NAT - Traducción de direccións
Introducción
A traducción de enderezos de rede, coñecido coma NAT (Network Address Translation) ou enmascaramento IP, é un mecanismo definido no RFC 1631 e utilizado por routers consistente en convertir en tempo real os enderezos utilizados nos paquetes transportados.
Esta técnica foi orixinariamente utilizada para evitar a necesidade de asignar un novo enderezo a cada host con un movemento da rede ou cambio de proveedor de servizos de internet: pero fíxose esencial e popular para conservar o espazo de dirección ante o agotamento de dirección IPv4 libres,xa que un único enderezo enrutable a través de internet (IP pública) pode ser usado para toda unha rede LAN na que cada equipo terá a súa ip privada.
Outra ventaxa tamén importante é que establece un mecanismo de seguridade engadido para o acceso a unha rede local.
Como inconvintes, sinalar o retardo que engade o encamiñador NAT en traducir os enderezos, unha maior complexidade para administrar e comprender o funcionamento da rede e a imposbilidade de seguir a traza dun determinado mensaxe que se perde no interior da rede privada.
Direccións privadas
No RFC 1918 fíxanse para IPv4 uns rangos de enderezos privados que poden ser utilizados sen petición previa a IANA. Son:
| Nome | Rango de enderezos IP | Cantidade de IP | Nº de Redes | Cantidade de IP por Red | Descripción da clase de cada unha das redes | Maior bloque de CIDR (máscara de subrede) |
Definido en |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Bloque de 24 bits | 10.0.0.0 – 10.255.255.255 | 16.777.214 | 1 | 16.777.214 | Clase A | 10.0.0.0/8 (255.0.0.0) | RFC 1597 (obsoleto), RFC 1918 |
| Bloque de 16 bits | 172.16.0.0 – 172.31.255.255 | 1.048.576 | 16 | 65.534 | Clase B | 172.16.0.0/12 (255.240.0.0) | |
| Bloque de 16 bits | 192.168.0.0 – 192.168.255.255 | 65.534 | 256 | 254 | Clase C | 192.168.0.0/16 (255.255.0.0) | |
| Bloque de 16 bits | 169.254.0.0 – 169.254.255.255 | 65.534 | 1 | 65.534 | Clase B simple | 169.254.0.0/16 (255.255.0.0) | RFC 3330, RFC 3927, coñecido como APIPA |
Para o protocolo IPv6 tamén está definido un rango de enderezos reservados para redes privadas, en concreo o fec0::/10; pero o RFC 3879 declarou obsoleto o seu uso porque por un lado o espazo de enderezos de IPv6 é suficiente para cubrir as necesidades actuáis e fururas, e porque vai en contra da filosofía de que cada equipo esté identificado por un enderezo único.