Economía verde e circular

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Economia-circular-mapa-mental.JPG
Residuos UE.png

Economía circular

Economia-circular-imaxe.png

A Economía Circular (EC) quere eliminar os residuos nos ciclos produtivos rexeitando dous conceptos da Economía Lineal (EL): Obsolescencia Programada e Descartabilidade.

Hai algúns conceptos veciños que nutren este concepto, tales como: economía verde, bioeconomía, simbiose industrial, C2C, entre outros.

Cabe destacar que, ao ser unha disciplina relativamente nova, aínda non chegamos a un acordo sobre unha definición global de EC, xa que aínda non existe un órgano rector mundial nin un consenso xeneralizado arredor desta definición.

Economía verde

Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable (Río+20), a Economía Verde —no contexto do desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza— foi recoñecida como unha ferramenta para acadar un desenvolvemento sustentable social, económico e ambiental. O Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) definiu a Economía Verde como "aquela economía que resulta nun maior benestar humano e equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e as escasezas ecolóxicas". Na súa expresión máis simple, unha Economía Verde pode considerarse como aquela que é baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.

A economía verde persegue varios obxectivos fundamentais para lograr unha transformación positiva e sustentable da economía actual. Estes obxectivos inclúen:

  • Sustentabilidade ambiental: implica protexer e conservar o medio ambiente, reducir a contaminación e promover as enerxías renovables.
  • Desenvolvemento económico inclusivo: promover un crecemento económico que beneficie a todas as persoas, creando empregos verdes e sustentables e fomentando a innovación.
  • Uso eficiente dos recursos: empregar de forma responsable os recursos ecosistémicos, evitando a xeración de residuos innecesarios e optimizando o consumo de enerxía e materiais.
  • Responsabilidade social: garantir a equidade social, o respecto dos dereitos humanos, a participación cidadá, a inclusión de comunidades vulnerables e asegurar condicións laborais xustas.
  • Resiliencia e adaptación ao cambio climático: emprender políticas e medidas que permitan que as sociedades e as economías se adapten aos desafíos climáticos.


DEBATE- Pensar que é viabel o modelo de economía circular? Cales cres que son os principais obstáculos, e cómo se poderían superar?
DEBATE. Cancelas cos ferros do colchón. Feismo ou exemplo de economía cirular no rural? Artigo do diario El País. 

Recursos audiviosuales