Gráficos
Creación de gráficos complexos nuhna folla de cálculo de Excel baseados hos datos existentes nela: tipo e formato do gráfico e dos seus elementos e cómo se poden engadir imáxenes, editar e imprimir o gráfico. Finalmente descríbese a inserción de minigráficos nas celdas.
Temas avanzados sobre gráficos
Creación de gráficos complejos en una hoja de cálculo de Excel, basados en los datos existentes en la misma: tipo y formato del gráfico y de sus elementos y cómo se puede añadir imágenes, editar e imprimir el gráfico. También se describe la inserción de minigráficos en las celdas.
Contido:
- Gráficos 3D e plantillas de gráfico
- Elementos do gráfico
- Datos nun exe secundario
- Usar imáxenes en gráficos
- Minigráficos
- Impresión de gráficos
Sumario
Introdución
A partir dos datos que atopan nunha folla de cálculo, cos botones axeitados do grupo de comandos Gráficos da lapela Insertar podemos crear un gráfico.
Unha vez creado un gráfico, podes modificalo a través das lapelas contextuais Diseño de gráfico e Formato que aparecen ó seleccionar un elemento deste tipo, así coma cos tres botóns situados ó lado do grafico que nos permitirán modificar distintos aspectos do gráfico.
Podes:
- inscrustar o grafico na mesma folla de cálculo
- crear unha folla de gráfico
- agregar datos ó gráfica sen necesidade de volver a crealo
Grafico incrustado: Gráfico que se coloca nunha folla de cálculo en lugar de nunha folla de gráfico separada. Un gráfico incrustado comportase coma un obxecto máis da folla. Poderás cambiar o seu tamaño, a súa posición, eliminalo, etc., do mesmo xeito que o resto dos elementos da folla.
Folla de gráfico: Folla de cálculo independente na que só hai un gráfico. Esta folla compórtase igual que calera outra folla de Excel: ten o seu propio nome, podes copiala ou eliminala, etc.
Imos ver como manipular e conseguir gráficos máis complexos.
Tipos de gráficos
O cambio máis radical que se pode facer sobre un gráfica e cambiar o tipo de gráfico. Cada un dos tipos existentes ten as súas características propias que fan que sexa máis ou menos axeitado para os datos que se queren representar.
Despois de seleccionar o gráfico, na lapela contextual Diseño de gráfico podemos pulsar no botón Cambiar tipo de gráfico:
Desde este cadro de diálogo podes cambiar o tipo de gráfico.
Podes cambiar o gráfico:
- a un subtipo do tipo actual
- a un tipo totalmente distinto
Nesta última versión engadíronse gráficos de Mapa e os gráficos de Embudo.
Os gráficos de Mapa podense utilizar cando nos datos a representar existen rexións xeográficas (coma paises, estados, provincias ou códigos postales), de xeito que se poiidan amosar e comparar os valores segundo estas rexións xeográficas.
Os gráficos de Embudo pódense utilizar para amosar valores a través de varias fases dun proceso. Normalmente os valores disminúen de xeito gradual ó longo das fases, polo que as barras parécense a un embudo.
Podes seleccionar:
- o tipo na lista da parte esquerda do cuadro, e a continuación, seleccionar o subtipo axeitado na parte dereita
- directamente o novo tipo de gráfica de todos os disponibles na parte dereita da fiestra.
Hai gran variedade de posibilidades a elixir porque na maioría de tipos existen subtipos de dúas e tres dimensións.
Para modificar un dos elementos do gráfico (área do gráfico, lenda, títulos, exes, etc.) selecciona o elemento pulsando sobre el ou selecionandoo na lista Elementos do gráfico no grupo Selección actual.
Coas seguintes opcións podes configurar o formato destes elementos do gráfico tridimensional:
- Plano inferior
- Plano lateral
- Plano posterior
Pulsando o botón Aplicar formato a la selección que está no grupo de comandos Selección actual tamñen podes cambiar o formato do elemento seleccionado na lista de elementos ou directamente no gráfico.
No panel que aparecerá temos disntitas opcións que podemos elixir. Por exemplo:
- Relleno y línea
- Efectos
- Tamaño y propiedades
Por exemplo, premendo en efectos, poderemos despregar a opción Giro 3D onde temos a posibilidade de cambiar a orientación e a perspectiva dos gráficos tridimensionais o que pode axudar a unha mellor comprensión do gráfico.
Os controis X,Y e Z definen a orientación ou xiro:
- X representa o exe vertical
- Y representa o exe horizontal
- Z a profundidade
Un valor pequeno no campo Perspectiva amosa o gráfico tridimensional coma se tiveramos unha cámara paralela; pola contra valores maiores producen unha perspectiva ou profundidade máis esaxerada, similar a que produciría unha cámara de gran angular.
Plantilla de gráfico
Unha vez que creaches e configuraches un gráfico podes querer utilizar o mesmo tipo e formato noutros gráficos. Para isto podes crear unha plnatilla de gráfico.
Deste xeito cando estés creando outros gráficos en outras follas ou en outrs libros, poderás utilizar a plantilla de gráfico. Así o gráfico terá automaticamente o aspecto axeitado: tipo, elementos que se amosan, cores, etc.
Para crear unha plantilla de gráfico, seleccionamos o gráfico e amosamos o seu menú contextual pulsando sobre él nunha zona libre de elementos. Nese menú contextual, selecciona Guardar como plantilla.
As plantillas de gráficos gárdanse en ficheiros coa extensión crtx no cartafol de plantillas de gráficos de Office.
Podemos aplicar unha plantilla de gráfico desde a mesma opción que utilizamos para cambiar o tipo de gráfico.
Para crear un gráfico desde unha plantilla de gráfico:
- Amosa o cadro Insergar gráficos pulsando o botón Gráficos recomendados ou o botón Iniciador de cadros de diálogo do grupo de comandos Gráficos da lapela Insertar
- Selecciona a lapela Todos los gráficos
- Selecciona a plantilla
PISTA. Tamén podes obter novas plantillas de gráficas de outros usuarios ou desde o sitio web Office.com
Mediante o botón Administrar plantillas abrirás o cartafol onde se ubican no disco duro. Así poderás eliminar as plantillas personalizadas de gráficos que alí teñas.
PREGUNTA. Se o tipo de gráfico actual é tridimensional, pódese cammbiar por outro de dúas dimensións? RESPOSTA. Pooderos cambialo de bidimensional a tridimensional (ou viceversa) elixindo simplemente o tipo e subtipo axeitado.
Elementos de gráfico
Para amosar, ocultar ou cambiar os elementos do gráfico podemos utilizar as opcións da icona Elementos do gráfico situado a carón do gráfico.
Outra posibilidade é seleccionar un deseño de gráfico desde a lapela Diseño de gráfico. Cada deseño ten uns elementos configurados dun determinado xeito (título do gráfico, lenda, táboa de datos, etc.), de xeito que o gráfico amosará estos elementos da forma correspondente.
Por exemplo, desde a opción Titulo del gráfico puedes incluir un título al gráfico, enriba deste ou superposo na súa parte superior, sen cambiar o tamaño do mesmo. E no panel Formato del título del gráfico podes establecer distintos parámetros dentro de cada unha das categoráis: Opciones de título e Opciones de texto.
Tendo un gráfico seleccionado, podemos configurar opcións dentro de Elementos de gráfico:
- Desde as opcións Títulos del eje podemos indicar se deben aparecer etiquetas nos eixos vertical e horizontal do gráfico que servan para describir o que se representa en cada un destes eixos.
- a opción Leyenda permitenos ocultar ou mostrar a lenda, indicando a situación onde aparecerá: debaixo do gráfico, enriba deste, a súa esquerda, etc. Tamén podemos seleccionar a lenda e situala onde desexemos arrantrando co rato.
- a opción Tabla de datos cando se activa amosa a táboa de datos debaixo do gráfico
- en Ejes, podes indicar se se vai amosar no gráfico un determinado eixo. En determinados tipos de gráficos tridimensionais tamén se incluirá o eixo Z ou de profundidade
- desde a opción Líneas de cuadrícula podes facer que o gráfico amose máis ou menos liñas de división tanto horizonaltes como verticais. Estas liñas axudan a situar os valores que están sendo representados no gráfico; ten en conta que cando existen demasiadas divisións o gráfico pode chegar a ser confuso
- desde a opción Línea de tendencia tes acceso a varias opcións de análise do grafico que poden servirnos para entender mellor o gráfico amosando cal foi a tendencia dos datos o longo dun período de tempo
Lenda: É un cadro nun gráfico que serve para identificar as cores ou deseños que lle foron asignadas as disntintas series de datos ou categorías do gráfico.
Etiquetas de datos: Amosan o dato que se está reprresentando en cada punto de dato do gráfico.
PISTA. Tanto os títulos coma as etiquetass de datos son elementos do gráfico polo que poderíamos cambiar o lugar onde aparecen para que non se superpoñan aos textos con outros elementos do gráfico, ou para que se sitúen exactamente no lugar desexado.
PISTA. Recorda que en ocasións cando engadimos ou eliminamos elementos ao gráfico pode ser convinte axustar o tamaño do gráfico ou destes elementos para que o conxunto se vexa do mellor xeito posible.
PISTA. Despois de elixir os elementos que queres amosar no gráfico podemos configuralos e cambiar o seu formato. Para iso, selecciona o elemento e accede ao panel de formato que se amosa ó acceder a Más opciones en calquera dos elementos de gráfico do botón Elementos de gráfico. Tamén podes utilizar os botóns da lapela Formato.
PISTA. Desde o grupo de comandos Estilos de WordArt podes cambiar a cor de recheo e de contorna do texto; podes seleccionar ademáis un estilo visual ou un efecto ó aplicar o texto (sombra, resplandor, etc.)
PISTA. Lembra que os textos dun gráfico tamén poden ser modificados como calquera outro que exista na folla de cálculo: cambiar a fornte ou tamaño, aplicar máis ou menos realces, alineación, etc.
PREGUNTA. Cando engadimos ou eliminamos elementos opcionais á grafica (lenda, títulos, eixos, etc.), cambiará a gráfica de tamaño automaticamente? RESPOSTA. Non.
Estilos de gráfico
Filtros de gráficos
Resumo
Cando seleccionamos un gráfico, desde o botón Cambiar tipo de gráfico ubicado na lapela contextual Diseño de gráfico da cinta de opcións, poderemos cambiar o tipo e o subtipo do gráfico.
Unha vez creado un gráfico, podemos modificalo a través das lapelas contextuais Diseño de gráfico e Formato que aparecen o seleccionar un elemento deste tipo, así coma tres iconas situadas ó lado do gráfico que nos permitirán modificar disntitos aspectos do gráfico:
- Elementos de gráfico
- Estilos de gráfico
- Filtros de gráficos
Se seleccionamos a opción denominada Más opciones ó despregar unha das opcións do botón Elementos do gráfico, amósase un panel onde configurar distintos aspectos e características dos elementos dos gráficos. Ademáis, coa opción Giro 3D deste panel, poderemos cambiar a orientación e perspectiva do gráfico.
Para engar, cambiar ou eliminar elementos ó gráfico, podemos activar as distintas opcións do botón Elementos do gráfico.
Desde a opción Línea de tendencia do botón Elementos de gráfico poderemos ver cal é a evolución dos datos ó longo da gráfica. Isto pode axudar a entendelo ou a obter conclusións a partir dos datos representados.