Android Instalación desde cero
Revisión del 19:01 22 nov 2015 de Wiki (discusión | contribuciones)
Introdución
Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:
- O JDK.
- O SDK.
- O Android Studio.
Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.
- Compoñentes a instalar:
| O OpenJDK (Java Development Kit), versión libre do JDK liderada por Oracle. Como xa se indicou vaise instalar o JDK no canto do JRE (MV de Java), por se alguén desexa programar a maiores en Java en consola ou con outros IDEs. Nesta ocasión vaise facer uso de OpenJDK e non do JDK de Oracle, porque xa vén nos repositorios de Ubuntu. Quen o desexe pode descargar o JDK orixinal de Oracle e instalalo seguindo os pasos: http://www.oracle.com/technetwork/java/javase/downloads/index.html. | |
| O SDK (Software Development Kit) de Android | |
| O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android. |
Instalación OpenJDK
- Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE. O JDK versión 7 é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior. Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.
- Vaise instalar a versión 7.
- En http://openjdk.java.net pódese obter máis información sobre esta plataforma.
- Instalación OpenJDK
Android Studio
- Debemos de dirixirnos a paxina web para descargar o Android Studio: https://developer.android.com/sdk/index.html
- Comprobamos que cumprimos os requisitos mínimos de hardware.
- Windows:
Microsoft® Windows® 8/7/Vista (32 or 64-bit) 2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado. 400 MB de espazo en disco. Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches 1280 x 800 de resolución de pantalla mínima. Java Development Kit (JDK) 7 Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)
- Mac OS X:
Mac® OS X® 10.8.5 or higher, up to 10.9 (Mavericks) 2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado. 400 MB de espazo en disco. Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches 1280 x 800 de resolución de pantalla mínima. Java Runtime Environment (JRE) 6 Java Development Kit (JDK) 7 Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)
- Linux:
GNOME or KDE desktop GNU C Library (glibc) 2.15 o posterior 2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado. 400 MB de espazo en disco. Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches 1280 x 800 de resolución de pantalla mínima. Oracle® Java Development Kit (JDK) 7
- Probado nun Ubuntu® 14.04, Trusty Tahr de 64 bits.
-- Ángel D. Fernández González -- (2015).