Android Instalación desde cero

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:

  • O JDK.
  • O SDK.
  • O Android Studio.

Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.


  • Compoñentes a instalar:
00 OpenJDK.jpg O OpenJDK (Java Development Kit), versión libre do JDK liderada por Oracle.
Como xa se indicou vaise instalar o JDK no canto do JRE (MV de Java), por se alguén desexa programar a maiores en Java en consola ou con outros IDEs.
Nesta ocasión vaise facer uso de OpenJDK e non do JDK de Oracle, porque xa vén nos repositorios de Ubuntu.
Quen o desexe pode descargar o JDK orixinal de Oracle e instalalo seguindo os pasos: http://www.oracle.com/technetwork/java/javase/downloads/index.html.
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android
70px O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android.


Instalación OpenJDK

  • Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE. O JDK versión 7 é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior. Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.

Instalación do IDE Eclipse

  • A continuación instalarase o IDE de Eclipse, cuxo proceso de instalación é simplemente descargar e descomprimir un paquete, sen máis.
  • En http://eclipse.org/ está o sitio do IDE.


IDE Eclipse para tódolos usuarios

  • Para que o IDE Eclipse estea dispoñible para tódolos usuarios do sistema, só é preciso poñer o cartafol Eclipse nunha ruta accesible por todo usuario. Neste caso vaise facer uso da máis recomendada /opt/eclipse.
  • Logo só resta axustar o propietario e os permisos do cartafol.
  • Pódese facer todo isto dende o contorno gráfico pero vaise realizar dende a consola con sudo.
  • Finalmente crearase un menú para que calquera usuario poida lanzar o IDE dende o Botón de Inicio do Lanzador.
1 [Desktop Entry]
2 Type=Application
3 Name=Eclipse
4 Comment=Eclipse Integrated Development Enviroment
5 Exec=env UBUNTU_MENUPROXY= /opt/eclipse/eclipse
6 Icon=/opt/eclipse/icon.xpm
7 Categories=Development;IDE;Java;

NOTA: Na versión 13.10 de Ubuntu se non se engade en Exec env UBUNTU_MENUPROXY non se amosarían os menús da aplicación.


Android Studio

  • Comprobamos que cumprimos os requisitos mínimos de hardware.
  • Windows:
   Microsoft® Windows® 8/7/Vista (32 or 64-bit)
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)
  • Mac OS X:


   Mac® OS X® 10.8.5 or higher, up to 10.9 (Mavericks)
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Runtime Environment (JRE) 6
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Linux:
   GNOME or KDE desktop
   GNU C Library (glibc) 2.15 o posterior
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Oracle® Java Development Kit (JDK) 7
Probado nun Ubuntu® 14.04, Trusty Tahr de 64 bits.

















-- Ángel D. Fernández González -- (2015).