Configuración => e premer na sección Configuración de la cuenta.
Drupal opcuenta 1.jpg


Opcións

Drupal opcuenta 2.jpg
  • Na sección Opciones de contacto indicamos que os usuarios novos non van ter un formulario de contacto para que se poidan poñer en contacto con eles.
Cando se crea un usuario, por defecto ten activado a opción de permitir contactos, xa que esta opción a herda da seleccionada anteriormente en opcións da conta:


  • Na sección Usuarios anónimos aparece o nome se lle vai asignar a un contido publicado en Drupal que non leve autor.
  • Na sección Rol de Administrador se indica cal é o rol que vai levar todos os permisos cando se instale un novo módulo. Os permisos postos ata o momento non se cambian.
Isto o vimos na sección de permisos desta unidade, onde puidemos comprobar que no rol 'Administrador' están todos os permisos.
  • Na sección Creación y cancelación de cuentas indicamos quen pode crear contas novas en Drupal. Por defecto, os usuarios poden crear as súas propias contas, pero non serán activadas ata que o fago o administrador.
Tamén podemos indicar que acción realizar cando se cancela unha conta con respecto ao contido publicado.
  • Na sección Dirección de correo electrónico para notificaciones indicamos que dirección de correo vai utilizar Drupal cando envía correos aos usuarios (sería o campo Dende (from) dun correo).
Drupal vai enviar automaticamente correos aos usuarios na situacións indicadas a continuación na sección.
Por cada situación podemos 'personalizar' a mensaxe que vai recibir o usuario:
Drupal opcuenta 3.jpg

Personalización dos datos do usuario

  • Ao igual que cos tipos de contido, imos poder engadir ou modificar os datos que son recollidos cando un usuario dáse de alta.


Drupal opcuenta 4.jpg



-- Ángel D. Fernández González -- (2016).