Gráficos
Creación de gráficos complexos nuhna folla de cálculo de Excel baseados hos datos existentes nela: tipo e formato do gráfico e dos seus elementos e cómo se poden engadir imáxenes, editar e imprimir o gráfico. Finalmente descríbese a inserción de minigráficos nas celdas.
Temas avanzados sobre gráficos
Creación de gráficos complejos en una hoja de cálculo de Excel, basados en los datos existentes en la misma: tipo y formato del gráfico y de sus elementos y cómo se puede añadir imágenes, editar e imprimir el gráfico. También se describe la inserción de minigráficos en las celdas.
Contido:
- Gráficos 3D e plantillas de gráfico
- Elementos do gráfico
- Datos nun exe secundario
- Usar imáxenes en gráficos
- Minigráficos
- Impresión de gráficos
Introdución
A partir dos datos que atopan nunha folla de cálculo, cos botones axeitados do grupo de comandos Gráficos da lapela Insertar podemos crear un gráfico.
Unha vez creado un gráfico, podes modificalo a través das lapelas contextuais Diseño de gráfico e Formato que aparecen ó seleccionar un elemento deste tipo, así coma cos tres botóns situados ó lado do grafico que nos permitirán modificar distintos aspectos do gráfico.
Podes:
- inscrustar o grafico na mesma folla de cálculo
- crear unha folla de gráfico
- agregar datos ó gráfica sen necesidade de volver a crealo
Grafico incrustado: Gráfico que se coloca nunha folla de cálculo en lugar de nunha folla de gráfico separada. Un gráfico incrustado comportase coma un obxecto máis da folla. Poderás cambiar o seu tamaño, a súa posición, eliminalo, etc., do mesmo xeito que o resto dos elementos da folla.
Folla de gráfico: Folla de cálculo independente na que só hai un gráfico. Esta folla compórtase igual que calera outra folla de Excel: ten o seu propio nome, podes copiala ou eliminala, etc.
Imos ver como manipular e conseguir gráficos máis complexos.
Tipos de gráficos
O cambio máis radical que se pode facer sobre un gráfica e cambiar o tipo de gráfico. Cada un dos tipos existentes ten as súas características propias que fan que sexa máis ou menos axeitado para os datos que se queren representar.
Despois de seleccionar o gráfico, na lapela contextual Diseño de gráfico podemos pulsar no botón Cambiar tipo de gráfico:
Desde este cadro de diálogo podes cambiar o tipo de gráfico.
Podes cambiar o gráfico:
- a un subtipo do tipo actual
- a un tipo totalmente distinto
Nesta última versión engadíronse gráficos de Mapa e os gráficos de Embudo.
Os gráficos de Mapa podense utilizar cando nos datos a representar existen rexións xeográficas (coma paises, estados, provincias ou códigos postales), de xeito que se poiidan amosar e comparar os valores segundo estas rexións xeográficas.
Os gráficos de Embudo pódense utilizar para amosar valores a través de varias fases dun proceso. Normalmente os valores disminúen de xeito gradual ó longo das fases, polo que as barras parécense a un embudo.
Podes seleccionar:
- o tipo na lista da parte esquerda do cuadro, e a continuación, seleccionar o subtipo axeitado na parte dereita
- directamente o novo tipo de gráfica de todos os disponibles na parte dereita da fiestra.
Hai gran variedade de posibilidades a elixir porque na maioría de tipos existen subtipos de dúas e tres dimensións.
Para modificar un dos elementos do gráfico (área do gráfico, lenda, títulos, exes, etc.) selecciona o elemento pulsando sobre el ou selecionandoo na lista Elementos do gráfico no grupo Selección actual.
Coas seguintes opcións podes configurar o formato destes elementos do gráfico tridimensional:
- Plano inferior
- Plano lateral
- Plano posterior
Pulsando o botón Aplicar formato a la selección que está no grupo de comandos Selección actual tamñen podes cambiar o formato do elemento seleccionado na lista de elementos ou directamente no gráfico.
No panel que aparecerá temos disntitas opcións que podemos elixir. Por exemplo:
- Relleno y línea
- Efectos
- Tamaño y propiedades
Por exemplo, premendo en efectos, poderemos despregar a opción Giro 3D onde temos a posibilidade de cambiar a orientación e a perspectiva dos gráficos tridimensionais o que pode axudar a unha mellor comprensión do gráfico.
Os controis X,Y e Z definen a orientación ou xiro:
- X representa o exe vertical
- Y representa o exe horizontal
- Z a profundidade
Un valor pequeno no campo Perspectiva amosa o gráfico tridimensional coma se tiveramos unha cámara paralela; pola contra valores maiores producen unha perspectiva ou profundidade máis esaxerada, similar a que produciría unha cámara de gran angular.
Plantilla de gráfico
Unha vez que creaches e configuraches un gráfico podes querer utilizar o mesmo tipo e formato noutros gráficos. Para isto podes crear unha plnatilla de gráfico.
Deste xeito cando estés creando outros gráficos en outras follas ou en outrs libros, poderás utilizar a plantilla de gráfico. Así o gráfico terá automaticamente o aspecto axeitado: tipo, elementos que se amosan, cores, etc.
Para crear unha plantilla de gráfico, seleccionamos o gráfico e amosamos o seu menú contextual pulsando sobre él nunha zona libre de elementos. Nese menú contextual, selecciona Guardar como plantilla.
As plantillas de gráficos gárdanse en ficheiros coa extensión crtx no cartafol de plantillas de gráficos de Office.
Podemos aplicar unha plantilla de gráfico desde a mesma opción que utilizamos para cambiar o tipo de gráfico.
Para crear un gráfico desde unha plantilla de gráfico:
- Amosa o cadro Insergar gráficos pulsando o botón Gráficos recomendados ou o botón Iniciador de cadros de diálogo do grupo de comandos Gráficos da lapela Insertar
- Selecciona a lapela Todos los gráficos
- Selecciona a plantilla
PISTA. Tamén podes obter novas plantillas de gráficas de outros usuarios ou desde o sitio web Office.com
Mediante o botón Administrar plantillas abrirás o cartafol onde se ubican no disco duro. Así poderás eliminar as plantillas personalizadas de gráficos que alí teñas.